jueves, 21 de marzo de 2013

Escola de Nais e Pais

 

Inicio
                                
SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN BERGONDO CONCELLOcid:image004.png@01CE0AB1.DEA5F3B0

Distinguido/a Sr./Sra.

A Presidenta Alcaldesa do Concello de Bergondo,

comprácese en convidalo/a a Vde.

á Escola de Nais e Pais.

RELATORA

Dna. Patricia Blanco Riveiro

Traballadora Social e Terapeuta Familiar

TEMA

CONTIDOS-SESIÓNS:
 
. RESOLUCIÓN DE CONFLITOS NA FAMILIA II 21 de marzo de 2013
 
§ Técnicas de resolución de conflitos
§ Microtécnicas
§ Elixir solucións e avalialas
§ Adestramento en técnicas a partir dos casos prácticos formulados.

Bergondo, xoves 21 de marzo de 2013.
19:30-21:00 horas
A charla-coloquio terá lugar na Aula de Formación da Casa da Cultura.
Grazas.
 

 

miércoles, 20 de marzo de 2013

Puertas abiertas Piscina

EL VIERNES 22 DE MARZO PUERTAS ABIERTAS EN LA PISCINA DE SADA.

LOS PADRES PODRAN ACCEDER AL INTERIOR DE LA PISCINA PARA VER LAS CLASES DE LOS NIÑ@S.

NORMAS DEL CENTRO:

OBLIGATORIO USO DE CHANCLAS.
RESPETAR A LOS ABONADOS DE LAS INSTALACIONES.
SEGUIR INDICACIONES MONITORES.

Importante:
Los padres que se lleven a sus hijos comunicar a los representantes del Apa en las instalaciones, para su control.




viernes, 15 de marzo de 2013

Defensa personal para adultos


APA AS MARIÑAS

CPI Cruz do Sar

Bergondo

 

NOVIDADE : DEFENSA PERSOAL para adultos

 

Convidamos ós adultos que teñen aos fillos e fillas estudando no Colexio e no CRA de Bergondo que queiran participar nun cursiño de defensa persoal impartido polo equipo do Clube Natural Sport de Sada. Aprenderás autodefensa persoal sen armas, así como exercicios para mellorar a túa saúde e manterte en boas condicións físicas. Será impartido por un equipo capacitado para respostar aos requirimentos específicos de cada persoa inscrita.

 

Lugar : pavillón do CPI Cruz do Sar (temos a dotación de material necesaria)

Día : dóus sábados de Abril

Importe actividade : gratuito

 

Se deberá aportar o importe do seguro por participante (4 Euros). Como sabedes os nosos seguros para as familias socias tanto o de RC como o de accidentes só cubren aos menores que participan nas nosas actividades tanto semanais como nas saídas que se fagan coa APA.

 

Os interesados teñen que ser OBRIGATORIAMENTE socios do APA AS MARIÑAS. As familias que non sexan socias aínda están a tempo (cuota por familia 10 Euros).

 

Para anotarse podedes poñervos en contacto coa oficina do APA -estamos de luns a xoves en horario de act. extraescolares-, o blog apaasmarinas.blogspot.com, nos teléfonos : 981794167 (oficina APA no colexio), 697482577 (Mª José) ou 663486449 (Juani)

Datos imprescindibles: Nome e apelido, DNI, data de nacimento e teléfono de contacto. Fina prazo de inscripción o mércores día 20.

 

Agardámosvos para compartir esta emocionante iniciativa, garantizamos que serán dúas mañáns moi didácticas, lúdicas e desestresantes.

Atentamente,

Xunta D. APA AS MARIÑAS

lunes, 4 de marzo de 2013

PARA SOCIOS


CURSO DE DEFENSA PERSOAL PARA ADULTOS
.- Inscripción ate o 15 de marzo do ano en curso, na oficina do APA do colexio, deixando o nome e teléfono no mail da APA ou na secretaría do Colexio
.- Lugar :  será no pavillón do CPI Cruz do Sar de Bergondo ou no clube do Natural Sport en Sada, depende do número de inscritos.
.- Clases : serán dous sábados consecutivos pola mañá, serán fixadas as datas definitivas unha vez se fagan tódalas inscripcións.
.- O curso é gratuito por ser de carácter promocional, só é obrigatorio pagar 4 euros por persoa para aboar a cuota do seguro
.- Os participantes serán só ADULTOS maiores de 18 anos e SOCIOS do APA AS MARIÑAS do CPI Cruz do Sar de Bergondo.
Se precisas máis información pódedes chamar aos teléfonos :

697 48 25 77

663 48 64 49
Ánimo!! ofrecemos dúas mañás moi lúdicas e ideales para a "operación bikini"...

martes, 26 de febrero de 2013

Información


                                                                                                        Circular 444/13

  

A: TODAS AS ANPAS FEDERADAS


ASUNTO: BANCO DE LIBROS E AXUDAS DESTINADAS PARA  SUA ADQUISICIÓN


Estimados e estimadas amigos e amigas:


Aínda que na nosa Comunidade até agora mantivéronse as axudas para a compra de libros de texto, estas son cada vez máis escasas e chegan a menor número de familias.

Por esta razón moitos de vós puxestes en marcha o Banco de Libros e outros nos preguntastes como facelo. Animámosvos a unirvos a este proxecto como iniciativa que implique a toda a Comunidade Educativa para levala a cabo, co obxectivo de que unha cantidade de libros poidan ser aproveitados polos nosos alumnos e alumnas e supoña un aforro para as familias.

Isto non significa que ante a Consellería de Educación non sigamos presionando para recuperar a gratuidade universal no ensino obrigatorio, como sempre o fixemos, e así o demostra o traballo de CONFAPA-GALICIA, presidida pola Federación Provincial de ANPAS da Coruña, que no ano 1998 promove en Galicia a Iniciativa Lexislativa Popular que levada ao Parlamento Galego é rexeitada polo Partido Popular e posteriormente, avalada por máis de 600.000 firmas de todas as Federacións e Confederacións do Estado, sométese á aprobación do Congreso dos Deputados sendo rexeitada polos votos en contra do PP, CIU e PNV, pero créase unha subcomisión para estudar a súa viabilidade. A ministra de Educación de entón, Pilar del Castillo, anuncia no ano 2000 que é “imposible” a gratuidade dos libros de texto.

Escola de NAIS E PAIS : Xoves 28 de febrero

Prevención dende a familia: “falando de drogas"

Bergondo, xoves 28 de febreiro de 2013

20:00-21:30 horas

Biblioteca do Multiúsos A Senra




Pregámoslle que confirme a asistencia ao acto


981 79 12 52, ext. 4

Escola de NAIS E PAIS: Calendario das actividades 2º trimestre


ESCOLA DE NAIS E PAIS
2º trimestre 2012-2013
CÓDIGO DA ACTIVIDADE
C1/1ª
Proxecto: 
FOMENTO DA IMPLICACIÓN DA FAMILIA, ORGANIZACIÓNS E INSTITUCIÓNS DO CONTORNO ESCOLAR
Localización física da actividade: Edificio Multiúsosl A Senra (Bergondo)

jueves, 21 de febrero de 2013

NOTA IMPORTANTE

NOTA IMPORTANTE PARA OS ASOCIADOS:

 
Dende a xunta diretiva desta APA fixéronse as oportunas xestións para acadar que na oficina de Novagalicia Banco, ubicada en San Isidro, Bergondo, se permitise aos nosos socios que fagan os ingresos na conta da APA nº 3040001481 sen ter que pagar 3 euros por comisions para o mesmo banco.

 De xeito que calquer persoa que faga un ingreso nesta conta, sexa ou non cliente desta oficina, quedará exento do pago da comisión que se estaba a cobrar ate este mes de febreiro e só abonará a cuota correspondente á APA AS MARIÑAS.

 Para calquer tipo de dúbida rogamos chamen aos teléfonos: 697 48 25 77 - 663 48 64 49          

 
Atentamente,


Xunta directiva APA AS MARIÑAS

jueves, 14 de febrero de 2013

Escola de Nais e Pais.

 
 
 
 
SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN BERGONDO CONCELLOcid:image004.png@01CE0AB1.DEA5F3B0

Distinguido/a Sr./Sra.

A Presidenta Alcaldesa do Concello de Bergondo,

comprácese en convidalo/a a Vde.

á Escola de Nais e Pais.

RELATOR

D. Juan Carlos Prados

Psicólogo

lunes, 4 de febrero de 2013

Festa de Antroido: Cra de Bergondo


   

        FESTA DE ANTROIDO

CRA de Bergondo

 

Data : Xoves día 7 de febreiro pola tarde, no pavillón do CPI Cruz do Sar

Horario : A partires das 15.30 horas ate as 17.30 horas.
 

Os que participen deberán estar con persoas adultas non poden quedar os nenos e nenas sen un adulto responsable.

Teremos : “Hinchable”, obradoiro de máscaras, obradoiro de globos, obradoiro de maquillaxe e CONCURSO DE DISFRACES coa entrega de diplomas aos tres primeiros gañadores.

Os alumnos/-as de 4º da ESO este ano queren ir a Italia de viaxe de fin de curso, venderán chuches e terán outras sorpresas para os adultos de xeito que entre todos lles axudemos económicamente na viaxe.

A empresa encargada de aportar o material necesario así como monitores para esta festa será AXIÑA Servicios Deportivos, S.L.


Dende a xunta diretiva da APA AS MARIÑAS agradecemos a vosa presencia e recordamos que non é obrigatorio disfrazarse pero ... váise valorar moito. IMOS DE FESTA !!!!