martes, 26 de febrero de 2013

Escola de NAIS E PAIS: Calendario das actividades 2º trimestre


ESCOLA DE NAIS E PAIS
2º trimestre 2012-2013
CÓDIGO DA ACTIVIDADE
C1/1ª
Proxecto: 
FOMENTO DA IMPLICACIÓN DA FAMILIA, ORGANIZACIÓNS E INSTITUCIÓNS DO CONTORNO ESCOLAR
Localización física da actividade: Edificio Multiúsosl A Senra (Bergondo)


Obxectivo xeral:
§  Apoiar ás familias con menores do Concello de Bergondo para que poidan desenvolver adecuadamente as súas funcións educativas e de socialización.
Obxectivos operativos:
§  Propiciar un espazo de reflexión sobre situacións cotiás e de funcionamento do grupo familiar.
§  Promover o coñecemento das características evolutivas e necesidades do/a neno/a e o adolescente.
§  Dotar ás nais e pais de recursos e habilidades que posibiliten un crecemento integral dos menores.
§  Detectar problemáticas do grupo familiar de cara a propoñer actuacións en rede en situacións individuais e/ou de grupo.
Contidos e descrición da actividade:
A Escola de Nais- Pais definirase como un espazo de formación e lugar de encontro para reflexionar en grupo sobre a tarefa educativa que se realiza cos fillos/as.
A programación para este ano parte das experiencias acadadas durante o desenvolvemento da actividade durante o curso anterior. Así a programación pretende dar continuidade ao traballado en sesións anteriores dando resposta ás propias inquedanzas dos e das participantes xurdidas durante a formación.
PROPOSTA DE CONTIDOS-SESIÓNS:
1.       A FAMILIA ANTE O CONSUMO DE DROGAS:
§  Ferramentas de prevención
§  Como afrontar o problema cos nosos fillos e fillas
2.       RESOLUCIÓN DE CONFLITOS NA FAMILIA I
§  Familias e conflitos: introdución.
§  Que entendemos por conflito?: o conflito como oportunidade.
§  Aprendemos a analizar os conflitos: cal é o problema, o miolo; quen ten o problema, os protagonistas; que sabemos sobre o tema; existen alternativas.
§  Exposición de casos prácticos e debuxo dos mapas dos conflitos formulados.
3.       RESOLUCIÓN DE CONFLITOS NA FAMILIA II
§  Técnicas de resolución de conflitos
§  Microtécnicas
§  Elixir solucións e avalialas
§  Adestramento  en técnicas a partir dos casos prácticos formulados.
Perfil dos participantes
Nais, pais e familiares a cargo de menores escolarizados no Concello de Bergondo.
Motivación, técnicas de aprendizaxe
Consideraremos o nivel cultural, o grado de interese, motivación así como o estilo de aprendizaxe dos membros do grupo.
Buscaremos acadar un clima adecuado que permita a comunicación e a interacción entre os/as participantes empregando para elo instrumentos de participación a través de dinámicas de grupo.O fin último será que os e as participantes constrúan os seus propios coñecementos para poder afrontar a resolución de problemas da vida cotiá.
Estratexias de motivación e aprendizaxe:
§  Flexibilidade
§  Técnicas de Dinámicas de grupo
§  Partir das experiencias do grupo.
§  Traballo práctico de habilidades e recursos.
§  Deseño de plans de acción.
Calendario das actividades
DATAS:
28/02/2013: A familia ante o consumo de drogas
14/03/2013: Resolución de conflitos na familia I
21/03/2013: Resolución de conflitos na familia II
Horas ao día: 1,5 horas
Proposta metodolóxica
O método de traballo na Escola de Nais-Pais aplicarase coa flexibilidade que o grupo requira co seguinte esquema secuencial metodolóxico por sesión:
§  Presentación do tema a traballar.
§  Análise de coñecementos e experiencias do grupo sobre o tema a traballar. Formulación de casos por parte dos/as participantes.
§  Exposición do tema.
§  Traballo sobre habilidades e estratexias en relación ao tema traballado.
§  Posta en común das vantaxes e dificultades atopados polos membros do grupo.
§  Repaso dos contidos conceptuais, procedementos e actitudes traballados.
Criterios de avaliación
Para a execución do proceso avaliativo traballaremos a partir  dun Sistema de Avaliación baseado nun SISTEMA DE INDICADORES:
·         Avaliación do/a  docente:
o    Capacidade de motivación
o    Coñecementos sobre os contidos da actividade
o    Relación coas persoas participantes
·         Avaliación de contidos:
o    Grado de interese do tema traballado
o    Utilidade
·         Avaliación de actuacións:
o    Nº de sesións programadas/Nº de sesións executadas
o    Nº de participantes por sesión
o    Nº de materiais didácticos distribuídos
Recursos humanos
§  2 técnicos do Programa de Apertura de Centros Educativos do Concello de Bergondo.
§  1 Traballadora social especializada en traballo con familias.
§  Técnico Municipal responsable do Departamento de Educación do Concello de Bergondo.
§  Colaboradores externos segundo necesidades de especialización.
Recursos materiais
§  Ordenador portátil e canon de luz
§  Materiais didácticos
§  Material funxible (folios, bolígrafos)
§  Material específico para dinámicas
§  Carteis de difusión

No hay comentarios:

Publicar un comentario