No DOG do 4 de xaneiro publícase a modificación dos
prezos de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de
Xuventude, Participación e Voluntariado.
viernes, 9 de marzo de 2018
Carné Xove
Que é o carné xove?
Quen pode facelo? Que
vixencia ten?
Unha tarxeta persoal e intransferible á
disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén
descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das
comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao
programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Os mozos e mozas que acrediten unha
discapacidade igual ou superior ao 33 %, terán dereito á expedición gratuíta
deste carné. Así como as persoas víctimas de violencia de xénero e os os seus
fillos/as.
Documentación para facer o carné xove: Tes
que cubrir a solicitude e o impreso de pagamento de taxas
Quen pode facelo? Que
vixencia ten?
Todas as mozas e
mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive.
A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive)
A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive)
Programa de prestación por fillas e fillos menores de tres anos.
A
quen vai dirixido?
1. Poderán ser beneficiarias desta
prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1
de xaneiro de 2018 (nados entre o 2.1.2015 e o 1.1.2018, incluídos) e que,
durante o ano 2016, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade
familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente
a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren
obrigadas a iso.
No caso de fillas ou fillos adoptados
ou acollidos entre o 31 de decembro de 2016 e o 31 de decembro de 2017, a
prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución
xudicial ou administrativa que declare a adopción ou o acollemento.
2. Nos supostos de que exista unha
resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas
proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas
ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.
Prazo de presentación ata 21/03/2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)