Mostrando entradas con la etiqueta Material escolar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Material escolar. Mostrar todas las entradas

miércoles, 1 de agosto de 2012

Lista material Ed. Primaria

Os membros da xunta directiva da APA AS MARIÑAS pensando na medida que entrará en vigor o vindeiro 1 de setembro coa suba do IVE no material escolar variando dun 4% ao 21% recomendamos ás familias que adquiran no presente mes de Agosto o material que se lles indica na lista xenérica relativa aos ciclos de Educación Primaria que nos facilitaron dende a xefatura de estudos de Ed.Primaria do CPI Cruz do Sar de Bergondo, a fin de axudarnos a aforrar o 17%  que se aumenta.
Nos libros de texto pagaremos un 4% e no material escolar (agás mapas, albúms, partituras e cadernos de debuxo) o IVE será dun 21%
Agradecemos a Ana as súas xestións e axilidade en facilitarnos a lista xenérica que se une a este escrito entendendo que cada mestre solicitará, unha vez iniciado o curso escolar, os materiais puntuais necesarios para cada aula".
Saúdos
Xunta Directiva
Lista material