miércoles, 14 de diciembre de 2016

“XORNADA DE PORTAS ABERTAS” para ver as diferentes actividades extraescolares realizadas neste curso.

Estimados pais:
Todos os pais e nais socios do APA AS MARIÑAS, estades convidados a unha “XORNADA DE PORTAS ABERTAS” para ver as diferentes actividades extraescolares realizadas neste curso.
A continuación, detallámosvos a organización das xornadas:

.- XOVES 15 :
ROBÓTICA, na aula de informática do edificio C

.- VENRES 16 :
PISCINA en Sada
ATLETISMO, no pavillón do CPI Cruz do Sar

.- SÁBADO 17 DECEMBRO:
ESCOLA DE MÚSICA MODERNA : Concerto no auditorio de A Senra ás 12:00 h. (público en Xeral con entrada gratuita)

.- LUNS 19 :
PATINAXE, no pavillón do CPI Cruz do Sar

.- MARTES 20  :
FÚTBOL SALA, no pavillón do CPI Cruz do Sar
XIMNASIA DEPORTIVA E ACROBÁTICA, no pavillón do CPI Cruz do Sar
PATINAXE, no pavillón do CPI Cruz do Sar

.- MÉRCORES 21  :
XADRÉZ, na aula do edificio C
BALONCESTO, no pavillón do CPI Cruz do Sar
TAEKWONDO, no ximnasio do edificio de A Senra
INGLÉS, na aula de inglés do edificio C
PATINAXE, no pavillón do CPI Cruz do Sar

Mantemos os horarios de actividades no que asistirá o alumnado e os familiares dos rapaces inscritos en cada actividade extraescolar, non é necesario confirmar asistencia.
Rogamos non interrumpir o desenrolo da actividade.  
Esperámosvos.


martes, 8 de noviembre de 2016

III Concurso de guións contra a violencia de xénero

Deputación Provincial da Coruña quérese a través de esta convocatoria, xerar reflexión e conciencia na mocidade, xa que son un vehículo de transmisión e motor do cambio e do futuro, ademais de fomentar a súa participación nunha actividade creativa de sensibilización a través da edición dun guión, dedicado a concienciar a poboación, en xeral, dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero.

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga.

BOP:  nº 210 do 7 de novembro de 2016
+ Info enlaces: BASES ,  WEB


lunes, 7 de noviembre de 2016

Circular sobre elección de representantes de pais/nais no Consello Escolar

Consello Escolar (Composición e vacantes)

3 Pais/nais de alumnos (1 deles proposto/a pola APA máis representativa) (1 vacante)
3 Representantes do alumnado (·º e 4º de ESO) (3 vacantes)
Os menbros do Concello escolar son elixidos por 4 anos e renóvanse parcialmente cado dous. Neste curso compre facer una renovación de acordó coa lexislación vixente.


O prazo de presentación de candidaturas será do 4 ao 11 de novembro(ámbolos dous inclusive) e debe entregar Vde. A súa solicitude na secretaría do centro, en horario de 9:00 a 14:00 horas (luns e mates ata as 18.00).

Para ver:




domingo, 23 de octubre de 2016

Folga xeral educativa o 26 de outubro. ¡Aulas baleiras! Non ás reválidas.


                                                       Cofundadora e ntegrada na Confederación Española de AMPAs


CIRCULAR PARA AS ANPAS E AS FAMILIAS SOBRE A FOLGA EUCATIVA E BALEIRADO DE AULAS DO 26 DE OUTUBRO.

O vindeiro 26 de outubro convocamos unha folga xeral educativa contra as revalidas, contra a LOMCE e contra os recortes en educación que vimos sufrindo os últimos anos. Dita folga consistirá en baleirar as aulas de todos os centros educativos do país.

A convocatoria é conxunta cos nosos fillos e fillas, alumnado que está ameazado coas reválidas e que soporta a cotío nos seus centros educativos a implantación da LOMCE e os recortes impostos, atacando así o seu dereito á educación.

Presentáronse un bo número de recursos ante os tribunais; a nosa organización tamén os presentou xunto con CEAPA na AudIiencia Nacional, a quen solicitamos a suspensión cautelar do Real Decreto das reválidas publicado no BOE o 30 de xullo pasado. Estamos á espera do pronunciamento de dita instancia xudicial porque, de non se realizar a suspensión cautelar solicitada, as reválidas continuarán en vixencia e, chegada a data se non hai derrogación expresa terán que realizarse.

Algunhas Comunidades Autónomas xa anunciaron, ademáis de presentar recursos, que non farán as reválidas a final de curso. Iso, agás que se anulen legalmente, será imposible. As Administracións Educativas autonómicas están obrigadas á súa realización e, de seguir vixentes o día que se marque no calendario escolar, teranse que facer para non cometer posibles delictos polo incumprimento dunha norma de carácter básico.

Desde que se impuxo a LOMCE, asistimos tamén á aprobación reiterada de proposicións non de lei (PNL) e a resolucións que piden unha e outra vez a súa derrogación, a paralización do seu calendario e a eliminación das reválidas. Todo isto é moi importante para amosar que o rexeitamento da lei e específicamente das reválidas, é maioritario, mais carece de forza legal que poida obrigar ao Goberno a súa anulación.

Os pais e as nais non queremos, nin debemos, quedar cruzados de brazos pensando que serán outros os encargados de que as probas non se realicen, porque seguramente rematarán pedindo desculpas por non facer outra cousa que realizalas aínda que recalcando que “fixeron todo o posible por evitalo pero non teñen competencia para eliminalas”. Non podemos tampouco esperar a que os tribunais, agás que nos concedan a suspensión cautelar, anulen o Real Decreto de reválidas e as paralicen. Nin cabe esperar as actuacións dun Congreso que leva supeditado a un goberno en funcións cáse que un ano.

Debemos actuar e actuamos. Por iso convocamos a folga o día 26 de outubro e chamámosvos a secundala baleirando as aulas de todas as etapas do ensino. Defendamos os dereitos dos nosos fillos e fillas, sobre todo porque eles non poden defendelos agora debido á súa idade. De non facelo nós, preparade unha boa resposta cando vos digan: ¿e tí mentres que facías?

Sabemos que as familias que teñen fillos e fillas que aínda ven lonxe as reválidas pensarán que isto vai coas familias de quen máis perto as teñen. Non vos trabuquedes. Se só somos quen de movernos cando a ameaza cae directamente sobre nós, non poderemos esperar que os demáis nos axuden cando iso suceda. Ademáis, como a vida pasa máis rápido do que pensamos, axiña vos atoparedes na situación que hoxe vedes tan lonxana. Debemos actuar todos.

Folga xeral educativa o 26 de outubro. ¡Aulas baleiras! Non ás reválidas.


lunes, 3 de octubre de 2016

NOTA INFORMATIVA URXENTE :

Rematado o prazo de inscripción para as actividades extraescolares deste curso, o resultado é o seguinte :
  
ACTIVIDADES PECHADAS (abrirase lista de espera):
  
.- ROBÓTICA

.- TEATRO

.- PISCINA (os dous grupos)

.- FÚTBOL SALA

.- XIMNASIA DEPORTIVA E ACROBÁTICA

.- BALONCESTO

.- PATINAXE (os tres grupos)

.- TAEKWONDO (os dous grupos)
  
Teremos aberto ate novo aviso as inscripcións nas seguintes actividades :

.- XADREZ

.- INGLÉS (dous grupos)

.- ATLETISMO

.- ESCOLA DE MÚSICA MODERNA BERGONDO (EMMBergondo)


Para máis información :

Mail :anpa.asmarinas@gmail.com

Teléfono: 981 79 41 67 / 606 75 87 49 

Facebook / Google+ : Apa As Mariñas

Tardes en oficina a partir das 16:00 h ate as 17:15 horas


Recordamos que este curso non cobramos en efectivo o importe das actividades.

viernes, 30 de septiembre de 2016

Tabla de pagos


A forma de pago : Este curso será única e exclusivamente por transferencia bancaria/ingreso en conta no caixeiro.

Non se admiten pagos en efectivo.

Rogamos especifiquedes : nome do alumno/a, actividade e mensualidade pagada, de xeito que sexa fácil identificar a que socio corresponde, non nos facemos cargo dos erros que poidan xurdir. 



A conta bancaria do APA é ABANCA : ES41 2080 0045 9230 4000 1481



HORARIO ACTIVIDADES



ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2016-2017


Estimadas familias :

Recibidas as inscricións para actividades extraescolares organizadas por esta APA AS MARIÑAS procedemos a  informar  :

   1º.- As ACTIVIDADES que NON se realizan por falta de grupo :

                   .- INGLÉS : Grupo 0 (Unitarias)
                   .- FÚTBOL SALA : Grupo 0 ( Unitarias)
                   .- ARTES PLÁSTICAS : Educación Primaria
                   .- REMO OLIMPICO

    2º.- XIMNASIA DEPORTIVA E ACROBÁTICA suspéndese o inicio desta actividade por motivos totalmente alleos á APA AS MARIÑAS, unha vez se teñan resolto empezaremos coa mesma que, nos aseguran, será o martes 11 de outubro no pavillón do CPI. Confirmaremos por teléfono o día de inicio.

   3º.- A forma de pago : Este curso será única e exclusivamente por transferencia bancaria/ingreso en conta no caixeiro.
Non se admiten pagos en efectivo.
Rogamos especifiquedes : nome do alumno/a, actividade e mensualidade pagada, de xeito que sexa fácil identificar a que socio corresponde, non nos facemos cargo dos erros que poidan xurdir.

A conta bancaria do APA é ABANCA : ES41 2080 0045 9230 4000 1481



ACTIVIDADE
PRECIO MES
PAGO BIMENSUAL NORMAL
PRECIO MES
FAMILIAS
NUMEROSAS
PAGOS BIMENSUALES Fªs. NUMEROSAS
 PATINAXE 0 , XADREZ
10,00 €
20,00 €
8,00 €
16,00 €
PISCINA 0 e 1 , ATLETISMO       BALONCESTO,  FÚTBOL SALA,  TEATRO, TAEKWONDO 0 e 1 PATINAXE 1 e 2    
12,00 €
24,00 €
9,60 €
19,20 €
ROBÓTICA, XIMNASIA DEPORTIVA E ACROBÁTICA
18,00 €
36,00 €
14,40 €
28,80 €
INGLÉS 1 e 2
20,00 €
40,00 €
16,00 €
32,00 €
CUOTA SOCIO: 10 en todos os casos, anual e por familia.
 

 4º.- TRANSPORTE.-
 Imprescindible que teñamos as paradas de autobuses para deixar aos rapaces despois das actividades.
 Saída dos autobuses ás 17:15 h. Os itinerarios non son os mesmos que os do horario escolar, especifícanse as nosas paradas no escrito que deberedes cubrir ou podedes usar o correo electrónico ( anpa.asmarinas@gmail.com)
         Os luns non hai autobús.


   5º.- PARADAS DE BUSES :

RUTA 1 : CPI – Carrio – Calías – Miodelo – Socorro – Santa Marta – Vixoi – Stop Cortiñán – Cortiñán Medio – Cortiñán Bajo – Raxás – Guísamo (I-II) – Urb. Baldomir  (Venres NON) – A Mota (Venres NON) – CPI

RUTA 2 : CPI – Pedrido – Fiobre – San Isidro – Vilanova – Moruxo – Gandarío Pequeno – Salorio – Gandarío – Costa de Ouces – Mesoiro – Casal Cruce – Casal Marquesina – Casa Fina – Río Maior – Lubre – Espíritu Santo – H. Os Olivos – Bergondiño – CPI

   6º.- Rogamos nos informedes das baixas en actividades no momento que teñades pensado deixar de asistir.

Bo inicio de curso 2016-2017!!

Atentamente,

María José Ferreño Precedo
Presidenta APA AS MARIÑAS

-------------------------------------------------------------------------------------------
PARADAS DE BUSES :

Necesitamos os datos e que marquedes a parada e  día cunha cruz por enriba, de xeito que podamos entender a parada e os días que a vai utilizar.
Fin prazo luns 3 de Outubro

Nome alumno,-a ___________________________________Curso ______
Adulto responsable que o recolle : ________________________________
Teléfono de contacto ___________________________________________
Parada bus : __________________________________________________


Utiliza o bus :  Martes  / Mércores  / Xoves  / Venres


lunes, 19 de septiembre de 2016

Actividades Extraescolares previstas para o curso 2016/17

Polo presente poñemos no voso coñecemento as ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES previstas para o curso 2016/2017, que como siemple comenzarán en outubro e finalizarán o próximo 31 de maio de 2017.

FIN PRAZO O VENRES 23.





viernes, 16 de septiembre de 2016

HOXE VENRES DÍA 16, CONVOCÁMOS A ASEMBLEA ORDINARIA

HOXE VENRES DÍA 16, CONVOCÁMOS A ASEMBLEA ORDINARIA, NO COMEDOR DO CPI CRUZ DO SAR ÁS 19:30H. EN 1ª CONVOCATORIA E ÁS 20:00H. EN 2ª CONVOCATORIA.
CREMOS QUE É NECESARIO A VOSA XA QUE, ADEMAIS DE TODOS OS TEMAS A TRATAR, TEMOS UN PUNTO IMPORTANTE QUE RESOLVER (4º).


4º.- SI SE DÁ A CIRCUNSTANCIA QUE NON SE PRESENTASEN VOLUNTARIOS SUSPENDERANSE O INICIO DAS ACTIVIDADES PREVISTAS PARA ESTE CURSO.

viernes, 17 de junio de 2016

Banco de libros del APA "As Mariñas"


PARTICIPA NO BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. BENEFÍCIASTE TÍ, BENEFICIÁMONOS TODOS !


Estimados/as alumnos e familias:

A APA As Mariñas vai continuar este ano co BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, un proxecto totalmente altruista que ten por finalidade axudar ás familias e contribuir a rebaixar o gasto que supón a compra de libros ao comezo de cada curso.

O BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO consiste en crear un fondo de libros de texto de tódolos cursos e asignaturas, coa condición de que eses libros teñan vixencia no curso 2016/2017 no CPI CRUZ do SAR e que estean en bo estado. Os libros entregaranse ao Banco de xeito gratuito e definitivo, sendo a APA a que xestionará a recepción, custodia e adjudicación posterior dos mesmos por orde de solicitude.

Todo o alumnado e as súas familias poden participar entregando libros de texto de calquera curso excepto 1º e 2º de primaria. Cantos máis libros se aporten ao fondo, máis necesidades se poderán atender e maior será o número de familias beneficiadas.

Para ser beneficiario da solidariedade e xenerosidade dos demáis, é dicir, para poder optar aos libros do BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, é necesario ser doante do BANCO, aportando libros, e ser socio/a da APA, a excepción dos  alumnos de primaria (1º, 2º, 3º e 5º primaria non poden deixar libros) que só terán que ser socios e solicitar os libros.

Os alumnos podrán entregar os libros na oficina do APA os seguintes días:

-     Día 23 de xuño, dende as 11.00 h. ata as 13,00 h.

-     Día 27 de  xuño, dende as 11,00 h. ata as 13,00 h.

-     Día 8 de setembro, dende as 11.00 h. ata as 13,00 h.

-     Día 9 de setembro, dende as 11,00 h. ata as 13,00 h.

FESTA FIN DE CURSO 2.015-2.016

SÁBADO 18 DE XUÑO DE 2.016

 Horarios do inicio das exhibicións das actividades extraescolares :

12.30 h. TAEKWONDO

13.00 h. ATLETISMO

13.30 h. PATINAXE

17.00 h. FÚTBOL SALA

17.45 h. BALONCESTO

Como sabedes polo programa entregado no CPI e no CRA de Bergondo a todo o alumnado, este son os horarios previstos, que deberemos suspender en caso de choiva e mal tempo.

Están convocados 149 alumnos,-as deportistas no pavillón do CPI nos seguintes horarios :
 11.15 h. os grupos de taekwondo  (vestidos co dobok)
12.45 h. os grupos de atletismo  (chandal e calzado deportivo)
12.45 h. os grupos de patinaxe (virán co maillot, falda, mallas, fundas, patíns e pelo recollido en cola)
 16:45 h. os grupos de fútbol (chandal e calzado deportivo)
17:30 h. o grupo de baloncesto (chandal e calzado deportivo)
.- No pavillón cuberto do CPI estarán os taboeiros de xadrez para os expertos e principiantes que queiran visitar.
.- E a exposición de artes plásticas está ubicada no local social do edificio de A Senra.

 Calquer dúbida poñédesvos en contacto cos integrantes da xunta directiva da APA AS MARIÑAS ou teléfono 606758749

 Grazas a tódalas familias socias pola confianza posta nesta Xunta Directiva da APA AS MARIÑAS.  Boa festa!!