viernes, 15 de marzo de 2013

Defensa personal para adultos


APA AS MARIÑAS

CPI Cruz do Sar

Bergondo

 

NOVIDADE : DEFENSA PERSOAL para adultos

 

Convidamos ós adultos que teñen aos fillos e fillas estudando no Colexio e no CRA de Bergondo que queiran participar nun cursiño de defensa persoal impartido polo equipo do Clube Natural Sport de Sada. Aprenderás autodefensa persoal sen armas, así como exercicios para mellorar a túa saúde e manterte en boas condicións físicas. Será impartido por un equipo capacitado para respostar aos requirimentos específicos de cada persoa inscrita.

 

Lugar : pavillón do CPI Cruz do Sar (temos a dotación de material necesaria)

Día : dóus sábados de Abril

Importe actividade : gratuito

 

Se deberá aportar o importe do seguro por participante (4 Euros). Como sabedes os nosos seguros para as familias socias tanto o de RC como o de accidentes só cubren aos menores que participan nas nosas actividades tanto semanais como nas saídas que se fagan coa APA.

 

Os interesados teñen que ser OBRIGATORIAMENTE socios do APA AS MARIÑAS. As familias que non sexan socias aínda están a tempo (cuota por familia 10 Euros).

 

Para anotarse podedes poñervos en contacto coa oficina do APA -estamos de luns a xoves en horario de act. extraescolares-, o blog apaasmarinas.blogspot.com, nos teléfonos : 981794167 (oficina APA no colexio), 697482577 (Mª José) ou 663486449 (Juani)

Datos imprescindibles: Nome e apelido, DNI, data de nacimento e teléfono de contacto. Fina prazo de inscripción o mércores día 20.

 

Agardámosvos para compartir esta emocionante iniciativa, garantizamos que serán dúas mañáns moi didácticas, lúdicas e desestresantes.

Atentamente,

Xunta D. APA AS MARIÑAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario