Mostrando entradas con la etiqueta CPI Cruz do Sar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CPI Cruz do Sar. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de junio de 2018

CPI Cruz do Sar. Listaxes provisionais das solicitudes de Axudas de Material e Libros.


Dado que aínda está aberto o prazo de solicitudes, o dito listaxe non é definitivo e será actualizado periódicamente.

Polo momento non están concedidos cheques ou libros, so está feito o tramite da solicitude.

+ info

martes, 12 de junio de 2018

1º premio do Concurso Literario 2018 da Agrupación Cultural O FACHO.




A Alumna do 2º curso da ESO, Mariña García Iglesias, obtivo o 1º premio da categoría (Rapaces e rapazas de 13 a 16 anos) no Concurso literario 2018 organizado pola Agrupación Cultural O FACHO.

Primeiro premio: A princesiña peideira de Mariña García Iglesias, Alumna do CPI Cruz do Sar, Bergondo (A Coruña)


Fondo Solidario de libros de Texto. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.



O prazo de solicitude, tanto para os alumnos de PRIMARIA como SECUNDARIA, independentemente de que o alumnado teña materias pendentes e deba examinarse en Setembro: 22 de maio a 22 de xuño de 2018

Comedor Escolar



Lembrarlles que xa se repartiu nas aulas a solicitude para o servizo de comedor escolar para o vindeiro curso académico 2018/2019.
 Teñan en conta que para o cálculo do prezo do servizo de comedor deberán facer o cálculo da renda per cápita familiar, que se obten a partir de 3 casiñas do IRPF 2017, imposto que está actualmente en proceso de presentación, polo que se recollerán as solicitudes ata o 10 de xullo de 2018, co fin de elaborar as listaxes de usuarios para o vindeiro curso escolar. De todos os xeitos, no caso de que non o presentaran, e sempre que haxa prazas, poderán solicitalo máis adiante, cando consideren que precisen empregar o servizo. 




Calendario del CPI Cruz do Sar y Concello de Bergondo para alumnos del Cruz do Sar.


Entrega de boletíns de cualificaciones:
PRIMARIA: 21 de xuño
SECUNDARIA: 26 de xuño ás 11h. nas aulas da ESO.
Matricula:
Aprobados en Xuño, farán a matricula nas siguientes datas:
1º e 2º ESO 28,29 de xuño e 2 de xullo.
3º e 4º ESO 3,4 e 5 xullo.
Suspensos en xuño, farán a matricula no mes de SETEMBRO, logo de examinarse e recibir o boletín de cualificaciones.
Axudas para adquirir material escolar- Fondo solidario de libros de préstamo remata o 22 de xuño de 2018.
Devolución de libros de préstamo  
PRIMARIA e SECUNDARIA Devolvelos ao Titor do curso na aula ata 21 de xuño.
Os libros que foran prestados polo Concello de Bergondo, non se recollerán no centro. Deben entregarlos na Concellaría de Cultura.

Recollida de cheques (Material escolar)
Educación Primaria dende o 6 de xullo de 2018.
Educación Secundaria dende o 11 de xullo de 2018.

LIBROS DE PRÉSTAMO
PRIMARIA
As listas publicaranse antes do 20 de xullo na páxina web do centro educativo. https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/
SECUNDARIA
As listas pubricaranse antes do 14 de setembro na páxina web do centro educativo. https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/
SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR 2018/19
Autoliquidación do prezo do comedor escolar entregar na Secretaría ata o 10 de Xullo. Listaxes de admitidos 20 xullo na páxina web do centro. https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/node/203

CONCELLO DE BERGONDO
Programa de axudas xenérica: dirixido a 1º e 2º de primaria. Entregarase a cada solicitante un libro que será da súa propiedade. A recollida será do 30 de xullo ao 3 de agosto.  https://bit.ly/2LK1avW

Programa de préstamo de libros de texto: desde 3º a 6º de Primaria e todos os cursos da ESO. Son exemplares depositados ao final do curso polos anteriores alumnos e agora serán recollidos polos novos. O prazo de presentación de solicitudes remata vai do 20 ao 29 de xuño. https://bit.ly/2JwGlr5

viernes, 21 de julio de 2017

miércoles, 21 de junio de 2017

3ª sesión do PROXECTO APPconXuntos 3.0

COMPRÁCENOS CONVIDARVOS Á XORNADA :

3ª sesión do PROXECTO APPconXuntos 3.0


TERÁ LUGAR UNHA CONFERENCIA IMPARTIDA POR MARCELO CASTELO que versará sobre :

 O éxito e o fracaso.
 As funcións da intelixencia e as intelixencias múltiples


.- Dirixido a : alumnado de 6º de E.P. e E.S.O., Mestres, pais, nais e titores

.- Día : Mércores 21 de xuño de 2017

.- Hora : 11.30 h. ate 13.30 h.

.- Lugar : Auditorio Edificio A Senra



A súa presenza no acto será sen dúbida moi valiosa, os temas tratados na conferencia poden ser do seu interese.


Agradecemos a súa presenza

martes, 20 de junio de 2017

Mensaje del CPI Cruz do Sar.


PREVISION FOLGA DE TRANSPORTE ESCOLAR: Teñen que vir recoller aos seus fillos à saida do comedor (Primaria às 3 da tarde e Secundaria 3:40 horas). Maña xoves a previsiòn é que tampouco haberà transporte escolar.

jueves, 2 de febrero de 2017

Conferencia APP con XUNTOS 3.0 Impartida por Marcelo Castelo.

No auditorio de A Senra o vindeiro luns día 6, de 15:45 a 17:25 h. o experto en comunicación, D. MARCELO CASTELO RIVAS, impartirá unha conferencia para o alumnado, familias e profesorado.

Este curso 2016-2017, ven todos os xoves ao CPI CRUZ DO SAR, para compartir a súa metodoloxía en cada aula, acompañado dos titores, dende Sexto de E. Primaria ate Terceiro da ESO.

Nesta conferencia están convidados o alumnado co que colabora neste curso e o de Cuarto da ESO, as súas familias e os mestres do Colexio. E necesario que as familias veñan co alumnado de Sexto de Primaria por ser horario de tarde.

Agardamos contar coa vosa presenza neste importante evento, sendo a temática de interese de todo o auditorio, ademáis do positivo que será unir ás partes máis importantes da nosa Comunidades Escolar : familias, alumnado e mestres.

Queremos encher o auditorio!

lunes, 7 de noviembre de 2016

Circular sobre elección de representantes de pais/nais no Consello Escolar

Consello Escolar (Composición e vacantes)

3 Pais/nais de alumnos (1 deles proposto/a pola APA máis representativa) (1 vacante)
3 Representantes do alumnado (·º e 4º de ESO) (3 vacantes)
Os menbros do Concello escolar son elixidos por 4 anos e renóvanse parcialmente cado dous. Neste curso compre facer una renovación de acordó coa lexislación vixente.


O prazo de presentación de candidaturas será do 4 ao 11 de novembro(ámbolos dous inclusive) e debe entregar Vde. A súa solicitude na secretaría do centro, en horario de 9:00 a 14:00 horas (luns e mates ata as 18.00).

Para ver: