jueves, 17 de diciembre de 2020

MASCARILLAS COVID-19

APA “As Mariñas” fará entrega de tres mascarillas reutilizables ao alumnado do CPI Cruz do Sar que non fora beneficiario das becas da Consellería de Educación. Esta entrega será posible grazas ao convenio de colaboración asinado co Concello de Bergondo. 


Por outra banda, a achega económica do Concello tamén permitiu a adquisición de diferente material e medios de protección fronte a Covid-19 para o noso centro.




martes, 13 de octubre de 2020

AVISO URXENTE SOBRE AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Lamentamos anunciar ás familias que, ante o inminente cambio nas medidas respecto ao protocolo COVID-19 por parte da Consellería de Educación, vémonos obrigadas a retrasar a data de inicio das actividades extraescolares. Intentaremos por todos os medios que estean ao noso alcance que se podan iniciar ao longo do mes de novembro.


Por outra banda, isto nos permite ampliar o prazo de inscripción en ditas actividades. Podedes facelo na seguinte ligazón: INSCRIPCIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2020-2021








lunes, 28 de septiembre de 2020

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2020-2021

As actividades darán comezo o 15 de outubro e rematarán o 28 de maio de 2021.

As prazas son limitadas e serán adxudicadas por orde de inscrición.


Os horarios expostos poderán sufrir variacións por necesidades de organización.



ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES OFERTADAS




INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES

A partires de hoxe mesmo, podedes cumplimentar o formulario de inscrición nas actividades na seguinte ligazón. Este curso só poderá facerse online, por mor das circunstancias sanitarias. 


O prazo para cumplimentar as solicitudes rematará o 8 de outubro. 


Debido á crisis sanitaria que estamos a vivir e co obxectivo de acatar o protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 ditado pola Consellería de Educación, debemos manter os grupos-burbulla tamén nas actividades extraescolares. Agruparanse un máximo de 10 alumnos/as que deben cumprir o requisito de pertencer ao seu grupo de convivencia escolar (mesma aula). Tememos que esto obrigue a suspender certas actividades das que ofertamos, se non se inscriben o número suficiente de nenos e nenas para poder realizalas.


Sentimos moito que este curso non todos os alumnos e alumnas podan acceder ás actividades que desexan, sabendo tamén o importante deste tempo e espazo para a conciliación das familias, pero debemos priorizar as circunstancias sanitarias e facer todo o posible por garantir a saúde da nosa comunidade educativa neste contexto de pandemia.


Este ano, e co fin de minimizar riscos, as actividades impartiranse dúas horas seguidas na mesma tarde (coa excepción das clases de música). Non hai posibilidade de combinar actividades como en cursos anteriores.



NOTA RESPECTO A "FUN ENGLISH"

Ofértase de 1º a 4º de Primaria.


As nenas e nenos agruparanse en función do seu grupo-burbulla (mesma clase). Esto implica que a formación deses grupos depende do número de inscritos pertencentes á mesma aula. Non podemos garantir, por tanto, que se poda formar grupo para todos os que soliciten a actividade.


O precio da actividade é de 18€/mes para un día á semana (dúas horas). Pode solicitarse a inscrición para varios días. A posibilidade de que se poda formar ou non depende da circunstancia descrita no parragrafo anterior. 



ABONO DAS COTAS

Realizarase mediante ingreso/transferencia bancaria (nunca pagos en efectivo) e no seguinte número de conta.


ABANCA ES41 2080 0045 9230 4000 1481


Os pagos por trimestre facilitarían enormemente o traballo da tesourería. En caso de baixa devolverase o importe se xa fose abonado. Para darse de baixa nunha actividade é imprescindible avisar con quince días de antelación. En caso contrario, debe abonarse o mes no que cause a baixa na actividade. 


Mantense o desconto dun 20% sobre o custo das actividades para as familias numerosas que deben que deberán presentar o título acreditativo en vigor.



FORMULARIO INSCRICIÓN SOCIOS

Para poder acceder ás actividades é necesario cumplimentar a solicitude de inscrición de socio na seguinte ligazón, ademais de ter realizado o ingreso da cuota anual de 20 euros por familia no seguinte número de conta:


ABANCA ES41 2080 0045 9230 4000 1481



SERVIZO DE AUTOBUSES

Os autobuses financiados pola APA sairán do CPI Cruz do Sar ás 17:05 horas. Resulta imprescindible achegarnos unha autorización por escrito cando non sexan os pais/nais quenes recollan ao alumnado. Os rapaces e rapazas da ESO poderán baixar na súa parada sen depender dun adulto responsable. O servizo é de martes a venres.


O horario das actividades é de 15:00 a 17:00 h. (para Primaria) e de 15:45 a 17:00 h. (para Secundaria). Esto implica que a entrega do alumnado que non marche en autobús, ten lugar ao termo da actividade. Entendemos que algunhas veces poden darse imprevistos que impidan chegar con puntualidade, neses casos e para maior tranquilidade, agradeceríamos que o comuniquedes  ao APA ou ao centro. Se ninguén se presenta a recoller ao neno ou nena á hora de saída e non se localiza aos pais, transcorridos quince minutos de espera, informarase á Policía Local adoptando o protocolo de actuación establecido polo Consello Escolar do centro.



ESCOLA DE MÚSICA

Os horarios da escola de música concretaranse nunha reunión entre as familias e os profesores que terá lugar o 8 de outubro ás 16:00 h. na entrada do comedor do centro. Pregamos a asistencia de todos os interesados dada a importancia deste encontro.



Utilizaremos listas de difusión telefónica en cada actividade para enviar información urxente desde o teléfono 654048912. E imprescindible engadilo ao voso listado de contactos co fin de que vos cheguen esas comunicacións.



Para resolver calquera dúbida podedes escribir ao mail anpa.asmarinas@gmail.com ou consultar directamente aos teléfonos 606758749 ou 654048912



LIGAZÓNS:


SOLICITUDE INSCRICIÓN ACTIVIDADES 2020-2021


FICHA INSCRICIÓN SOCIOS 2020-2021



jueves, 3 de septiembre de 2020

Protocolo Covid e Actividades Extraescolares Curso 2020-2021

Tendo presente o último “Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID-19 nos Centros de Ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021” do 31 de agosto, a directiva desta Asociación de nais e país do CPI Cruz do Sar de Bergondo temos moitas dúbidas sobre cómo afectan ditas directrices á organización e xestión eficaz das actividades extraescolares.

A Consellería de Educación non contou coas ANPAS na elaboración do protocolo e non resulta claro respecto ás pautas e á organización das actividades extraescolares. 

Acordamos acatar dito protocolo da forma más restrictiva e literal, pola responsablidade que implica e que non podemos asumir como simples voluntarias dunha asociación de familias. Tememos que impedirá organizar moitas das actividades dado que será moi difícil respetar os denominados “grupos burbulla” nas extraescolares.

Ao tempo, cumpriremos coas indicacións que se desenvolverán en horario escolar, e que con tanto esforzo foron evaluadas por parte do equipo directivo, o profesorado e o concello.


A día de hoxe non temos instruccións por parte da Consellería, pero existen pautas de obrigado cumprimento:

.- manter os grupos de convivencia por aula (grupo 10 al.)

.- manter distancias interpersoais

.- hixiene de mans e entorno próximo

.- mascarillas

.- grupos con limitación de contactos en monitorado

.- non se permitirá acceder ás familias ao recinto escolar

.- a oficina da APA estará pechada ao público polas tardes, priorizaremos teléfono e correo electrónico

.- informaremos, polo miudo, do Plan de Actuación que implantaremos neste curso, unha vez o teñamos visado no Colexio, horarios, actividades, etc..

 

Co inicio de curso solicitaremos inscripción nas actividades, véndonos obrigados a facer selección por grupos de 10, respetando os grupos de convivencia escolar e adaptarémonos aos espazos dispoñibles e que cumplan cos requisitos do Protocolo.

Parécenos moi inxusto que non poidan conciliar todas as familias que necesiten esas actividades polas tardes, pero debemos priorizar a saúde na comunidade educativa do CPI Cruz do Sar. Modificaremos actuacións durante o curso seguindo coa evolución sanitaria e iremos  publicando as novas que se vaian producindo no blogue e nas nosas redes respecto ao Plan de Actuación que seguiremos neste curso coas actividades extraescolares.

Agardamos confiedes no meticuloso traballo que se está a desenvolver.

Xunta Directiva APA AS MARIÑAS



 

ENTREGA BANCO DE LIBROS 2020-2021

 Información sobre a entrega de libros do Banco da Apa:

.- Venres 4 setembro: recollida de libros de Educación Primaria en horario de 12:00 a 13:00 h. (con cita previa). 

.- Martes 8 setembro: recollida de libros de ESO en horario de 12:00 a 13:00 h. (con cita previa).




martes, 14 de julio de 2020

BANCO DE LIBROS CURSO 2020-2021

A APA “As Mariñas” vai continuar este curso 2020-2021 co BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

Este Banco ten como obxectivo crear un fondo de libros de todos os cursos e asignaturas. Os libros deberán ter vixencia no curso 2020-2021 no CPI Cruz do Sar e estar en bo estado. Todo o alumnado e as súas familias pode participar entregando libros de texto de calquera curso, excepto 1º e 2º de Educación Primaria.

Os libros entregaranse ao Banco de xeito gratuito e definitivo, sendo a APA quen xestionará a recepción, custodia e adjudicación posterior dos mesmos.

Para ser beneficiario do Banco solidario de libros de texto é necesario cumprir os seguintes REQUISITOS:
  • Ser socio/a da APA
  • Ser doante de libros.

Este curso 2020-21 non disporemos de libros para 3º e 5º de Primaria.

As solicitudes faranse única y exclusivamente vía online para cumprir coas medidas hixiénicosanitarias impostas pola crisis do COVID-19.

Acceso ao formulario de solicitude nesta ligazón.
En caso de ser varios irmáns, é necesario cubrir unha solicitude por alumno/a.





martes, 9 de junio de 2020

DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

Instrucións que deben seguir as familias para proceder a devolución dos libros de texto do curso 2019-2020:

  • Os libros procedentes do fondo solidario da Xunta e do Concello de Bergondo serán entregados no CPI Cruz do Sar nas quendas establecidas.
  • Os libros procedentes do Banco de Libros da Apa “As Mariñas”, serán devoltos nas mesmas datas na oficina da Apa.
  • O alumnado da ESO que non supere algunha materia na convocatoria de xuño, non devolverá os libros ata setembro.


 QUENDAS DEVOLUCIÓN LIBROS PRIMARIA 




 QUENDAS DEVOLUCIÓN LIBROS SECUNDARIA 




 DATAS PARA A RECOLLIDA DE CHEQUES 





Toda a información na web do CPI Cruz do Sar


jueves, 7 de mayo de 2020

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO 2020/2021

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO 2020/2021



🛎 A partir do próximo luns, vólvese abrir o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de novo alumnado.


📆 PRAZO: 11 maio - 18 maio


RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop),do 5 de maio de 2020: páx. 19132 deste documento.



📌 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Vía sede electrónica da Xunta neste enlace.


Remitindo o formulario (pdf ou jpg) ao enderezo electrónico do centro (só para Educación Primaria e ESO): cpi.cruz.sar@edu.xunta.gal

Toda a información na páxina web do CPI Cruz do Sar AQUÍ





sábado, 28 de marzo de 2020

Enquisa ás familias sobre a educación non presencial durante a crise do coronavirus

CONFAPA GALICIA (Confederación galega de asociacións de nais e pais de alumnos de centros públicos) creou unha enquisa para coñecer a opinión das familias sobre a educación no presencial despois de que colexios e institutos pechasen as súas portas polo estado de alarma tras a propagación do COVID-19.


Só precisamos dous minutos do teu tempo para esta enquisa telemática á que se pode acceder na seguinte ligazón: ENQUISA CONFAPA.


AGRADECERÍAMOS A COLABORACIÓN DAS NOSAS SOCIAS E SOCIOS DA APA "AS MARIÑAS".


GRAZAS!







Axudas ás familas do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar

ℹ️ Orde onde se establecen as bases reguladoras das AXUDAS de carácter directo ás familias do ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.

🔔 “Determínase que o prezo máximo a satisfacer en concepto de compensación por materias primas é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 €) no casos de gratuidade total e de un euro e cincuenta céntimos (1,50 €) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 €) pola prestación do servizo.”

🔔 “Esta orde compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta, que para os efectos educativos comezaron o día 16 de marzo e que totalizan 9 días lectivos [...] compútase un total de 28 días lectivos para os efectos de cuantificar o importe global dos créditos orzamentarios precisos para atender as compensacións.”

🔔 “As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal “

🔔 “Establécese un PRAZO especial DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES para atender o pagamento das compensacións que comezará ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e REMATARÁ O 6 DE ABRIL, ambos os dous incluídos.”

Ligazón a orde AQUÍ

Folleto informativo nesta ligazón


martes, 24 de marzo de 2020

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DURANTE A CRISE DO COVID-19

Estimados socios e socias,

Informámosvos que debido á crise que estamos a vivir a nivel global, intentamos reorganizar as actividades extraescolares para adaptarnos a esta nova situación pero resulta inviable, por múltiples motivos para o conxunto do alumnado, acceder a clases on line durante este periodo. Por esta causa quedan totalmente suspensas ata que se reinicien as clases no CPI Cruz do Sar.

Por outro lado, informamos que non se devolverá o importe das actividades do mes de marzo xa aboadas, senón que se descontará medio mes do próximo no que teñamos actividade.

Quedamos á vosa disposición para resolver calquera dúbida ou incidencia.


Coidádevos moito!


martes, 17 de marzo de 2020

Material para o alumnado do CPI Cruz do Sar durante a corentena

Incluimos nesta publicación a información que trasladou o centro ás familias, por se houbera algunha que non a recibira.

Queremos darvos moitos ánimos, especialmente aos vosos fillos e fillas que teñen que vivir á súa idade unha situación que nunca antes ningún de nós pasara. 

Sairemos desta e sairemos tendo a xeración de xente moza máis solidaria da nosa historia. 

Forza, ánimo e coidádevos moito ❤️ 



COMUNICADO ÁS FAMILIAS DO CPI CRUZ DO SAR:
En resposta as moitas consultas das nais, pais, titores legais dos alumnos e dos propios alumnos consideramos pertinente dar uns consellos e información de carácter xeral: Consello: manter a actividade académica na medida do posible repartindo os tempos entre as materias segundo a carga horaria.
Información xeral:
Indicar que na reincorporación ao centro non se farán de xeito inmediato (primeira semana) probas de avaliación, aínda que quedasen pendentes antes da suspensión das clases. -que as instrucións para que os alumnos continúen a súa formación ou reforcen o aprendido se incorporarán por materias nas plataformas habituais na rede de Internet (aula virtual, blogs e correo electrónico).

EDUCACIÓN PRIMARIA
O alumnado de Primaria xa pode continuar coa formacion na casa dende a paxina web do CRUZ DO SAR http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/


PROXECTO #QUEDAMOSNACASA (para Educación Primaria)
Páxina creada para dar resposta ás necesidades xurdidas pola situación de emerxencia na que estamos actualmente como consecuencia do COVID-19.
Inclúe diferentes recursos e ligazóns tanto ao traballo que o claustro pon á disposición das familias coma outros recursos que poidan ser de interese.
https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/aulavirtual2/course/view.php?id=198



viernes, 13 de marzo de 2020

Suspensión das actividades lectivas polo COVID-19

COMUNICADO OFICIAL DO CPI CRUZ DO SAR:

SUSPENSIÓN DAS "ACTIVIDADES LECTIVAS PRESENCIAIS" DENDE O LÚNS 16 DE MARZO.

REINICIO O LÚNS 30 DE MARZO, excepto que a Presidencia da Xunta de Galicia amplie o período de suspensión.

Pregamos teñades paciencia ante esta situación totalmente extraordinaria que nos afecta a todos. De momento non temos moitos datos agás que os nenos deberán permanecer nas súas casas ata nova orde.

Os docentes dos seus fillos titorizarán por medios non presenciais, telemáticos ou doutra índole que consideren oportunos.

O centro permanecerá aberto de 10 a 13 horas, únicamente para tarefas administrativas necesarias.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANULADAS.

Informacion para as familias na paxina web do Cruz do Sar 👉🏼 AQUÍ