lunes, 20 de febrero de 2017

ENTROIDO 2017


No CPI CRUZ DO SAR
Hora : 15:00 h. – 17:00 h.
Día: VENRES 24 DE FEBREIRO.

Estimadas familias :
O vindeiro venres día 24 de febreiro celebraremos pola tarde a festa de Entroido, organizada pola APA AS MARIÑAS, coa colaboración dos alumnos e alumnas de 4º da ESO. Encargaránse de amenizar a festa e venderán lambonadas para acadar cartos para a viaxe de fin de curso.

Imos ocupar con xogos e diversos materiais, todo o espazo exterior do Colexio e o pavillón, polo que os portáis de acceso ao CPI permanecerán pechados e abriránse a partires das 17.00 h. para saír do recinto.

O alumnado que queda despois de xantar deberá traer -antes do xoves 23 ou non podería quedar- o escrito que adxuntamos, cos datos do adulto responsable que o virá a recoller e a autorización para asistir á festa.

Suspéndense todas as actividades extraescolares que se desenrolan no Colexio e na Senra, á piscina poderán ir os que o desexen pero de xeito particular, non haberá bus.

Non se permitirá a asistencia ao alumnado que non esté previamente inscrito e remata o prazo o mércores día 22.
Bo Entroido 2017
Xunta Directiva APA AS MARIÑAS



Entregar en el buzón del APA situado al lado de su oficina (dentro del CPI Cruz do Sar) o por email: anpa.asmarinas@gmail.com

Para más información:
Tlf. oficina (horario oficina): 981 794167                 
Presidente: 606758749

Facebook y Google+: APA AS MARIÑAS

jueves, 16 de febrero de 2017

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE ASEMBLEA


Convoco aos socios e socias a unha Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar o vindeiro venres día 17 de febreiro, en horario de 1ª Convocatoria ás 19:30 h. e 2ª Convocatoria ás 20:00 h. que terá lugar no comedor do CPI Cruz do Sar de Bergondo, á que rogo acudades todos dada a importancia do punto a tratar que afecta aos asociados, co seguinte

  
ORDE DO DÍA:


1.-  Información xeral sobre a situación do servizo de autobuses finaciados polo APA AS MARIÑAS. Acordos a adoptar.

  

Un saúdo



Asdo. María José Ferreño Precedo
          Presidenta


jueves, 2 de febrero de 2017

Aplicación informática "admisión alumnado" a partir do curso escolar 2017/18

Desde hoxe xa podes reservar a praza dos teus fillos no colexio ou instituto para o ano que vén cun só click en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Conferencia APP con XUNTOS 3.0 Impartida por Marcelo Castelo.

No auditorio de A Senra o vindeiro luns día 6, de 15:45 a 17:25 h. o experto en comunicación, D. MARCELO CASTELO RIVAS, impartirá unha conferencia para o alumnado, familias e profesorado.

Este curso 2016-2017, ven todos os xoves ao CPI CRUZ DO SAR, para compartir a súa metodoloxía en cada aula, acompañado dos titores, dende Sexto de E. Primaria ate Terceiro da ESO.

Nesta conferencia están convidados o alumnado co que colabora neste curso e o de Cuarto da ESO, as súas familias e os mestres do Colexio. E necesario que as familias veñan co alumnado de Sexto de Primaria por ser horario de tarde.

Agardamos contar coa vosa presenza neste importante evento, sendo a temática de interese de todo o auditorio, ademáis do positivo que será unir ás partes máis importantes da nosa Comunidades Escolar : familias, alumnado e mestres.

Queremos encher o auditorio!