miércoles, 10 de diciembre de 2014

Comunicado para os usuarios de Piscina

O vindeiro venres día 12 realizarase unha XORNADA de PORTAS ABERTAS na piscina de Sada, para as familias do alumnado do CPI Cruz do Sar e CRA inscrito nesta actividade extraescolar da APA. Invitamos a tódalas familias que queiran ver o que están a aprender os pequenos e disfrutar cos seus progresos e actividades. Deberán traer calzado adecuado para acceder ás instalación.

miércoles, 3 de diciembre de 2014

Actividades Concello de Bergondo Nadal 2014-15



Para imprimir o ver ------------> AQUÍ.

Campaña de Esquí 2015 Deputación da Coruña

Dende o 13/02/2015 ata o 15/02/2015
Data de inscrición:
Dende o 27/11/2014 ata o 19/12/2014
Entrada:
60 euros. O pago farase efectivo unha vez confirmada a praza na conta que indique a Deputación. Inclúe transporte, aloxamento en albergue e pensión completa, forfait, clases de esquí, táboas esquís, bastóns e botas esquí.
Requisitos:
§  Nacidos en 2001, 2002, 2003, 2004, 2005.
§  As solicitudes de preinscrición faranse na páxina web de Deportes, ou nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña: Palacio de Deportes de Riazor, Cidade Deportiva da Torre, e Polideportivo do Barrio das Flores, ata o venres 19 de decembro, ata as 14:00h.
§  Para as solicitudes non é necesario presentar ningún documento nin ficha, só cubrir os datos na web.
Enlace:
Ábrese a convocatoria de solicitudes de prazas para a celebración da Campaña de Esquí da Deputación da Coruña, na Estación de Montaña de Manzaneda.
Oficinas do Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña:
- Palacio de Deportes de Riazor
- Cidade Deportiva da Torre
- Polideportivo do Barrio das Flores
deportes@coruna.es
www.coruna.es/deportes
Teléfono de información cidadá 010.

Más información -----------------> AQUÍ.