lunes, 24 de junio de 2019

BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

Estimadas familias:

 A APA As Mariñas vai continuar este ano co BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, un proxecto totalmente altruista que ten por finalidade axudar ás familias a rebaixar o gasto que supón a compra de libros ao comezo de cada curso.

O Banco solidario de libros de texto ten como obxectivo crear un fondo de libros de todos os cursos e asignaturas. Os libros deberán ter vixencia no curso 2019-2020 no CPI CRUZ do SAR e estar en bo estado. Todo o alumnado e as súas familias pode participar entregando libros de texto de calquera curso, excepto 1º e 2º de Educación Primaria.

Os libros entregaranse ao Banco de xeito gratuito e definitivo, sendo a APA quen xestionará a recepción, custodia e adjudicación posterior dos mesmos por orde de solicitude.

Para ser beneficiario do BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO é necesario ser tamén doante e socio/a da APA. A adxudicación de libros farase por orde de inscripción.


Están son as DATAS habilitadas na oficina do APA para xestionar o banco de libros:

2 e 3 de xullo (11:30-13:00): para facer entrega dos libros que se doan ao Banco.

18 de xullo (11:30-13:00): para a recollida de libros de Primaria.

5 e 6 de setembro (11:30-13:00): recollida de libros de Primaria e Secundaria, e entrega de libros de Primaria.

11 e 12 de setembro (16:00-18:00): recollida e entrega de libros de Secundaria.

Agradecemos a todas as familias a confianza depositada nesta Apa e desexamos que pasedes un feliz verán.

Un saúdo,

Xunta directiva APA AS MARIÑAS



viernes, 7 de junio de 2019

FESTA FIN DE CURSO 2018-2019

O sábado 15 de xuño celebraremos a nosa tradicional Festa de fin de curso.

Lembramos que pode asistir todo o alumnado do centro xunto coas súas familias, pero só se entregarán vales para o xantar aos pais/nais/titores (ou persoas nas que deleguen a custodia) e aos alumnos escolarizados nalgún dos centros educativos do Concello de Bergondo.

Por necesidades de organización precisamos saber o número de persoas que van a asistir, así como se quedan ou non a xantar. Para recoller os vales é, por tanto, imprescindible entregar o impreso que se lle facilitou ao alumnado antes do vindeiro martes, 11 de xuño.


ESPERÁMOSVOS!!