sábado, 28 de marzo de 2020

Enquisa ás familias sobre a educación non presencial durante a crise do coronavirus

CONFAPA GALICIA (Confederación galega de asociacións de nais e pais de alumnos de centros públicos) creou unha enquisa para coñecer a opinión das familias sobre a educación no presencial despois de que colexios e institutos pechasen as súas portas polo estado de alarma tras a propagación do COVID-19.


Só precisamos dous minutos do teu tempo para esta enquisa telemática á que se pode acceder na seguinte ligazón: ENQUISA CONFAPA.


AGRADECERÍAMOS A COLABORACIÓN DAS NOSAS SOCIAS E SOCIOS DA APA "AS MARIÑAS".


GRAZAS!







Axudas ás familas do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar

ℹ️ Orde onde se establecen as bases reguladoras das AXUDAS de carácter directo ás familias do ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.

🔔 “Determínase que o prezo máximo a satisfacer en concepto de compensación por materias primas é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 €) no casos de gratuidade total e de un euro e cincuenta céntimos (1,50 €) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 €) pola prestación do servizo.”

🔔 “Esta orde compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta, que para os efectos educativos comezaron o día 16 de marzo e que totalizan 9 días lectivos [...] compútase un total de 28 días lectivos para os efectos de cuantificar o importe global dos créditos orzamentarios precisos para atender as compensacións.”

🔔 “As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal “

🔔 “Establécese un PRAZO especial DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES para atender o pagamento das compensacións que comezará ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e REMATARÁ O 6 DE ABRIL, ambos os dous incluídos.”

Ligazón a orde AQUÍ

Folleto informativo nesta ligazón


martes, 24 de marzo de 2020

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DURANTE A CRISE DO COVID-19

Estimados socios e socias,

Informámosvos que debido á crise que estamos a vivir a nivel global, intentamos reorganizar as actividades extraescolares para adaptarnos a esta nova situación pero resulta inviable, por múltiples motivos para o conxunto do alumnado, acceder a clases on line durante este periodo. Por esta causa quedan totalmente suspensas ata que se reinicien as clases no CPI Cruz do Sar.

Por outro lado, informamos que non se devolverá o importe das actividades do mes de marzo xa aboadas, senón que se descontará medio mes do próximo no que teñamos actividade.

Quedamos á vosa disposición para resolver calquera dúbida ou incidencia.


Coidádevos moito!


martes, 17 de marzo de 2020

Material para o alumnado do CPI Cruz do Sar durante a corentena

Incluimos nesta publicación a información que trasladou o centro ás familias, por se houbera algunha que non a recibira.

Queremos darvos moitos ánimos, especialmente aos vosos fillos e fillas que teñen que vivir á súa idade unha situación que nunca antes ningún de nós pasara. 

Sairemos desta e sairemos tendo a xeración de xente moza máis solidaria da nosa historia. 

Forza, ánimo e coidádevos moito ❤️ 



COMUNICADO ÁS FAMILIAS DO CPI CRUZ DO SAR:
En resposta as moitas consultas das nais, pais, titores legais dos alumnos e dos propios alumnos consideramos pertinente dar uns consellos e información de carácter xeral: Consello: manter a actividade académica na medida do posible repartindo os tempos entre as materias segundo a carga horaria.
Información xeral:
Indicar que na reincorporación ao centro non se farán de xeito inmediato (primeira semana) probas de avaliación, aínda que quedasen pendentes antes da suspensión das clases. -que as instrucións para que os alumnos continúen a súa formación ou reforcen o aprendido se incorporarán por materias nas plataformas habituais na rede de Internet (aula virtual, blogs e correo electrónico).

EDUCACIÓN PRIMARIA
O alumnado de Primaria xa pode continuar coa formacion na casa dende a paxina web do CRUZ DO SAR http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/


PROXECTO #QUEDAMOSNACASA (para Educación Primaria)
Páxina creada para dar resposta ás necesidades xurdidas pola situación de emerxencia na que estamos actualmente como consecuencia do COVID-19.
Inclúe diferentes recursos e ligazóns tanto ao traballo que o claustro pon á disposición das familias coma outros recursos que poidan ser de interese.
https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/aulavirtual2/course/view.php?id=198



viernes, 13 de marzo de 2020

Suspensión das actividades lectivas polo COVID-19

COMUNICADO OFICIAL DO CPI CRUZ DO SAR:

SUSPENSIÓN DAS "ACTIVIDADES LECTIVAS PRESENCIAIS" DENDE O LÚNS 16 DE MARZO.

REINICIO O LÚNS 30 DE MARZO, excepto que a Presidencia da Xunta de Galicia amplie o período de suspensión.

Pregamos teñades paciencia ante esta situación totalmente extraordinaria que nos afecta a todos. De momento non temos moitos datos agás que os nenos deberán permanecer nas súas casas ata nova orde.

Os docentes dos seus fillos titorizarán por medios non presenciais, telemáticos ou doutra índole que consideren oportunos.

O centro permanecerá aberto de 10 a 13 horas, únicamente para tarefas administrativas necesarias.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANULADAS.

Informacion para as familias na paxina web do Cruz do Sar 👉🏼 AQUÍ