jueves, 14 de febrero de 2013

Escola de Nais e Pais.

 
 
 
 
SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN BERGONDO CONCELLOcid:image004.png@01CE0AB1.DEA5F3B0

Distinguido/a Sr./Sra.

A Presidenta Alcaldesa do Concello de Bergondo,

comprácese en convidalo/a a Vde.

á Escola de Nais e Pais.

RELATOR

D. Juan Carlos Prados

Psicólogo

 
Pscoloxía:

1. Ciencia que estuda o funcionamento psíquico a partir do comportamento do individuo así como os fenómenos de conduta e os procesos mentais para determinar as súas condicións e leis.

2. Maneira de sentir, pensar ou actuar dunha persoa ou grupo.

3. Capacidade para comprender e tratar outras persoas.

 TEMA

Prevención dende a familia: “falando de drogas"

Bergondo, xoves 28 de febreiro de 2013.

20:00-21:30 horas

A charla-coloquio terá lugarna biblioteca do Multiúsos A Senra.

 
O servizo de educación pon en marcha unha nova edición da Escola de Nais e Pais.

Temos a finalidade primordial de proporcionar os recursos precisos que axuden á práctica educativa.

O programa “non está especificamente dirixido a nais e pais que teñan fillos con problemas, senón a toda aquelas persoas que teñan que actuar e educar aos seus fillos”.


A Escola de Nais e Pais desenvolverá os seus contidos a través de sesións de dinámica de grupos para conseguir que sexa unha actividade participativa e activa que permita extraer conclusións a través de reflexións conxuntas.

Plan de Trastornos Aditivos de Galicia 2011-2016

LIÑAS ESTRATÉXICAS E ACTUACIÓNS A DESENVOLVER
Partindo da análise da situación actual do fenómeno ao que se pretende dar resposta, o Plan de Trastornos Aditivos de Galicia 2011-2016 articúlase sobre a base das seguintes liñas estratéxicas de actuación:

1. Redución da prevalencia dos consumos de bebidas alcohólicas, tabaco ou drogas ilícitas.
2. Regulación e control da oferta de bebidas alcohólicas e tabaco a menores.
3. Prevención das adiccións sociais e condutas relacionadas.
4. Diminución de riscos e redución de danos asociados ao uso e abuso de drogas.
5. Mellora da cobertura asistencial dos trastornos aditivos.
6. Atención de calidade ás persoas con problemas de adicción dende o sistema público de saúde.
7. Apoio aos procesos de integración social das persoas con trastornos aditivos.
8. Impulso da formación e actualización de coñecementos en adiccións.
9. Promoción da investigación aplicada no campo das adiccións.
10. Coordinación e cooperación institucional.

Drogas
 
Información xeral
 
Información específica

Mocidade
 
  • elmundo.es - Drogas. Páxina de información sobre drogas con moitos contidos para mozos
  • Lo estoy dejando. Programa para a mocidade sobre o tabaco do Ministerio de Sanidade e da Asociación Española contra o Cancro
  • El alcohol y tú. Ministerio de Sanidade: destinada para que os mozos e mozas analicen a súa relación co alcohol
  • Controlaclub. ONG dirixida a informar e concienciar dos perigos e problemas relacionados cos consumos e hábitos de ocio máis radicais
  • Bad night. Campaña da Fundación de Axuda á Drogadicción
  • Plan nacional sobre drogas. Información interactiva sobre as drogas do Plan Nacional de Drogas

Pais/nais

Pregámoslle que confirme a asistencia ao acto.

Grazas
 

Concello
de Bergondo
(A Coruña)

Estrada da Coruña, 12
15165 - BERGONDO

Escudo de Bergondo
Jesús Seijas Barquero
Servizo de Educación
Casa da Cultura
Tlfno. 981 791 252 Ext. 4




















Nas vindeiras sesións, expoñeranse temas de grande interese como:

Un adolescente na casa; O oficio de ser nais e pais; Como educamos?; Afrontando novos retos; Que pasa no colexio?













No hay comentarios:

Publicar un comentario