jueves, 30 de mayo de 2019

ESCOLA DE TEATRO CRUZ DO SAR

Nun tempo en que cada vez se demonizan máis as actividades extraescolares, dende a Apa “As Mariñas” estamos orgullosos de ter procurado un tempo y un espazo que, non só facilite a conciliación da vida familiar, senón que ademais aporte ás nosas rapazas e rapaces todo aquelo ao que o currículum oficial non é capaz de chegar.

Sempre procuramos que as actividades non fosen un simple “aparcadoiro” de cativos, senón un espazo de lecer, aprender e medrar xuntos. 

Comprácenos especialmente o ter creado e asentado unha ESCOLA DE TEATRO que se vai consolidando curso tras curso e que logrou á fidelidade do alumnado ata o final da súa etapa educativa no centro. Isto é importate porque resulta frecuente que a maioría dos rapaces e rapazas vaian abandoando o tempo que dedican ao deporte, á arte e aos hobbys ao chegar á Educación Secundaria, precisamente nunha etapa onde tan necesarios son.

Queremos agradecer ás 75 actrices e actores da nosa Escola de Teatro a súa paixón e toda a arte que nos regalan. E vaia dende aquí o noso especial agradecemento aos profesores que fan posible esta maravillosa Escola: Alba, Nacho e Tone.



🎭 SAÚDE E TEATRO!! 🎭









miércoles, 29 de mayo de 2019

REMATE DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (Curso 2018-19)

Lembramos ás familias socias da Apa “As Mariñas” que as actividades extraescolares rematan este mes de maio.

Confiamos que fora do agrado de todos o traballo das nais voluntarias da asociación, que xestionan a organización e coordinación de 18 grupos distintos que suman máis de 300 nenas e nenos e á fronte dos cales están 16 monitores.

Teatro (7 grupos)
Danza coreográfica (2 grupos)
Patinaxe (3 grupos)
Fútbol sala (2 grupos)
Xadrez
Taekwondo
Atletismo
Piscina

Ás actividades extraescolares hai que sumar a participación no Consello Escolar do centro, no Consello Escolar Municipal e no Consello Escolar do CRA de Bergondo. 

Así como:
  • Xestión da Escola de Música.
  • Xestión do servizo de Amenceres.
  • Colaboración no funcionamento diario do comedor.
  • Xestión do servizo de autobuses das actividades extraescolares e acompañantes dos mesmos.
  • Xestión do Banco de Libros.

Sen esquecer a participación en calquera das incidencias que xurden no centro ao longo do curso, á fin de colaborar no bo funcionamento do mesmo.

Pensamos que con máis recursos humáns poderíamos levar adiante aínda máis proxectos que enriquezan a convivencia e as aprendizaxes no centro, pero para isto necesitamos da colaboración de novos socios voluntarios.


Estaremos encantadas de abrir as nosas portas a todos aqueles que queiran colaborar cara ao curso que ven. 

martes, 28 de mayo de 2019

3eiro MARATÓN TEATRAL

A fin de semana do 8 e 9 de xunio celebrase en A Senra o 3eiro Maratón Teatral. Está organizado polo Concello de Bergondo, o CPI Cruz do Sar e a Asociación Catro Gatos.


Alí se representarán todas as obras do alumnado da Escola de Teatro do Cruz do Sar.


Non o perdades, que poucas veces hai ocasión de ver tantos grandes artistas sobre o escenario e de balde!!



CONCERTO DA ESCOLA DE MÚSICA (Curso 2018-19)


🎶 A pasada fin de semana A Senra encheuse de música 🎶


Queremos compartir aquí uns vídeos do concerto, para aqueles que non puidestes estar presentes o sábado.










jueves, 2 de mayo de 2019

ACTIVIDADES PARA O MES DE MAIO

Todas as familias socias da Apa As Mariñas están convidadas a achegarse ata o centro para participar nas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS. Nelas poderán asistir a unha sesión das diferentes actividades extraescolares realizadas ao longo do curso.


DATAS ASIGNADAS 
Taekwondo: 13 de maio
Fútbol: 16 de maio
Patinaxe: 22 e 27 de maio
Danza: 23 de maio
Xadrez: 29 de maio
Atletismo: 24 de maio
Piscina*: 24 de maio


Lembramos que durante estas xornadas non é posible realizar fotografías nin grabar videos. 

*É preciso levar calzado adecuado para acceder á zona de piscina.




***********************************


Lembramos tamén que estades todos convidados á III FESTA DAS ANPAS DA ESCOLA PÚBLICA.
Será unha xornada de convivencia entre os asociados das ANPAS, as xuntas directivas e as familias. Unha xornada de participación que sirva para coñecernos, xogar, bailar e comer xuntos.
Data: 25 de maio
Lugar: Gandarío

Toda a información nesta ligazón





Imaxes da festa do ano pasado aquí


***********************************


E, como cada ano por estas datas, o alumnado de teatro participará no CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO convocado pola Deputación da Coruña.

Datas: 21, 22 e 23 de maio
Lugar: IES Calvo Sotelo (A Coruña)




Quedades convidados a disfrutar do talento dos nosos artistas!!!