miércoles, 20 de junio de 2018

Abalar Mobil


Abalar Móbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.


AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.


A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 



Máis información no seguinte enlace: Espazo Abalar 


Concello de Bergondo: Axudas curso escolar 2018-19


CPI Cruz do Sar. Listaxes provisionais das solicitudes de Axudas de Material e Libros.


Dado que aínda está aberto o prazo de solicitudes, o dito listaxe non é definitivo e será actualizado periódicamente.

Polo momento non están concedidos cheques ou libros, so está feito o tramite da solicitude.

+ info

BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO APA "As Mariñas"


Estimadas familias:

 A APA As Mariñas vai continuar este ano co BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, un proxecto totalmente altruista que ten por finalidade axudar ás familias e contribuir a rebaixar o gasto que supón a compra de libros ao comezo de cada curso.
O BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO consiste en crear un fondo de libros de texto de tódolos cursos e asignaturas, coa condición de que eses libros teñan vixencia no curso 2018/2019 no CPI CRUZ do SAR deberán estar en bo estado. Os libros entregaranse ao Banco de xeito gratuito e definitivo, sendo a APA a que xestionará a recepción, custodia e adjudicación posterior dos mesmos por orde de solicitude.
Todo o alumnado e as súas familias poden participar entregando libros de texto de calquera curso excepto 1º e 2º de Educación Primaria, os que entreguen libros ao banco terán prioridade para retirar os libros que precise no vindeiro curso, farase por orde de inscripción. Para ser beneficiario da solidariedade e xenerosidade dos demáis, é dicir, para poder optar aos libros do BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, é necesario ser doante do BANCO, aportando libros, e ser socio/a da APA.
Estaremos na oficina do APA para xestionar o banco de libros :

Luns   2 de xullo, dende as 11:00 ate as 13:00 h.
Xoves   5 de xullo, dende as 11:00 ate as 13:00 h.

Xoves   6 de setembro, dende as 11:00 ate as 13:00 h.
Luns   10 de setembro, dende as 11:00 ate as 13:00 h.

Un saúdo,
Xunta directiva APA AS MARIÑAS

martes, 12 de junio de 2018

1º premio do Concurso Literario 2018 da Agrupación Cultural O FACHO.




A Alumna do 2º curso da ESO, Mariña García Iglesias, obtivo o 1º premio da categoría (Rapaces e rapazas de 13 a 16 anos) no Concurso literario 2018 organizado pola Agrupación Cultural O FACHO.

Primeiro premio: A princesiña peideira de Mariña García Iglesias, Alumna do CPI Cruz do Sar, Bergondo (A Coruña)


Fondo Solidario de libros de Texto. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.



O prazo de solicitude, tanto para os alumnos de PRIMARIA como SECUNDARIA, independentemente de que o alumnado teña materias pendentes e deba examinarse en Setembro: 22 de maio a 22 de xuño de 2018

Comedor Escolar



Lembrarlles que xa se repartiu nas aulas a solicitude para o servizo de comedor escolar para o vindeiro curso académico 2018/2019.
 Teñan en conta que para o cálculo do prezo do servizo de comedor deberán facer o cálculo da renda per cápita familiar, que se obten a partir de 3 casiñas do IRPF 2017, imposto que está actualmente en proceso de presentación, polo que se recollerán as solicitudes ata o 10 de xullo de 2018, co fin de elaborar as listaxes de usuarios para o vindeiro curso escolar. De todos os xeitos, no caso de que non o presentaran, e sempre que haxa prazas, poderán solicitalo máis adiante, cando consideren que precisen empregar o servizo. 




Programas do Concello de Bergondo para axudar ás familias dos alumnos do CPI Cruz do Sar na compra de libros de texto para o vindeiro curso


Publicáronse no BOP os programas do Concello deBergondo para axudar ás familias dos alumnos do CPI Cruz do Sar na compra de libros de texto para o vindeiro curso:

Programa de axudas xenérica: dirixido a 1º e 2º de primaria. Entregarase a cada solicitante un libro que será da súa propiedade. A recollida será do 30 de xullo ao 3 de agosto.  + aquí

Programa de préstamo de libros de texto: desde 3º a 6º de Primaria e todos os cursos da ESO. Son exemplares depositados ao final do curso polos anteriores alumnos e agora serán recollidos polos novos. O prazo de presentación de solicitudes remata vai do 20 ao 29 de xuño. + aquí

Lembra que este tipo de axudas outórganse independientemente do nivel de renda.

Ayudas a la conciliación de la vida familiar y laboral como medida de fomento de la corresponsabilidad para los trabajadores que se acojan a la reducción de su jornada de trabajo.



¿A quién va dirigido?

Podrán ser beneficiarias de las ayudas previstas en esta convocatoria las personas físicas que se acojan a la medida de reducción de jornada entre el 1 de junio de 2017 y el 30 de junio de 2018, ambos inclusive, hombres y familias monoparentales, según lo siguiente:
a) Los hombres que se acojan a la reducción de jornada según lo establecido en el artículo 5 de esta resolución y sean trabajadores por cuenta ajena, tanto de la empresa privada como de las administraciones públicas, organismos autónomos, entes públicos de derecho privado y empresas públicas dependientes de ellas, con independencia de que su vínculo sea laboral, funcionarial o estatutario, y los socios de las sociedades cooperativas siempre que estos últimos pertenezcan al régimen general de la Seguridad Social.
Plazo de presentación: ABIERTO
01/06/2018 - 02/07/2018
+ info XUNTA

Calendario del CPI Cruz do Sar y Concello de Bergondo para alumnos del Cruz do Sar.


Entrega de boletíns de cualificaciones:
PRIMARIA: 21 de xuño
SECUNDARIA: 26 de xuño ás 11h. nas aulas da ESO.
Matricula:
Aprobados en Xuño, farán a matricula nas siguientes datas:
1º e 2º ESO 28,29 de xuño e 2 de xullo.
3º e 4º ESO 3,4 e 5 xullo.
Suspensos en xuño, farán a matricula no mes de SETEMBRO, logo de examinarse e recibir o boletín de cualificaciones.
Axudas para adquirir material escolar- Fondo solidario de libros de préstamo remata o 22 de xuño de 2018.
Devolución de libros de préstamo  
PRIMARIA e SECUNDARIA Devolvelos ao Titor do curso na aula ata 21 de xuño.
Os libros que foran prestados polo Concello de Bergondo, non se recollerán no centro. Deben entregarlos na Concellaría de Cultura.

Recollida de cheques (Material escolar)
Educación Primaria dende o 6 de xullo de 2018.
Educación Secundaria dende o 11 de xullo de 2018.

LIBROS DE PRÉSTAMO
PRIMARIA
As listas publicaranse antes do 20 de xullo na páxina web do centro educativo. https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/
SECUNDARIA
As listas pubricaranse antes do 14 de setembro na páxina web do centro educativo. https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/
SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR 2018/19
Autoliquidación do prezo do comedor escolar entregar na Secretaría ata o 10 de Xullo. Listaxes de admitidos 20 xullo na páxina web do centro. https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/node/203

CONCELLO DE BERGONDO
Programa de axudas xenérica: dirixido a 1º e 2º de primaria. Entregarase a cada solicitante un libro que será da súa propiedade. A recollida será do 30 de xullo ao 3 de agosto.  https://bit.ly/2LK1avW

Programa de préstamo de libros de texto: desde 3º a 6º de Primaria e todos os cursos da ESO. Son exemplares depositados ao final do curso polos anteriores alumnos e agora serán recollidos polos novos. O prazo de presentación de solicitudes remata vai do 20 ao 29 de xuño. https://bit.ly/2JwGlr5

lunes, 11 de junio de 2018

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA






Convócase aos socios desta Asociación AS MARIÑAS o :


                       XOVES 14 de xuño

Lugar : Biblioteca do CPI Cruz do Sar

Hora :  19:00 h. Primeira convocatoria
                       19:30 h. Segunda convocatoria

Cos siguientes puntos na ORDE DO DÍA:

1º.- Aprobación da acta anterior, se procede.

2º.- Estado de contas e aprobación, se procede.

3º.- Revisión de pagos pendentes por parte de socios neste curso.

.- Renovación da totalidade dos membros de XUNTA DIRECTIVA, por cese dos actuais.

.- Suxerencias para as actividades extraescolares curso 2018-2019.
(Caso de existir voluntarios que opten incorporarse á xunta directiva , do contrario non se farán actividades no vindeiro curso)

.- Informar dos importantes cambios que suceden neste fin de curso no equipo directivo do CPI Cruz do Sar.  

7º.- Rogos e preguntas


Cos puntos na ORDE DO DÍA especificados na convocatoria anterior. Debido a un erro involuntario no día sinalábase o venres cando en realidade queríamos convocar o vindeiro XOVES día 14 de xuño do ano en curso.
Agradecemos a vosa presenza pola importancia dos asuntos a tratar.


Un saúdo

Asdo. Mª José Ferreño Precedo
A Presidenta APA AS MARIÑAS


viernes, 8 de junio de 2018

II Maratón Teatral Concello de Bergondo.


 

 

O Concello de Bergondo xunto coa Apa “As Mariñas” e o CPI Cruz do Sar organizan o II Maratón Teatral Concello de Bergondo. Este ano preséntanse sete obras de teatro. Seis delas pertencen á actividade de teatro promovida pola APA e unha delas á primeira compañía de teatro amador de Bergondo Catro Gatos Teatro.

As pezas que se representarán son Un mercado Diferente representada polos alumnos de 4 e 5 de Primaria; Monstruos e Fantasmas representada polos alumnos de 2,3 e 4 de Primaria; PlayMobil representada polos alumnos de 6 Primaria; Pacto Frankestein e Menudo Día representada polos alumnos de 1ESO; Gemelos de Plauto representada polos alumnos de 2ESO e Sogras de Tone Martínez a cargo da compañía Catro Gatos Teatro. Agás as dúas últimas, todas as pezas teatrais son creacións colectivas realizadas polos alumnos e alumnas da actividade.

O maratón de teatro cumple a súa segunda edición co obxectivo de achegar as artes escénicas ós veciños e veciñas da contorna. O maratón chega para quedarse e para se converter nun referente cultural do Concello de Bergondo.

Hora de inicio: 10:30 Hora de remate: 20:30 Lugar: Auditoria de A Senra Prezo: De balde.