lunes, 25 de febrero de 2019

ANUARIO CURSO 2018-2019

O alumnado de 4º da ESO está a recadar cartos para a súa viaxe de fin de curso mediante a elaboración e venda dun ANUARIO do alumnado do CPI "Cruz do Sar", así como do CRA de Bergondo.

Neste proxecto incluiríanse fotografías grupais de cada clase, así como información e fotos das distintas actividades que se están a realizar nos centros mencionados.

Todas aquelas rapazas e rapaces que queran ser incluidos neste anuario,  deben traer firmada una autorización sobre o uso da súa imaxe.

Adxúntanse aquí a citada autorización.


ENTROIDO 2019

Circular coas modificacións de horario e outras consideracións respecto a celebración do Entroido no centro este venres, 1 de marzo.


miércoles, 13 de febrero de 2019

NOVO CALENDARIO LECTIVO

Compartimos a circular remitida dende o centro coa actualización do CALENDARIO ESCOLAR para este curso 2018-2019:
"Recentemente foi modificado o calendario escolar do curso 2018-2019, sendo engadido o día 19 de Marzo - San Xosé como festivo en Galicia e día non lectivo.
Tendo en conta que a Consellería de Educación tiña publicado previamente un calendario no que non constaba o dito día como NON LECTIVO, remíteselles o novo calendario para que o teñan en conta."