Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas
jueves, 1 de junio de 2017
lunes, 29 de mayo de 2017
Actividades en verano: Campus de Atletismo en Guisamo del 17 al 21 de Julio.
Campus de Atletismo en Guisamo del 17 al 21 de Julio.
Información y reserva de plaza en lamochiladeldeporte@gmail.com
Información y reserva de plaza en lamochiladeldeporte@gmail.com
viernes, 6 de mayo de 2016
TRÁNSITO DE MERCURIO. El lunes 9 de mayo
TRÁNSITO DE MERCURIO. El lunes 9 de mayo, Mercurio pasará por delante
del Sol, algo que podrá verse desde A Coruña. Entre las 13:00 y las 19:00 de
ese día, organizamos una observación en la Casa de las Ciencias en colaboración
con la Agrupación Astronómica Ío, para que disfrutes con seguridad de este
fenómeno astronómico.
RECUERDA: NUNCA DEBES MIRAR AL SOL DIRECTAMENTE.
Más información web Museos científicos
Día da Ciencia na Rúa.
O
próximo sábado 7 de maio, de 11:00 a 19:00 no Parque de Santa Margarita da
Coruña, celebramos unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa.
¡Bota
un ollo ao programa de todo o día!
Os 3 Museos Científicos Coruñeses súmanse ao Día
da Ciencia na Rúa cunha xornada de ENTRADA e actividades
gratis desde as 11 mañá.
Más información:
miércoles, 10 de diciembre de 2014
Comunicado para os usuarios de Piscina
O vindeiro venres día 12 realizarase unha XORNADA de PORTAS ABERTAS na piscina de Sada, para as familias do alumnado do CPI Cruz do Sar e CRA inscrito nesta actividade extraescolar da APA. Invitamos a tódalas familias que queiran ver o que están a aprender os pequenos e disfrutar cos seus progresos e actividades. Deberán traer calzado adecuado para acceder ás instalación.
miércoles, 3 de diciembre de 2014
Campaña de Esquí 2015 Deputación da Coruña
Dende o 13/02/2015 ata o 15/02/2015
Data de inscrición:
Dende o 27/11/2014 ata o 19/12/2014
Entrada:
60 euros. O pago
farase efectivo unha vez confirmada a praza na conta que indique a Deputación.
Inclúe transporte, aloxamento en albergue e pensión completa, forfait, clases
de esquí, táboas esquís, bastóns e botas esquí.
Requisitos:
§ Nacidos en 2001, 2002, 2003, 2004, 2005.
§ As solicitudes de preinscrición faranse na páxina web
de Deportes, ou nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes
do Concello da Coruña: Palacio de Deportes de Riazor, Cidade Deportiva da
Torre, e Polideportivo do Barrio das Flores, ata o venres 19 de decembro, ata
as 14:00h.
§ Para as solicitudes non é necesario presentar ningún
documento nin ficha, só cubrir os datos na web.
Enlace:
Ábrese a
convocatoria de solicitudes de prazas para a celebración da Campaña de Esquí da
Deputación da Coruña, na Estación de Montaña de Manzaneda.
Oficinas do
Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña:
- Palacio de Deportes de Riazor
- Cidade Deportiva da Torre
- Polideportivo do Barrio das Flores
deportes@coruna.es
www.coruna.es/deportes
Teléfono de información cidadá 010.
- Palacio de Deportes de Riazor
- Cidade Deportiva da Torre
- Polideportivo do Barrio das Flores
deportes@coruna.es
www.coruna.es/deportes
Teléfono de información cidadá 010.
Más información -----------------> AQUÍ.
miércoles, 26 de noviembre de 2014
lunes, 27 de octubre de 2014
Aviso Piscina
El viernes 31 de octubre no hay colegio. Alumnos usuarios de la piscina pueden ir por sus medios, pues no hay bus. Horario de entrada en el agua a las 16:00 h.
lunes, 14 de octubre de 2013
A Domus organiza 10 obradoiros dentro do programa europeo KiiCS de actividades para mozos
A Domus organiza 10 obradoiros dentro do programa europeo KiiCS de actividades para mozos– O primeiro dos talleres, que tratou sobre programación con Processing para crear imaxes, animacións e interactivos, tivo lugar o pasado 26 de xuño.
– Os nove restantes sobre tecnoloxía, ciencia e arte realizaranse na Domus entre o 25 de outubro e o 3 de xaneiro. TODO SON GRATUÍTOS.
Dentro do programa europeo KiiCS, no que colaboran os Museos Científicos Coruñeses, a Domus organiza 10 talleres gratuítos sobre tecnoloxía, ciencia e artedirixidos a mozos de entre 15 e 18 anos. O primeiro deles tivo lugar o pasado 26 de xuño, e os nove restantes realizaranse entre o 25 de outubro e o 3 de xaneiro na Domus. O programa de actividades é o seguinte:
Venres 25 outubro, 16.30-20.30: KiiCS-2 Deseñando videoxogos.
Luns 4 de novembro, 16.30-20.30: KiiCS-3 Descubrindo o tecnoarte.
Mércores 6 de novembro, 16.30-20.30: KiiCS-4 Explorando con realidade aumentada.
Martes 12 de novembro, 16.30-20.30: KiiCS-5 Creando robots.
Sábado 23 de novembro, 10.00-14.00: KiiCS-6 Interaccionando con arduino.
Mércores 27 de novembro, 16.30-20.30: KiiCS-7 Montando circuítos.
Luns 2 de decembro, 16.30-20.30: Fabricando con impresoras 3D.
Venres 27 de decembro, 16.30-20.30: KiiCS-9 Creando con… o voso taller favorito. Taller elixido polo público por votación vía web.
Venres 3 de xaneiro, 16.30-20.30: KiiCS-10 Creando con… o voso taller favorito. Taller elixido polo público por votación vía web.
Para inscribirse nos talleres é preciso enviar un correo electrónico, a partir das 9.00 do luns 14 de outubro, adomus@casaciencias.org . O escrito debe incluír nome do participante, os talleres nos que se quere inscribir, idade, teléfono e dirección de correo electrónico.
Ademais poderás participar no concurso KiiCS, e gañar unha viaxe para contar o teu proxecto nunha feira científica.
viernes, 15 de marzo de 2013
Defensa personal para adultos
APA AS MARIÑAS
CPI Cruz do Sar
Bergondo
NOVIDADE : DEFENSA PERSOAL para adultos
Convidamos ós
adultos que teñen aos fillos e fillas estudando no Colexio e no CRA de
Bergondo que queiran participar nun cursiño de defensa persoal impartido polo
equipo do Clube Natural Sport de Sada. Aprenderás autodefensa persoal sen armas, así
como exercicios para mellorar a túa saúde e manterte en boas condicións
físicas.
Será impartido por un equipo capacitado para respostar aos
requirimentos específicos de cada persoa inscrita.
Lugar : pavillón
do CPI Cruz do Sar (temos a dotación de material necesaria)
Día : dóus sábados de Abril
Importe actividade : gratuito
Se deberá aportar o
importe do seguro por participante (4 Euros). Como sabedes os nosos seguros
para as familias socias tanto o de RC como o de accidentes só
cubren aos menores que participan nas nosas actividades tanto semanais como nas
saídas que se fagan coa APA.
Os interesados teñen
que ser OBRIGATORIAMENTE socios do APA AS MARIÑAS. As familias que non sexan socias aínda
están a tempo (cuota por familia 10 Euros).
Para anotarse podedes poñervos
en contacto coa oficina do APA -estamos de luns a xoves en horario de act.
extraescolares-, o blog apaasmarinas.blogspot.com,
nos teléfonos : 981794167 (oficina APA no colexio), 697482577 (Mª
José) ou 663486449 (Juani)
Datos imprescindibles: Nome e
apelido, DNI, data de nacimento e teléfono de contacto. Fina prazo de inscripción
o mércores día 20.
Agardámosvos para
compartir esta emocionante iniciativa, garantizamos que serán
dúas
mañáns moi didácticas, lúdicas e desestresantes.
Atentamente,
Xunta D. APA AS MARIÑAS
lunes, 22 de octubre de 2012
I XORNADA EMERXENCIAS NO CPI CRUZ DO SAR
O vindeiro mércores
día 24 os nosos fillos terán unha ESCOLA diferente, poderán
participar nunha amplia mostra de medios e recursos para atender a situacións de emerxencias e seguridade cidadá.
Comenzá ás 10.30 no pavillón do Colexio cunha parte teórica
-impartida por profesionais-, mostra do traballo de cans policías especialmente adiestrados da Garda Civil, a posteriori ate as 13.30
horas, continuarán coa parte de carácter práctica no aparcamento de A
Senra coas explicacións didácticas e coa exhibición de tódalas dotacións e medios dos que dispoñen os Organismos colaboradores para protexer e salvar ás persoas.
Organismos
que participan:
.- Guardia
Civil de Tráfico de A Coruña
.-
Patrulla da Guardia Civil Rural do Cuartel de Sada
.- Axentes
do Plan Integral de Mellora de Convivencia Escolar
.- Servizo
Cinolóxico da Guardia Civil de A
Coruña
.- Servizo
de Protección da Natureza (SEPRONA)
.- Servizo
Marítimo Provincial da Guardia
Civil de A Coruña
.-
Protección Civil de Bergondo
.- Axencia
Galega de Emerxencias : AXEGA
.-
Bombeiros do Consorcio Provincial de A Coruña :
Betanzos
.- Policía Local de Bergondo
O
obxectivo desta actividade é informar e sensibilizar ao
alumnado de Primaria e Secundaria do CPI Cruz do Sar e dar a coñecer como traballan e actúan
estes servizos de emerxencias diante das diferentes situacións inesperadas así como coñecer de primeira man cales son os materiais dos que dispoñen para realizar o seu labor e protexer, salvar persoas e garantizar a
seguridade dos cidadáns. Ao mesmo tempo obter o
recoñecimento merecido por parte
da Comunidade Educativa a ese traballo e dedicación esencial para a nosa seguridade e tranquilidade.
Queremos
amosar o noso agredecimento pola colaboración e
esforzo dos Organismos e Corpos de Emerxencias colaboradores nesta I Xornada,
que sen o seu esforzo voluntario sería
imposible a realización deste evento tan lúdico como didáctico para os nosos fillos e
fillas, asemade aos mestres e equipo directivo do Colexio e ao Concello de
Bergondo que nos está facilitando a ubicación idónea para conseguir que esta
I Xornada de Emerxencias sexa un éxito.
Atentamente,
Xunta
directiva APA AS MARIÑAS
sábado, 29 de septiembre de 2012
Actividades extraescolares
No presente mes de Outubro comenzamos coas actividades extraescolares organizadas pola APA AS MARIÑAS, queremos agradecer a boa acollida que tiveron este ano que a
pesares da crisis que estamos a sufrir comenzamos con máis de oitenta alumnos pertencentes ao CPI Cruz do Sar e ás Escolas Unitarias no Concello e, agardamos, que se vaian interesando
máis familias.
Na
Asemblea Xeral Ordinaria do pasado xoves aprobaronse as contas do ano pasado e
unha vez explicada a situación actual e as medidas a
tomar no presente curso, acordouse baixar as cuotas tanto para facerse socio da
APA como para as cotas mensuais de cada actividade. Queremos axudar ás familias de xeito que sexamos un ente conciliador para as familias e
lúdico-educativo para os
pequenos, será :
COTA DE SOCIO por unidade familiar
: 10 Euros, mantemos o seguro de
accidentes e RC de cada socio tanto para actividades como saídas
extraescolares organizadas por esta APA.
E
a COTA MENSUAL por actividade : 10 Euros
Nos poñeremos en contacto coas familias que xa se fixeron socias no mes pasado
e se lles devolverán os cartos aportados de máis, agradecéndolles que manteñan a súa confianza, sen esquecer
que gracias a tódolos socios e membros de
Xuntas Diretivas que ao longo dos máis de
trinta cursos escolares anteriores foron fomentando e mantendo viva esta
Asociación.
O horario das actividades queda do seguinte
xeito, as que non se mencionan é resultado de non facer un mínimo de participantes adecuado á
actividade:
LUNS :
PINTURA E
DEBUXO : de 15.30 a 17.30 horas.
Impartirase nunha aula de debuxo do Colexio, non hai bus e se deberán vir recoller aos rapaces/as ao Colexio
IUDO: de
15.30 a 17.30 horas. Impartirase no ximnasio do edificio A Senra, as familias
deberán recoller aos participantes
por non haber autobús.
MARTES :
INFORMÁTICA : de 15.30 a 17.00 horas. Impartirase na aula de informática do Colexio.
FÚTBIÑO : de 15.30 a 17.00 horas.
Impartirase no pavillón do Colexio.
TAEKWONDO
: de 15.30 a 17.00 horas. Impartirase no ximnasio do Edificio A Senra
ALOHA Mental Arithmetic : de 15.30 a 17.00 horas.
Impartirase en dúas aulas do Colexio.
Queda
pendente de comenzar Inglés lúdico cun mestre nativo.
MÉRCORES :
IUDO de 15.30
a 17.00 horas.
PATINAXE de 15.30 a 17.00. Impártese no pavillón do Colexio.
XOVES :
INFORMÁTICA de 15.30 A 17.00.
FÚTBIÑO de 15.30 a 17.00
TAEKWONDO de 15.30 a 17.00
ALOHA Mental Arithmetic de 15.30 a 17.00
Pendente comenzar inglés con mestre nativo
VENRES :
PISCINA (Sada) ás
15.50 saen en autobús dende o Colexio con dúas acompañantes do noso APA, estarán no auga dende as 16.15 ate as 17.00 horas, ás 17.15 sairá o bus para distribuir aos
pequenos nos respetivos domicilios.
Caso de ir
familias a levar ou recoller aos fillos deberán avisar ás dúas persoas do APA AS MARIÑAS que
os acompañan dende a saída do Colexio, a fin de manter a organización e control da actividade.
Este ano a cota para abonar esta actividade
de piscina será de 50 Euros inclúe o curso os meses de
outubro, novembro, decembro, xaneiro, febreiro, marzo, abril e maio e abónanse no presente mes.
NOTA
ACLARATIVA : os martes, mércores e xoves saen dende o
Colexio dous autobuses facilitados polo Concello de Bergondo, no que se
repartirán aos seus domicilios aos
participantes que así o desexen, irán acompañados por dúas persoas da APA AS MARIÑAS que
se encargarán de deixalos nas paradas
cun adulto. As rutas de reparto as fai a empresa responsable xunto co equipo
diretivo do Colexio e poden variar das habituais escolares. Os que sexan
recollidos deberán avisar ao monitor
responsable da actividade e ao persoal da APA que se atopa nese momento no
Colexio antes de abandonar o recinto. Agradecemos a vosa colaboración para facilitarnos a organización e
evitar problemas.
Recibide
un cordial saúdo,
Asdo.
Xunta diretiva APA AS MARIÑAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






