sábado, 24 de septiembre de 2022




PRESENTACIÓN INDIVIDUAL DE SOLICITUDE ANTE A XUNTA DE GALICIA SOBRE A MELLORA E DOTACIÓN DOS RECURSOS EDUCATIVOS NECESARIOS PARA O COLEXIO :

 CPI CRUZ DO SAR


É necesario dispoñer dun certificado electrónico, ou estar dado de alta en Chave365. Debe

disponerse dun ordenador con navegador web (Google Chrome, Firefox ou Explorer) instalado,

e a aplicación Autofirma instalada.


1. Aceder á Sede Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/portada


Buscar o procedemento PR004A ou teclear directamente https://sede.xunta.gal/detalle-

procedemento?codtram=PR004A


2. Pinchar en Tramitar en liña, na parte inferior dereita


3. Identificarse na sede electrónica: Será necesario dispoñer de certificado electrónico

ou usar chave365. Pinchar en continuar


4. Cubrir o formulario. Algúns dos datos xa aparecerán completados. Móstranse as

pautas para cubrilo


5. Pinchar en Gardar para non perder a información e a continuación pinchar en

Continuar


6. Pinchar en continuar, sen anexar ningunha documentación


7. Pinchar en Asinar e enviar


8. Pinchar en continuar para iniciar o proceso de sinatura e asinar electrónicamente


9. Pinchar en Xustificante para a descarga deste. É importante dispoñer do xustificante

para acompañar despois ao resto de documentación que se aporte. Importante

dispoñer do número de Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia




TAMÉN SE PODE PRESENTAR A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE BERGONDO, OU DE CALQUERA OUTRA ENTIDADE. NO CASO DO CONCELLO DE BERGONDO


1. Aceder á Sede do Concello de Bergondo, a través do enlace:

https://sede.bergondo.gal/opencms/gl/ e escoller Solicitude Xeral


2. Pinchar en iniciar trámite (on line)


3. Pinchar en entrar Cl@ve


4. De forma similar ao caso anterior, será necesario dispoñer dun certificado electrónico

(neste caso só para identificarse, xa que non será necesario para asinar

electrónicamente) ou cl@ve PIN


5. Tras o acceso, móstrase a pantalla informativa do rexistro electrónico. Pinchar en

Documento a cumprimentar: Solicitude


6. Rechear os datos da solicitude de forma similar ao caso anterior


7. Pinchar en Seguinte, na parte inferior dereita do formulario e cubrir os datos de

exposición e solicitude como se indica

Debe especificarse de forma concreta o Asunto e o Destinatario


8. Pinchar en Gardar na parte inferior dereita. Móstrase a pantalla de anexado de

documentación. Pinchar de novo en Gardar e Avanzar na parte inferior dereita da

páxina sen anexar documentación


9. Sinalar a marca correspondente donde se mostra “Mediante este acto declaro ...” e

pinchar en Asinar con Cl@ve. Deixar que continúe o proceso de sinatura.


10. Mostrase o resultado final, no que se deberá ter en conta o número de rexistro e

descargar o xustificante de Presentación no botón da parte inferior da pantalla





 




A comunidade educativa de Bergondo mobilízase contra

o recorte de persoal de atención á diversidade e en E.

Primaria no CPI Cruz do Sar


 A APA As Mariñas denuncia o desleixo institucional ante o

incremento das matrículas de alumnado con diversidade

funcional

 A Consellería de Educación denegou a solicitude do centro dun

especialista en Pedagoxía Terapéutica, recorta a xornada do de

Audición e Linguaxe nunha alta porcentaxe de horas e

prescinde dun Mestre de Primaria.

 Está convocada unha mobilización o vindeiro xoves diante da

sede do Concello.


O CPI Cruz de Sar de Bergondo acolle este curso a máis de 350 alumnas e

alumnos nas súas aulas, máis non poderá enfrontar con garantías as

necesidades educativas de máis de 30 destes nenos e nenas con diversidade

funcional por mor da denegación dun segundo especialista en Pedagoxía

Terapéutica e o recorte da xornada na especialidade de Audición e

Linguaxe nunha alta porcentaxe.

O centro educativo bergondés comunicou ao remate do pasado curso as

necesidades de dotación do persoal docente, en base ás previsións realizadas

segundo as matriculacións. A súa xustificación contiña as motivacións técnicas

para cada caso, fundamentadas en informes de profesionais especializados, e

valorados, nalgúns casos, polo Servizo Galego de Atención a Dependencia. A

resposta da Consellería non chegou ata a primeira semana de setembro,

denegando a incorporación dun segundo especialista en Pedagoxía Terapéutica.

Por outra banda e malia as peticións do equipo directivo e docente, a situación

do centro, lonxe de mellorar, empeorou pola decisión da Consellería de 

Educación de reducir a dedicación do especialista en Audición e Linguaxe

no centro e prescindir dun Mestre de Primaria.

A Consellería fundamenta a súa decisión na dispoñibilidade de horas coas que

contan os docentes de Primaria pero a realidade é que as necesidades

específicas destas alumnas e alumnos con diversidade funcional non poden ser

atendidas deste xeito.

Por outra banda, estas decisións non só terán impacto nestes máis de 30 nenas

e nenos a quen se lles nega un profesor especialista. O recorte dun Mestre de

Primaria incrementará a carga de traballo do cadro docente actual, ao que

Educación pretende asignarlle tamén horas de reforzo para as necesidades

educativas especiais.

As nais e pais, reunidos en asemblea tras coñecer a resposta da Consellería,

rexeitaron esta decisión, que consideran arbitraria e que non responde a

fundamentos normativos. As familias lembran que esta decisión vulnera o

establecido no DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a

atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade

Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei

orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. O texto do decreto recolle no seu

articulado a adopción de medidas extraordinarias e de atención á diversidade

para dar resposta a necesidades educativas específicas que deberán ser

aplicadas una vez esgotadas as de carácter ordinario ou resultar insuficientes.

A demanda das familias, canalizada a través da APA As Mariñas conta co apoio

da totalidade do equipo directivo e docente do CPI Cruz do Sar, así como de

todas las asociacións do concello mariñán. Pola súa banda, todos os grupos

políticos da corporación municipal amosaron a súa disposición para axudar a

resolver este problema, así como a súa asistencia á concentración convocada

pola asociación de nais e pais, que terá lugar o vindeiro xoves as 9:15 horas

diante do consistorio bergondés, coincidindo coa celebración do Consello

Escolar Municipal ao que asistirá a Inspección de Educación.

O acto de protesta encádrase no calendario de mobilizacións deseñado pola

APA e está aberto a todas as veciñas e veciños, plataformas cidadás e

institucións, e súmase a outras concentracións que xa tiveron lugar o pasado

xoves, o venres e o luns diante do centro educativo. Asemade, as familias

iniciaron una campaña de recollida de sinaturas para denunciar a situación de

desamparo institucional, que pon en risco de exclusión educativa a nenas e

nenos de Bergondo e non desbotan iniciar outras accións de non mudar as

institución a súa política de aplicación da norma.


Para obter máis información pode dirixirse aos seguintes contactos: 606 75 87

49. María José Ferreño (presidenta APA AS MARIÑAS)