martes, 8 de enero de 2019

ESCOLA DE MÚSICA CPI CRUZ DO SAR

Animádevos a comezar o ano enchéndoo de música, formando parte da nosa Escola. As clases van dirixidas a todas as idades: dende crianzas de 4 anos ata adultos. 


Aínda quedan prazas libres na formación teórica: Música e movemento (4-6 anos), Linguaxe musical, Canto (técnica vocal e interpretación).


E tamén na práctica, con moitísimos instrumentos a elixir: guitarra eléctrica, piano, saxo, trompeta, clarinete, batería e percusión...

Podedes descargar o documento para formalizar a matrícula na seguinte ligazón ➡️ Inscripción Escola de Música