jueves, 29 de junio de 2017

BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

PARTICIPA NO BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. BENEFÍCIASTE TÍ, BENEFICIÁMONOS TODOS!


Estimados/as alumnos e familias:

A APA As Mariñas vai continuar este ano co BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, un proxecto totalmente altruista que ten por finalidade axudar ás familias e contribuir a rebaixar o gasto que supón a compra de libros ao comezo de cada curso.

O BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO consiste en crear un fondo de libros de texto de tódolos cursos e asignaturas, coa condición de que eses libros teñan vixencia no curso 2017/2018 no CPI CRUZ do SAR e que estean en bo estado. Os libros entregaranse ao Banco de xeito gratuito e definitivo, sendo a APA a que xestionará a recepción, custodia e adjudicación posterior dos mesmos por orde de solicitude.

Todo o alumnado e as súas familias poden participar entregando libros de texto de calquera curso excepto 1º e 2º de primaria. Cantos máis libros se aporten ao fondo, máis necesidades se poderán atender e maior será o número de familias beneficiadas.

Para ser beneficiario da solidariedade e xenerosidade dos demáis, é dicir, para poder optar aos libros do BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, é necesario ser doante do BANCO, aportando libros, e ser socio/a da APA

Entregar os libros na oficina do APA:


Día 3 de xullo, dende as 11.00 h. ata as 13,00 h.

miércoles, 21 de junio de 2017

PREINSCRICIÓN actividades curso 2017/2018.

Estimadas familias:
Rematando este curso, empezamos a programar extraescolares do curso 2017-2018.
As novas actividades que se propoñen e a renovación das existentes obríganos, para unha eficaz planificación dos grupos e monitorado, a coñecer canto antes as vosas intencións.

            As actividades inícianse a partir dun número mínimo de alumnos inscritos (10)



PREINSCRICIÓN actividades curso 2017/2018.


DATA LÍMITE PARA ENTREGAR O PRESENTE DOCUMENTO 27 DE XUÑO DE 2017

- NA OFICINA OU BUZÓN DO A.P.A. AS MARIÑAS. Telf: 606 75 87 49 – 654 04 89 12

- NO CORREO ELECTRÓNICO DO APA AS MARIÑAS (anpa.asmarinas@gmail.com)

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN. BOAS VACACIÓNS!!

3ª sesión do PROXECTO APPconXuntos 3.0

COMPRÁCENOS CONVIDARVOS Á XORNADA :

3ª sesión do PROXECTO APPconXuntos 3.0


TERÁ LUGAR UNHA CONFERENCIA IMPARTIDA POR MARCELO CASTELO que versará sobre :

 O éxito e o fracaso.
 As funcións da intelixencia e as intelixencias múltiples


.- Dirixido a : alumnado de 6º de E.P. e E.S.O., Mestres, pais, nais e titores

.- Día : Mércores 21 de xuño de 2017

.- Hora : 11.30 h. ate 13.30 h.

.- Lugar : Auditorio Edificio A Senra



A súa presenza no acto será sen dúbida moi valiosa, os temas tratados na conferencia poden ser do seu interese.


Agradecemos a súa presenza

martes, 20 de junio de 2017

Mensaje del CPI Cruz do Sar.


PREVISION FOLGA DE TRANSPORTE ESCOLAR: Teñen que vir recoller aos seus fillos à saida do comedor (Primaria às 3 da tarde e Secundaria 3:40 horas). Maña xoves a previsiòn é que tampouco haberà transporte escolar.

jueves, 15 de junio de 2017

Programa "Préstamo de libros de texto" Concello de Bergondo.




Concello de Bergondo: Convocatoria do programa "Axudas Xenéricas" durante o curso escolar 2017-18





Axudas para a escolarización de menores do Concello de Bergondo 2017-18



Admisión de alumnos/as en centros docentes sostenidos con fondos públicos.

Solicitude fora de prazo curso 2017/18.






Axudas para adquisición de libros de texto 2017/18 e Fondo Solidario.







Solicitud Comedor Escolar 2017/18

Entregar na Secretaría ata o 10 Xullo de 2017.




PROGRAMA DE ACTIVIDADES: FESTA FIN DE CURSO E PECHE DAS ACTIVIDADES.

Permitese a entrada de coches á zona do monte dende as 8:30 h. ata as 10:00 h. para descargar todo o necesario para a comida.




martes, 13 de junio de 2017

PROGRAMA DE ACTIVIDADES: FESTA FIN DE CURSO E PECHE DAS ACTIVIDADES.



Festa fin de Curso: Aviso Patinaxe



 EQUIPAMENTO DE PATINAXE : 


CAMISETA VERDE : 3,00 EUROS

CAMISETA AMARELA : 3,00 EUROS

CAMISETA NEGRA : 3, 00 EUROS

PANTALÓN CURTO NEGRO : 3,99 EUROS

PANTALÓN LONGO NEGRO : 3,99 EUROS

MEDIAS : 5,00 EUROS

COBREPATÍNS : 4,50 EUROS

Por axilizar a entrega da equipación que falta, que non foi entregada este luns, mandarémosvolos por cada alumno,-a entregaremos no comedor ou podedes vir o xoves pola tarde que estaremos no APA co horario habitual.


NUMERO CONTA BANCARIA DA APA AS MARIÑAS PARA FACER A TRANSFERENCIA DO PAGO DA EQUIPACIÓN DE CADA ALUMNO, RÓGASE POÑAN O NOME DO ALUMNO,-A PARA FACILITAR A LOCALIZACIÓN DOS PAGOS : 

ES41 2080 0045 9230 4000 1481

Aviso ás patinadoras e patinadores dos tres grupos : 

Deberán estar no pavillón UNHA HORA ANTES DO INICIO DA EXHIBICIÓN. As nenas traerán o pelo recollido en cola de cabalo alta o grupo dos martes e mércores e o grupo do luns traerán dúas trenzas


GRAZAS.


martes, 6 de junio de 2017

Concerto de Música.


Ensayo general de varias actividades para la Fiesta de Fin de Curso día 17 de junio.


Taekwondo:
Lunes 5 y 12 y miércoles 14 de 15:30 a 17:00 h.

Patinaje:
Lunes 12 de 15:30 a 17:00 h.

Robótica: 
(*) Sábado 17 a las 11h.

Ximnasia Acrobática:
Jueves 15 de 15:15 a 17:00 h.

Ensayo para Concierto de música 10 de junio.
Martes 6 de 15:15 hasta las 17:00 h.

El día del concierto, los alumnos deberán estar en A Senra a las 10:30 h.
Concierto de 11:30 a 12:30 h.

(*) Por motivos ajenos al APA se cambia al sábado)

Estamos utilizando el WhatsApp para enviar información relativa Apa “As Mariñas”.

Por favor, guarde en su agenda de contactos el número 654 04 89 12.

Los mensajes se envían como lista de difusión.



viernes, 2 de junio de 2017

Éxito de participación na I Festa das ANPAs da Escola Pública.


O pasado sábado 27 de maio, xuntámonos máis de 1200 persoas, de case trinta ANPAs de centros públicos de toda a Provincia, para celebrar a I Festa das ANPAs da Escola Pública.

E é que non todo vai ser traballar a reo nos centros pola educación dos nosos fillos, pola gratuidade dos libros de texto, organizando actividades extraescolares, comedores, bancos de libros, accións formativas, redactando actas, levando as contas, solicitando subvencións… Decidimos que tamén estaría ben poñernos cara unhas ANPAs a outras, intercambiar opinións e desfrutar dun día en familia… e seica a unha morea de xente gustoulle a idea: xogos tradicionais, exhibición canina, capoeira, festa da escuma… ¡repetiremos!


Queremos agradecer a todos os colaboradores, que nos botaron unha man para que este encontro fora posible, a todos os que traballáchedes na organización, aos monitores das actividades, a Protección Civil, que se encargou da seguridade, aparcadoiros… a Garda Civil e 061 por deixarlles troulear aos cativos neses vehículos tan molones que tedes e, por suposto a todos os que vos achegáchedes a pasar o día connosco.



I Maratón Teatral 3 xuño na Senra.