jueves, 6 de abril de 2017

Xunta: Concurso de fotografía Entendendo as nubes.

A Consellería de Medio Ambiente convoca o concurso de fotografía.
Entendendo as nubes promovido para conmemorar o 23 de marzo de 2017, Día Meteorolóxico Mundial.
Poderán participar nesta convocatoria todos os centros de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Os centros poderán participar nas seguintes categorías:
Primeira categoría, para as etapas de educación infantil e primaria.
Segunda categoría, para as etapas de educación secundaria, bacharelato e formación profesional.


Premios.
Cada unha das tres fotografías seleccionada en cada categoría será recoñecida cun diploma acreditativo do resultado do concurso.


Os/as autores/as da primeira fotografía seleccionada en cada categoría recibirán como premio unha cámara de fotos.


Os/as autores/as das fotografías seleccionadas en segundo e terceiro lugar, en cada categoría, recibirán como premio uns prismáticos.
O prazo para enviar fotografías está aberto ata o 23 de maio de 2017.
+ info Xunta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario