Organizado
polo GRUPO DE CIDADES PATRIMONIO DA HUMANIDADE DE ESPAÑA (GCPHE) en
colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Concurso
de produción de vídeos/curtametraxes dirixido a xente moza de entre 16 e 30
anos de idade sobre as Cidades Patrimonio da Humanidade en España: Alcalá de
Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida,
Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia,
Tarragona, Toledo e Úbeda.
PARTICIPANTES
E REQUISITOS.
O concurso establece dúas categorías, rapazas e rapaces de 16 a
18 anos, e de 19 a 30 anos. Cada participante só poderá presentar unha obra.
Calquera persoa que envíe as súas obras no marco do presente concurso ten que
garantir ser o autor ou autora exclusivos das mesmas e non estar violando,
directa ou indirectamente, os dereitos de terceiras persoas, sendo tan só súa a
responsabilidade polo incumprimento desta cláusula.
No caso dos menores de
idade, estes deberán facer constar unha autorización paterna ou dos titores
para participaren no certame.
A propiedade intelectual das obras será do GCPHE.
A participación no concurso implica
permitir que o GCPHE empregue as obras recibidas nas redes sociais
institucionais, na páxina web corporativa oficial e en calquera outra
actividade expositiva ou divulgativa organizada por este organismo
FORMA
DE PARTICIPACIÓN.
Para a categoría de 16 a 18 anos:
A inscrición farase a través das concellerías
de Xuventude ou centros xuvenís municipais das 15 cidades que forman o GCPHE,
que lle remitirán o formulario de inscrición e a obra ao GCPHE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario