A Casa-Museo Manuel María convoca un concurso de
videopoemas, dirixido a todo o alumnado do ensino non universitario a partir de
3º da ESO. Trátase dun concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de
Rosalía de Castro e de Manuel María.
O concurso ten a finalidade de potenciar a creatividade
artística do alumnado a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe e, ao
mesmo tempo, a difusión da obra poética en galego de Rosalía e a obra de Manuel
María, dúas das voces máis destacadas da poesía galega.
Haberá unha única categoría para a participación neste
certame, que vai de 3º da ESO até 2º de Bacharelato, incluindo Ciclos
Formativos e ensinanzas artísticas.
Os videopoemas participantes deberán ser construídos
sobre a base dun poema
en galego de Rosalía ou dun poema de Manuel María. O poema
escollido deberá aparecer nalgún momento do vídeo sobreimpreso, con
independencia de que apareza tamén doutros xeitos. As videocreacións deberán
presentarse en formato MP4 e non excederán dos 3 minutos de duración (incluídos
os créditos, se os houber).
As pezas deben ser orixinais e inéditas. Caso de seren empregadas músicas, imaxes ou textos alleos deberán estar libres de dereitos de autor para as pezas seren aceptadas.
As pezas deben ser orixinais e inéditas. Caso de seren empregadas músicas, imaxes ou textos alleos deberán estar libres de dereitos de autor para as pezas seren aceptadas.
Os centros interesados en participaren nesta iniciativa
deberanse preinscribir
antes do día 7 de
abril por escrito, mediante o envío dun correo electrónico ao
enderezo contacto@casamuseomanuelmaria.gal
Seralles confirmada a recepción da preinscrición a través de correo electrónico nas 48 horas seguintes a máis tardar.
Seralles confirmada a recepción da preinscrición a través de correo electrónico nas 48 horas seguintes a máis tardar.
Prazo: Os
traballos deberán ser enviados antes do día 27 de abril por calquera medio
dixital.
Antes do 8 de maio a Casa-Museo comunicará os videpoemas seleccionados para a súa proxección na Casa-Museo.
Dita proxección levarase a cabo nun acto público aberto que se celebrará o sábado 20 de maio na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei. Alí o xurado escollido, composto por persoas alleas á organización, valorará os traballos seleccionados e escollerá os premiados.

Premios:
premiaranse os dous mellores videopoemas cunha tablet cada un.
+ Info enlaces.
No hay comentarios:
Publicar un comentario