Esta aplicación nace no contexto do Proxecto Abalar, un compromiso da
Administración galega coa cidadanía galega, no ámbito da integración das novas
tecnoloxías na práctica educativa, para acadar unha resposta integral e de
futuro aos retos que presenta a educación do noso alumnado na sociedade dixital
do século XXI.
AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono
móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de
calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o
sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é
Android).
As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das
seguintes funcionalidades:
• Acceder aos datos persoais
• Consultar as cualificacións
• Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do
centro educativo.
• Consultar as incidencias creadas polo profesorado
• Modificar o idioma da aplicación
A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores
legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación
infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden
acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.
Están a disposición das familias unha guía, na que se mostran as
diferentes funcionalidades e servizos que os representantes legais poden
utilizar dende o seu teléfono móbil, e un formulario para realizar consultas ou
tramitar incidencias relacionadas coa aplicación abalarMóbil.
Actualidade do proxecto 03/04/2017: Actualización
do repositorio de contidos de espazoAbalar con 27 novos recursos educativos
dixitais.
27 novos recursos educativos dixitais.
+ Info Xunta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario