jueves, 6 de abril de 2017

A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña, está a organizar a Iª Festa das ANPAS da Escola Pública federadas da provincia de A Coruña, celebrarase o sábado día 27 de maio de 2017 no Albergue de Gandarío. Un encontro de carácter lúdico para todas as anpas asociadas con actividades adaptadas a todas as idades.





A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña, está a organizar a Iª Festa das ANPAS da Escola Pública federadas da provincia de A Coruña, celebrarase o sábado día 27 de maio de 2017 no Albergue de Gandarío. Un encontro de carácter lúdico para todas as anpas asociadas con actividades adaptadas a todas as idades.

Pretende ser a unión dun xeito festivo dos socios e socias das Asociacións de pais e nais da provincia de A Coruña, estase a programar actividades de tipo cultural, deportivo e de lecer, dirixidas aos nenos, pais e nais, avós/as, mestres que acudan a esta festa na que esperamos participen e gocen nun entorno apropiado. O único requisito de asistencia é estar inscrito a través dunha APA federada (sen custo económico) como a nosa.

O encontró dará comezo ás 10:30 h. da mañá coa recepción e identificación dos asistentes e rematará as 18:30 h. É IMPRESCINDIBLE saber con cantas persoas contamos para participar nesta xuntanza para facilitar a organización das actividades e ubicacións para xantar, polo que deberemos saber cantos socios,-as da APA AS MARIÑAS imos asistir.

 Habilitaranse zonas de xogos comúns dirixidos por monitores cualificados, para que participen adultos e menores, ata a hora da comida campestre que achegan os asistentes (cada familia deberá traer o seu xantar, bebidas, ..), pola tarde teremos música, xogos e remataremos coa festa da escuma para os máis pequenos. Un día para gozar en familia, para comunicar experiencias, divertirse cos seus fillos e compartir especialidades culinarias de cada casa.

Para facilitar a diversión contaremos con voluntarios das ANPAS que axudarán á Federación para organizar aos asistentes e os monitores e os materiais necesarios para cada actividade os aporta a Federación de APAS. Calquer tipo de dúbida rogo a consultedes. Uns días antes informaremos da programación que están desenrolando.

Podedes anotarvos no correo electrónico da APA : anpa.asmarinas@gmail.com antes do vindeiro venres día 21 do presente mes.

Agardamos poder contar coa presenza de moitas familias de Bergondo.

Atentamente,

Xunta Directiva



Todos os nosos socios interesados en participar nesta xornada lúdica campestre no Albergue de Gandarío o sábado 27 de maio de 10:30 a 18:30 h., mandarán por correo electrónico a solicitude cos seguintes datos:

Data limite inscripción  21 abril.


Nº de persoas que acoden á festa:______


Pai/ ou titor:____________________________________________________________
Tfno: _____________________

Nai / Titor:_____________________________________________________________
Tfno: _____________________

Menor:_______________________________________________________________
Idade:___________

Menor:_______________________________________________________________
Idade:___________

Menor:_______________________________________________________________
Idade:___________





Asinado



Lembramos que poden acudir gratuitamente a esta festa de fin de curso TODOS OS SOCIOS do APA AS MARIÑAS, previa inscripción no mail da Asociación. O día da festa os responsables dos menores serán os pais/titores ou persoas que deleguen (por escrito)  notificando a presidencia da APA AS MARIÑAS.

(Cuota socio : 10 euros por curso, inclúe todas as persoas do núcleo familiar)






PARA IMPRIMIR / VER AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario