Bos días!
Este é un adianto da actividades para o curso 2018/2019.
Co inicio do curso, o alumnado levará para casa o horario definitivo e a folla de inscripción para que as familias poidan facerse socias da ANPA, sendo esta unha condición indispensable para formalizar a inscripción ás actividades.
Como se indica no horario, aínda cabe a posibilidade dalgunha modificación nas horas nas que se levan a cabo as actividades ou na organización das mesmas.
Moitas grazas.
jueves, 30 de agosto de 2018
miércoles, 20 de junio de 2018
Abalar Mobil
Abalar Móbil é unha
aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a
través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
AbalarMóbil é unha
aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que
permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a
través destes dispositivos.
A descarga desta
aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é
IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é
Android).
Máis información no seguinte enlace: Espazo Abalar
CPI Cruz do Sar. Listaxes provisionais das solicitudes de Axudas de Material e Libros.
Dado que aínda está aberto o prazo de solicitudes, o dito listaxe non é
definitivo e será actualizado periódicamente.
Polo momento non están concedidos cheques ou libros, so está feito o
tramite da solicitude.
+ info
BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO APA "As Mariñas"
Estimadas familias:
A APA As
Mariñas vai continuar este ano co BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, un
proxecto totalmente altruista que ten por finalidade axudar ás familias e
contribuir a rebaixar o gasto que supón a compra de libros ao comezo de cada
curso.
O BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO consiste en crear
un fondo de libros de texto de tódolos cursos e asignaturas, coa condición de
que eses libros teñan vixencia no curso 2018/2019 no CPI CRUZ do SAR deberán
estar en bo estado. Os libros entregaranse ao Banco de xeito gratuito e
definitivo, sendo a APA a que xestionará a recepción, custodia e adjudicación
posterior dos mesmos por orde de solicitude.
Todo o alumnado e as súas familias poden participar
entregando libros de texto de calquera curso excepto 1º e 2º de Educación Primaria,
os que entreguen libros ao banco terán prioridade para retirar os libros que
precise no vindeiro curso, farase por orde de inscripción. Para ser
beneficiario da solidariedade e xenerosidade dos demáis, é dicir, para poder
optar aos libros do BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, é necesario ser doante
do BANCO, aportando libros, e ser socio/a da APA.
Estaremos na oficina do APA para xestionar o banco de
libros :
Luns 2 de xullo, dende as 11:00 ate as 13:00 h.
Xoves 5 de xullo, dende as 11:00 ate as 13:00 h.
Xoves 6 de setembro, dende as 11:00 ate as 13:00
h.
Luns 10 de setembro, dende as 11:00 ate as 13:00
h.
Un saúdo,
Xunta directiva APA AS MARIÑAS
martes, 12 de junio de 2018
1º premio do Concurso Literario 2018 da Agrupación Cultural O FACHO.
A
Alumna do 2º curso da ESO, Mariña García Iglesias, obtivo o 1º premio da
categoría (Rapaces e rapazas de 13 a 16 anos) no Concurso literario 2018
organizado pola Agrupación Cultural O FACHO.
Primeiro
premio: A princesiña peideira de Mariña García Iglesias, Alumna do CPI Cruz do
Sar, Bergondo (A Coruña)
Fondo Solidario de libros de Texto. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
O prazo de solicitude, tanto para os alumnos de PRIMARIA como
SECUNDARIA, independentemente de que o alumnado teña materias pendentes e deba
examinarse en Setembro: 22 de maio a 22 de xuño de 2018
Comedor Escolar
Lembrarlles
que xa se repartiu nas aulas a solicitude para o servizo de comedor escolar
para o vindeiro curso académico 2018/2019.
Teñan
en conta que para o cálculo do prezo do servizo de comedor deberán facer o
cálculo da renda per cápita familiar, que se obten a partir de 3 casiñas do
IRPF 2017, imposto que está actualmente en proceso de presentación, polo que se
recollerán as solicitudes ata o 10 de xullo de 2018, co fin de elaborar as
listaxes de usuarios para o vindeiro curso escolar. De todos os xeitos, no caso
de que non o presentaran, e sempre que haxa prazas, poderán solicitalo máis
adiante, cando consideren que precisen empregar o servizo.
Programas do Concello de Bergondo para axudar ás familias dos alumnos do CPI Cruz do Sar na compra de libros de texto para o vindeiro curso
Publicáronse
no BOP os programas do Concello deBergondo para axudar ás familias dos alumnos do CPI Cruz do Sar na
compra de libros de texto para o vindeiro curso:
Programa
de axudas xenérica: dirixido a 1º e 2º de primaria. Entregarase a cada
solicitante un libro que será da súa propiedade. A recollida será do 30 de
xullo ao 3 de agosto. + aquí
Programa
de préstamo de libros de texto: desde 3º a 6º de Primaria e todos os cursos da
ESO. Son exemplares depositados ao final do curso polos anteriores alumnos e
agora serán recollidos polos novos. O prazo de presentación de solicitudes
remata vai do 20 ao 29 de xuño. + aquí
Lembra
que este tipo de axudas outórganse independientemente do nivel de renda.
Ayudas a la conciliación de la vida familiar y laboral como medida de fomento de la corresponsabilidad para los trabajadores que se acojan a la reducción de su jornada de trabajo.
¿A
quién va dirigido?
Podrán ser beneficiarias de las ayudas
previstas en esta convocatoria las personas físicas que se acojan a la medida
de reducción de jornada entre el 1 de junio de 2017 y el 30 de junio de 2018,
ambos inclusive, hombres y familias monoparentales, según lo siguiente:
a) Los hombres que se acojan a la
reducción de jornada según lo establecido en el artículo 5 de esta resolución y
sean trabajadores por cuenta ajena, tanto de la empresa privada como de las
administraciones públicas, organismos autónomos, entes públicos de derecho
privado y empresas públicas dependientes de ellas, con independencia de que su
vínculo sea laboral, funcionarial o estatutario, y los socios de las sociedades
cooperativas siempre que estos últimos pertenezcan al régimen general de la Seguridad
Social.
Plazo de presentación: ABIERTO
01/06/2018 - 02/07/2018
+ info XUNTA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



