Estimadas familias:
A APA As
Mariñas vai continuar este ano co BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, un
proxecto totalmente altruista que ten por finalidade axudar ás familias e
contribuir a rebaixar o gasto que supón a compra de libros ao comezo de cada
curso.
O BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO consiste en crear
un fondo de libros de texto de tódolos cursos e asignaturas, coa condición de
que eses libros teñan vixencia no curso 2018/2019 no CPI CRUZ do SAR deberán
estar en bo estado. Os libros entregaranse ao Banco de xeito gratuito e
definitivo, sendo a APA a que xestionará a recepción, custodia e adjudicación
posterior dos mesmos por orde de solicitude.
Todo o alumnado e as súas familias poden participar
entregando libros de texto de calquera curso excepto 1º e 2º de Educación Primaria,
os que entreguen libros ao banco terán prioridade para retirar os libros que
precise no vindeiro curso, farase por orde de inscripción. Para ser
beneficiario da solidariedade e xenerosidade dos demáis, é dicir, para poder
optar aos libros do BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, é necesario ser doante
do BANCO, aportando libros, e ser socio/a da APA.
Estaremos na oficina do APA para xestionar o banco de
libros :
Luns 2 de xullo, dende as 11:00 ate as 13:00 h.
Xoves 5 de xullo, dende as 11:00 ate as 13:00 h.
Xoves 6 de setembro, dende as 11:00 ate as 13:00
h.
Luns 10 de setembro, dende as 11:00 ate as 13:00
h.
Un saúdo,
Xunta directiva APA AS MARIÑAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario