martes, 12 de junio de 2018

Comedor Escolar



Lembrarlles que xa se repartiu nas aulas a solicitude para o servizo de comedor escolar para o vindeiro curso académico 2018/2019.
 Teñan en conta que para o cálculo do prezo do servizo de comedor deberán facer o cálculo da renda per cápita familiar, que se obten a partir de 3 casiñas do IRPF 2017, imposto que está actualmente en proceso de presentación, polo que se recollerán as solicitudes ata o 10 de xullo de 2018, co fin de elaborar as listaxes de usuarios para o vindeiro curso escolar. De todos os xeitos, no caso de que non o presentaran, e sempre que haxa prazas, poderán solicitalo máis adiante, cando consideren que precisen empregar o servizo. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario