jueves, 7 de mayo de 2020

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO 2020/2021

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO 2020/2021



🛎 A partir do próximo luns, vólvese abrir o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de novo alumnado.


📆 PRAZO: 11 maio - 18 maio


RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop),do 5 de maio de 2020: páx. 19132 deste documento.



📌 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Vía sede electrónica da Xunta neste enlace.


Remitindo o formulario (pdf ou jpg) ao enderezo electrónico do centro (só para Educación Primaria e ESO): cpi.cruz.sar@edu.xunta.gal

Toda a información na páxina web do CPI Cruz do Sar AQUÍ





sábado, 28 de marzo de 2020

Enquisa ás familias sobre a educación non presencial durante a crise do coronavirus

CONFAPA GALICIA (Confederación galega de asociacións de nais e pais de alumnos de centros públicos) creou unha enquisa para coñecer a opinión das familias sobre a educación no presencial despois de que colexios e institutos pechasen as súas portas polo estado de alarma tras a propagación do COVID-19.


Só precisamos dous minutos do teu tempo para esta enquisa telemática á que se pode acceder na seguinte ligazón: ENQUISA CONFAPA.


AGRADECERÍAMOS A COLABORACIÓN DAS NOSAS SOCIAS E SOCIOS DA APA "AS MARIÑAS".


GRAZAS!







Axudas ás familas do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar

ℹ️ Orde onde se establecen as bases reguladoras das AXUDAS de carácter directo ás familias do ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.

🔔 “Determínase que o prezo máximo a satisfacer en concepto de compensación por materias primas é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 €) no casos de gratuidade total e de un euro e cincuenta céntimos (1,50 €) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 €) pola prestación do servizo.”

🔔 “Esta orde compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta, que para os efectos educativos comezaron o día 16 de marzo e que totalizan 9 días lectivos [...] compútase un total de 28 días lectivos para os efectos de cuantificar o importe global dos créditos orzamentarios precisos para atender as compensacións.”

🔔 “As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal “

🔔 “Establécese un PRAZO especial DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES para atender o pagamento das compensacións que comezará ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e REMATARÁ O 6 DE ABRIL, ambos os dous incluídos.”

Ligazón a orde AQUÍ

Folleto informativo nesta ligazón


martes, 24 de marzo de 2020

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DURANTE A CRISE DO COVID-19

Estimados socios e socias,

Informámosvos que debido á crise que estamos a vivir a nivel global, intentamos reorganizar as actividades extraescolares para adaptarnos a esta nova situación pero resulta inviable, por múltiples motivos para o conxunto do alumnado, acceder a clases on line durante este periodo. Por esta causa quedan totalmente suspensas ata que se reinicien as clases no CPI Cruz do Sar.

Por outro lado, informamos que non se devolverá o importe das actividades do mes de marzo xa aboadas, senón que se descontará medio mes do próximo no que teñamos actividade.

Quedamos á vosa disposición para resolver calquera dúbida ou incidencia.


Coidádevos moito!


martes, 17 de marzo de 2020

Material para o alumnado do CPI Cruz do Sar durante a corentena

Incluimos nesta publicación a información que trasladou o centro ás familias, por se houbera algunha que non a recibira.

Queremos darvos moitos ánimos, especialmente aos vosos fillos e fillas que teñen que vivir á súa idade unha situación que nunca antes ningún de nós pasara. 

Sairemos desta e sairemos tendo a xeración de xente moza máis solidaria da nosa historia. 

Forza, ánimo e coidádevos moito ❤️ 



COMUNICADO ÁS FAMILIAS DO CPI CRUZ DO SAR:
En resposta as moitas consultas das nais, pais, titores legais dos alumnos e dos propios alumnos consideramos pertinente dar uns consellos e información de carácter xeral: Consello: manter a actividade académica na medida do posible repartindo os tempos entre as materias segundo a carga horaria.
Información xeral:
Indicar que na reincorporación ao centro non se farán de xeito inmediato (primeira semana) probas de avaliación, aínda que quedasen pendentes antes da suspensión das clases. -que as instrucións para que os alumnos continúen a súa formación ou reforcen o aprendido se incorporarán por materias nas plataformas habituais na rede de Internet (aula virtual, blogs e correo electrónico).

EDUCACIÓN PRIMARIA
O alumnado de Primaria xa pode continuar coa formacion na casa dende a paxina web do CRUZ DO SAR http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/


PROXECTO #QUEDAMOSNACASA (para Educación Primaria)
Páxina creada para dar resposta ás necesidades xurdidas pola situación de emerxencia na que estamos actualmente como consecuencia do COVID-19.
Inclúe diferentes recursos e ligazóns tanto ao traballo que o claustro pon á disposición das familias coma outros recursos que poidan ser de interese.
https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/aulavirtual2/course/view.php?id=198



viernes, 13 de marzo de 2020

Suspensión das actividades lectivas polo COVID-19

COMUNICADO OFICIAL DO CPI CRUZ DO SAR:

SUSPENSIÓN DAS "ACTIVIDADES LECTIVAS PRESENCIAIS" DENDE O LÚNS 16 DE MARZO.

REINICIO O LÚNS 30 DE MARZO, excepto que a Presidencia da Xunta de Galicia amplie o período de suspensión.

Pregamos teñades paciencia ante esta situación totalmente extraordinaria que nos afecta a todos. De momento non temos moitos datos agás que os nenos deberán permanecer nas súas casas ata nova orde.

Os docentes dos seus fillos titorizarán por medios non presenciais, telemáticos ou doutra índole que consideren oportunos.

O centro permanecerá aberto de 10 a 13 horas, únicamente para tarefas administrativas necesarias.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANULADAS.

Informacion para as familias na paxina web do Cruz do Sar 👉🏼 AQUÍ



lunes, 16 de diciembre de 2019

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA (19 decembro 2019)

Dende a directiva da Apa "As Mariñas" queda convocada unha Asemblea Xeral Ordinaria á que esperamos poidan acudir todos os socios, dada a importancia dos asuntos a tratar.
Data: Xoves, 19 de decembro.
1ª convocatoria: 19:00 h.
2ª convocatoria: 19:30 h.
Lugar: Biblioteca do CPI Cruz do Sar.

ORDE DO DÍA:
1.- Aprobación, se procede, da Acta da Asemblea anterior.
2.- Aprobación de contas, se procede.
3.- Presupostos curso 2019-2020.
4.- Renovación parcial de membros de Xunta Directiva.




sábado, 28 de septiembre de 2019

TARIFAS ESCOLA DE MÚSICA 2019-20

Están son as tarifas da Escola de Música para o curso 2019-2020:
  • Clases 30 min. individual: 40€/mes
  • Clases 45 min. (dous alumnos): 35€/mes
  • Clases 1h. (tres alumnos): 35€/mes
  • Música e movemento: 25€/mes

As clases de linguaxe musical e combo están financiadas pola Apa e son de balde.





miércoles, 11 de septiembre de 2019

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2019-2020

NOTA INFORMATIVA SOBRE O INICIO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2019-2020

As actividades darán comezo o 1 de outubro e rematarán o 31 de maio de 2020.


INSCRIPCIÓN NAS ACTIVIDADES.
Para poder acceder ás actividades é necesario entregar o impreso de inscripción de socio, debidamente cuberto e asinado, ademais de ter realizado o ingreso da cuota anual de 20 euros por familia. 

O luns, 16 de setembro, farase entrega ao alumnado dos  formulareios de inscripción nas actividades (poden descargarse tamén nesta ligazón). O prazo para entregalo rematará o venres, 20 de setembro.


ABONO DAS COTAS.
Realizarse mediante transferencia bancaria (nunca pagos en efectivo) e no seguinte número de conta.

ABANCA ES41 2080 0045 9230 4000 1481

Para facilitar o traballo da tesourería pedimos que fagades os pagos por trimestres. En caso de baixa devolverase o importe se xa fose abonado. Para darse de baixa nunha actividade é imprescindible avisar coa quince días de antelación. En caso contrario, debe abonarse o mes no que cause a baixa na actividade. 

Mantense o desconto dun 20% sobre o custo das actividades para as familias numerosas que deben que deberán presentar o título acreditativo en vigor.


SERVIZO DE AUTOBUSES.
Os autobuses financiados pola APA sairán do CPI Cruz do Sar ás 17:15 horas. Resulta imprescindible achegarnos unha autorización por escrito cando non sexan os pais/nais quenes recollan ao alumnado. Os rapaces e rapazas da ESO poderán baixar na súa parada sen depender dun adulto responsable. O servizo é de martes a venres (incluido o desprazamento á piscina de Sada os venres). Os luns non hai autobús.

O horario das actividades é de 15:15 h. a 17:15 h. Esto implica que a entrega do alumnado que non marche en autobús, ten lugar ao termo da actividade. Entendemos que algunhas veces poden darse imprevistos que impidan chegar con puntualidade, neses casos, e para maior tranquilidade, agradeceríamos que o comuniquedes  ao APA ou ao centro. Se ninguén se presenta a recoller ao neno ou nena á hora de saída e non se localiza aos pais, transcorridos quince minutos de espera, informarase á Policía Local adoptando o protocolo de actuación establecido polo Consello Escolar do centro.


ESCOLA DE MÚSICA MODERNA
Os horarios da escola de música concretaranse nunha reunión entre as familias e oso profesores que terá lugar o 26 de setembro ás 18:30 h. no comedor do centro. Pregamos a asistencia de todos os interesados dada a importancia deste encontro.


Utilizaremos listas de difusión telefónica en cada actividade para enviar información urxente desde o teléfono 654048912. E imprescindible engadilo ao voso listado de contactos co fin de que vos cheguen esas comunicacións.


Para resolver calquera dúbida podedes escribir ao mail anpa.asmarinas@gmail.com ou consultar directamente aos teléfonos 606758749 ou 654048912














HORARIOS ESCOLA DE TEATRO CURSO 2019-2010








miércoles, 28 de agosto de 2019

BANCO DE LIBROS (SETEMBRO)

Lembramos as datas habilitadas na oficina da APA para xestionar o banco de libros durante o mes de SETEMBRO:

- 5 e 6 de setembro (11:30 a 13:00): recollida de libros de Primaria e Secundaria, e entrega de libros de Primaria.

- 11 e 12 de setembro (16:00 a 18:00): recollida e entrega de libros de Secundaria.

Pódense consultar as condicións para ser beneficiario do Banco de Libros nesta ligazón.