martes, 17 de marzo de 2020

Material para o alumnado do CPI Cruz do Sar durante a corentena

Incluimos nesta publicación a información que trasladou o centro ás familias, por se houbera algunha que non a recibira.

Queremos darvos moitos ánimos, especialmente aos vosos fillos e fillas que teñen que vivir á súa idade unha situación que nunca antes ningún de nós pasara. 

Sairemos desta e sairemos tendo a xeración de xente moza máis solidaria da nosa historia. 

Forza, ánimo e coidádevos moito ❤️ 



COMUNICADO ÁS FAMILIAS DO CPI CRUZ DO SAR:
En resposta as moitas consultas das nais, pais, titores legais dos alumnos e dos propios alumnos consideramos pertinente dar uns consellos e información de carácter xeral: Consello: manter a actividade académica na medida do posible repartindo os tempos entre as materias segundo a carga horaria.
Información xeral:
Indicar que na reincorporación ao centro non se farán de xeito inmediato (primeira semana) probas de avaliación, aínda que quedasen pendentes antes da suspensión das clases. -que as instrucións para que os alumnos continúen a súa formación ou reforcen o aprendido se incorporarán por materias nas plataformas habituais na rede de Internet (aula virtual, blogs e correo electrónico).

EDUCACIÓN PRIMARIA
O alumnado de Primaria xa pode continuar coa formacion na casa dende a paxina web do CRUZ DO SAR http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/


PROXECTO #QUEDAMOSNACASA (para Educación Primaria)
Páxina creada para dar resposta ás necesidades xurdidas pola situación de emerxencia na que estamos actualmente como consecuencia do COVID-19.
Inclúe diferentes recursos e ligazóns tanto ao traballo que o claustro pon á disposición das familias coma outros recursos que poidan ser de interese.
https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/aulavirtual2/course/view.php?id=198



No hay comentarios:

Publicar un comentario