Estimadas familias:
A APA As Mariñas vai continuar este ano co BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, un proxecto totalmente altruista que ten por finalidade axudar ás familias a rebaixar o gasto que supón a compra de libros ao comezo de cada curso.
O Banco solidario de libros de texto ten como obxectivo crear un fondo de libros de todos os cursos e asignaturas. Os libros deberán ter vixencia no curso 2019-2020 no CPI CRUZ do SAR e estar en bo estado. Todo o alumnado e as súas familias pode participar entregando libros de texto de calquera curso, excepto 1º e 2º de Educación Primaria.
Os libros entregaranse ao Banco de xeito gratuito e definitivo, sendo a APA quen xestionará a recepción, custodia e adjudicación posterior dos mesmos por orde de solicitude.
Para ser beneficiario do BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO é necesario ser tamén doante e socio/a da APA. A adxudicación de libros farase por orde de inscripción.
Están son as DATAS habilitadas na oficina do APA para xestionar o banco de libros:
2 e 3 de xullo (11:30-13:00): para facer entrega dos libros que se doan ao Banco.
18 de xullo (11:30-13:00): para a recollida de libros de Primaria.
5 e 6 de setembro (11:30-13:00): recollida de libros de Primaria e Secundaria, e entrega de libros de Primaria.
11 e 12 de setembro (16:00-18:00): recollida e entrega de libros de Secundaria.
Agradecemos a todas as familias a confianza depositada nesta Apa e desexamos que pasedes un feliz verán.
Un saúdo,
Xunta directiva APA AS MARIÑAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario