ℹ️ Orde onde se establecen as bases reguladoras das AXUDAS de carácter directo ás familias do ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.
🔔 “Determínase que o prezo máximo a satisfacer en concepto de compensación por materias primas é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 €) no casos de gratuidade total e de un euro e cincuenta céntimos (1,50 €) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 €) pola prestación do servizo.”
🔔 “Esta orde compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta, que para os efectos educativos comezaron o día 16 de marzo e que totalizan 9 días lectivos [...] compútase un total de 28 días lectivos para os efectos de cuantificar o importe global dos créditos orzamentarios precisos para atender as compensacións.”
🔔 “As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal “
🔔 “Establécese un PRAZO especial DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES para atender o pagamento das compensacións que comezará ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e REMATARÁ O 6 DE ABRIL, ambos os dous incluídos.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario