viernes, 8 de junio de 2018

II Maratón Teatral Concello de Bergondo.


 

 

O Concello de Bergondo xunto coa Apa “As Mariñas” e o CPI Cruz do Sar organizan o II Maratón Teatral Concello de Bergondo. Este ano preséntanse sete obras de teatro. Seis delas pertencen á actividade de teatro promovida pola APA e unha delas á primeira compañía de teatro amador de Bergondo Catro Gatos Teatro.

As pezas que se representarán son Un mercado Diferente representada polos alumnos de 4 e 5 de Primaria; Monstruos e Fantasmas representada polos alumnos de 2,3 e 4 de Primaria; PlayMobil representada polos alumnos de 6 Primaria; Pacto Frankestein e Menudo Día representada polos alumnos de 1ESO; Gemelos de Plauto representada polos alumnos de 2ESO e Sogras de Tone Martínez a cargo da compañía Catro Gatos Teatro. Agás as dúas últimas, todas as pezas teatrais son creacións colectivas realizadas polos alumnos e alumnas da actividade.

O maratón de teatro cumple a súa segunda edición co obxectivo de achegar as artes escénicas ós veciños e veciñas da contorna. O maratón chega para quedarse e para se converter nun referente cultural do Concello de Bergondo.

Hora de inicio: 10:30 Hora de remate: 20:30 Lugar: Auditoria de A Senra Prezo: De balde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario