martes, 25 de abril de 2017

NOTA URXENTE


Amplíamos o prazo ate o próximo venres 28 para recoller inscricións á asistencia á festa das APAs dos colexios públicos da provincia da Coruña, organizada pola Federación Provincial de APAs, que se realizará o sábado 27 de maio nas instalacións do albergue de Gandarío.

Podedes enviar a vosa inscrición ao correo electrónico ou deixalo na oficina do APA AS MARIÑAS

Rogamos non esquezades anotar o nome dos rapaces e rapazas xunto coa idade, para facilitar á organización os xogos, distribución de monitores, agasallos, .. Manterase en todo momento a confidencialidade dos datos persoais.

Lembramos que deberedes traer o xantar, roupa cómoda e ganas de pasalo moi ben!! 

sábado, 8 de abril de 2017

Concurso de vídeos en Reservas de la Biosfera: VIDEOSFERA 2017


¡Participar en el nuevo concurso VIDEOSFERA 2017!

Para ello, os proponen que realicéis un vídeo corto en el que expreséis qué supone para vosotros vivir en una reserva de la biosfera y por qué es importante que vuestro territorio haya sido declarado reserva de la biosfera.

El concurso está abierto a todos los habitantes de las reservas de la biosfera españolas y sus zonas de influencia (municipios parcialmente integrados en la reserva). La participación puede ser individual o en grupo, y las categorías del concurso son: mejor vídeo, mejor valoración pública y vídeo joven (de 10 a 16 años).

El plazo para presentar los vídeos y la solicitud de participación se abre el 1 de junio de 2017, y finaliza el 1 de noviembre de 2017.



viernes, 7 de abril de 2017

Concurso de produción de vídeos/curtametraxes.


Dirixido a xente moza de entre 16 e 30 anos de idade sobre as Cidades Patrimonio da Humanidade en España.

Organizado polo GRUPO DE CIDADES PATRIMONIO DA HUMANIDADE DE ESPAÑA (GCPHE) en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Concurso de produción de vídeos/curtametraxes dirixido a xente moza de entre 16 e 30 anos de idade sobre as Cidades Patrimonio da Humanidade en España: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.

PARTICIPANTES E REQUISITOS.

O concurso establece dúas categorías, rapazas e rapaces de 16 a 18 anos, e de 19 a 30 anos. Cada participante só poderá presentar unha obra. 

Calquera persoa que envíe as súas obras no marco do presente concurso ten que garantir ser o autor ou autora exclusivos das mesmas e non estar violando, directa ou indirectamente, os dereitos de terceiras persoas, sendo tan só súa a responsabilidade polo incumprimento desta cláusula. 

No caso dos menores de idade, estes deberán facer constar unha autorización paterna ou dos titores para participaren no certame. 

A propiedade intelectual das obras será do GCPHE.  A participación no concurso implica permitir que o GCPHE empregue as obras recibidas nas redes sociais institucionais, na páxina web corporativa oficial e en calquera outra actividade expositiva ou divulgativa organizada por este organismo

FORMA DE PARTICIPACIÓN.

Para a categoría de 16 a 18 anos:
 A inscrición farase a través das concellerías de Xuventude ou centros xuvenís municipais das 15 cidades que forman o GCPHE, que lle remitirán o formulario de inscrición e a obra ao GCPHE.





APP Abalar permite ás familias consultar a información dos seus fillos coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias.

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

Esta aplicación nace no contexto do Proxecto Abalar, un compromiso da Administración galega coa cidadanía galega, no ámbito da integración das novas tecnoloxías na práctica educativa, para acadar unha resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación do noso alumnado na sociedade dixital do século XXI. 

AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 

As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

• Acceder aos datos persoais
• Consultar as cualificacións
• Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
• Modificar o idioma da aplicación

A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.

Están a disposición das familias unha guía, na que se mostran as diferentes funcionalidades e servizos que os representantes legais poden utilizar dende o seu teléfono móbil, e un formulario para realizar consultas ou  tramitar incidencias relacionadas coa aplicación abalarMóbil.

Actualidade do proxecto 03/04/2017:  Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 27 novos recursos educativos dixitais.

 27 novos recursos educativos dixitais.


+ Info Xunta.



jueves, 6 de abril de 2017

A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña, está a organizar a Iª Festa das ANPAS da Escola Pública federadas da provincia de A Coruña, celebrarase o sábado día 27 de maio de 2017 no Albergue de Gandarío. Un encontro de carácter lúdico para todas as anpas asociadas con actividades adaptadas a todas as idades.





A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña, está a organizar a Iª Festa das ANPAS da Escola Pública federadas da provincia de A Coruña, celebrarase o sábado día 27 de maio de 2017 no Albergue de Gandarío. Un encontro de carácter lúdico para todas as anpas asociadas con actividades adaptadas a todas as idades.

Pretende ser a unión dun xeito festivo dos socios e socias das Asociacións de pais e nais da provincia de A Coruña, estase a programar actividades de tipo cultural, deportivo e de lecer, dirixidas aos nenos, pais e nais, avós/as, mestres que acudan a esta festa na que esperamos participen e gocen nun entorno apropiado. O único requisito de asistencia é estar inscrito a través dunha APA federada (sen custo económico) como a nosa.

O encontró dará comezo ás 10:30 h. da mañá coa recepción e identificación dos asistentes e rematará as 18:30 h. É IMPRESCINDIBLE saber con cantas persoas contamos para participar nesta xuntanza para facilitar a organización das actividades e ubicacións para xantar, polo que deberemos saber cantos socios,-as da APA AS MARIÑAS imos asistir.

 Habilitaranse zonas de xogos comúns dirixidos por monitores cualificados, para que participen adultos e menores, ata a hora da comida campestre que achegan os asistentes (cada familia deberá traer o seu xantar, bebidas, ..), pola tarde teremos música, xogos e remataremos coa festa da escuma para os máis pequenos. Un día para gozar en familia, para comunicar experiencias, divertirse cos seus fillos e compartir especialidades culinarias de cada casa.

Para facilitar a diversión contaremos con voluntarios das ANPAS que axudarán á Federación para organizar aos asistentes e os monitores e os materiais necesarios para cada actividade os aporta a Federación de APAS. Calquer tipo de dúbida rogo a consultedes. Uns días antes informaremos da programación que están desenrolando.

Podedes anotarvos no correo electrónico da APA : anpa.asmarinas@gmail.com antes do vindeiro venres día 21 do presente mes.

Agardamos poder contar coa presenza de moitas familias de Bergondo.

Atentamente,

Xunta Directiva



Todos os nosos socios interesados en participar nesta xornada lúdica campestre no Albergue de Gandarío o sábado 27 de maio de 10:30 a 18:30 h., mandarán por correo electrónico a solicitude cos seguintes datos:

Data limite inscripción  21 abril.


Nº de persoas que acoden á festa:______


Pai/ ou titor:____________________________________________________________
Tfno: _____________________

Nai / Titor:_____________________________________________________________
Tfno: _____________________

Menor:_______________________________________________________________
Idade:___________

Menor:_______________________________________________________________
Idade:___________

Menor:_______________________________________________________________
Idade:___________





Asinado



Lembramos que poden acudir gratuitamente a esta festa de fin de curso TODOS OS SOCIOS do APA AS MARIÑAS, previa inscripción no mail da Asociación. O día da festa os responsables dos menores serán os pais/titores ou persoas que deleguen (por escrito)  notificando a presidencia da APA AS MARIÑAS.

(Cuota socio : 10 euros por curso, inclúe todas as persoas do núcleo familiar)






PARA IMPRIMIR / VER AQUÍ

Curso de iniciación al remo


Xunta: Concurso de fotografía Entendendo as nubes.

A Consellería de Medio Ambiente convoca o concurso de fotografía.
Entendendo as nubes promovido para conmemorar o 23 de marzo de 2017, Día Meteorolóxico Mundial.
Poderán participar nesta convocatoria todos os centros de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Os centros poderán participar nas seguintes categorías:
Primeira categoría, para as etapas de educación infantil e primaria.
Segunda categoría, para as etapas de educación secundaria, bacharelato e formación profesional.


Premios.
Cada unha das tres fotografías seleccionada en cada categoría será recoñecida cun diploma acreditativo do resultado do concurso.


Os/as autores/as da primeira fotografía seleccionada en cada categoría recibirán como premio unha cámara de fotos.


Os/as autores/as das fotografías seleccionadas en segundo e terceiro lugar, en cada categoría, recibirán como premio uns prismáticos.
O prazo para enviar fotografías está aberto ata o 23 de maio de 2017.
+ info Xunta.