Na Asemblea extraordinaria que se convocou o venres, para
falar do problema actual na APA AS MARIÑAS, acordouse a cancelación inmediata e cautelar do servizo de entrega a
domicilios en autobuses ao non dispoñer de acompañantes que poidan ir nos dous
autobuses financiados pola APA.
SUSPÉNDESE o servizo de autobuses para entrega do alumnado a
domicilios, a partir do MARTES 31 DE
XANEIRO do ano en curso (último día), en tanto non se presenten 10
acompañantes que permitan que o servizo continue ás 17:15h.
Non se suspende a actividade de piscina, irán a Sada e
volverán ao CPI en bus pero deberán vir recollelos ao Colexio ás 17:15 horas o
na piscina (avisando á persona do APA que esté co grupo).
Convocaremos unha Asemblea o vindeiro venres día 17 de
febreiro para decidir entre todos os asociados a suspensión definitiva ou as
condicións económicas e consecuencias da súa continuidade para este curso.
Caso de afectar esta medida ao número de inscritos nas
actividades extraescolares, lamentablemente, verémonos obrigados a suspender
aquelas actividades que non teñan un mínimo de 8 alumnos por grupo.
Lembramos que o recinto escolar pecha ás 17:15 horas. Hora na
que tanto monitores, directivos do APA AS MARIÑAS e profesores de garda
marcharán do Colexio.
Estamos abertos a atender calquera solución que se nos poida
achegar para solucionar este problema tan importante e que afecta, sobre todo,
ao alumnado e á conciliación laboral das familias.
Atentamente,
Xunta Directiva da APA AS MARIÑAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario