jueves, 2 de febrero de 2017

Conferencia APP con XUNTOS 3.0 Impartida por Marcelo Castelo.

No auditorio de A Senra o vindeiro luns día 6, de 15:45 a 17:25 h. o experto en comunicación, D. MARCELO CASTELO RIVAS, impartirá unha conferencia para o alumnado, familias e profesorado.

Este curso 2016-2017, ven todos os xoves ao CPI CRUZ DO SAR, para compartir a súa metodoloxía en cada aula, acompañado dos titores, dende Sexto de E. Primaria ate Terceiro da ESO.

Nesta conferencia están convidados o alumnado co que colabora neste curso e o de Cuarto da ESO, as súas familias e os mestres do Colexio. E necesario que as familias veñan co alumnado de Sexto de Primaria por ser horario de tarde.

Agardamos contar coa vosa presenza neste importante evento, sendo a temática de interese de todo o auditorio, ademáis do positivo que será unir ás partes máis importantes da nosa Comunidades Escolar : familias, alumnado e mestres.

Queremos encher o auditorio!

1 comentario:

  1. Para min será un privilexio compartir este momento con todos vos no que espero que ademáis de aprender algunha cousiña o pasemos ben todos xuntos. Moitas grazas pola vosa asistencia.

    ResponderEliminar