martes, 24 de enero de 2017

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA



Polo presente convócase a todas as familias asociadas para que asistan á asemblea extraordinaria que se celebrará o vindeiro venres día 27 de xaneiro, ás 19:00 horas en primeira convocatoria, 19:30 horas en segunda convocatoria, déixase constancia que de non existir o quorum mínimo para a primeira convocatoria, esperarase media hora e a asemblea iniciarase co número de asociados presente, a celebrar no comedor do CPI CRUZ DO SAR, co seguinte.

ORDE DO DÍA:
1º.- Informar e resolver a falta de acompañantes en autobuses de actividades extraescolares.

2º.- Informar e resolver a falta de voluntarios para estar polas tardes na oficina do APA.

3º.- Informar sobre o traballo a desenrolar no CPI por Marcelo Castelo Rivas.

4º.- Resolver sobre a necesidade de facer listas de difusión telefónicas para cada actividade extraescolar.

Esperamos contar coa vosa presenza dada a importancia dos asuntos para tratar e toma de decisión relacionada coa falta de voluntarios,-as. Todos os socios presentes terán voz e contarán con voto aqueles asociados que teñan regularizado o pago das cotas antes do horario de inicio da Asemblea.

Saúdos,
Mª José Ferreño Precedo

Presidenta APA AS MARIÑAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario