lunes, 22 de octubre de 2012



I XORNADA EMERXENCIAS NO CPI CRUZ DO SAR

 

    O vindeiro mércores día 24 os nosos fillos terán unha ESCOLA diferente, poderán participar nunha amplia mostra de medios e recursos para atender a situacións de emerxencias e seguridade cidadá.

     Comenzá ás 10.30 no pavillón do Colexio cunha parte teórica -impartida por profesionais-, mostra do traballo de cans policías especialmente adiestrados da Garda Civil, a posteriori ate as 13.30 horas, continuarán coa parte de carácter práctica no aparcamento de A Senra coas explicacións didácticas e coa exhibición de tódalas dotacións e medios dos que dispoñen os Organismos colaboradores para protexer e salvar ás persoas.

 

     Organismos que participan:

 

     .- Guardia Civil de Tráfico de A Coruña

     .- Patrulla da Guardia Civil Rural do Cuartel de Sada

     .- Axentes do Plan Integral de Mellora de Convivencia Escolar

     .- Servizo Cinolóxico da Guardia Civil de A Coruña

     .- Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA)

     .- Servizo Marítimo Provincial da Guardia Civil de A Coruña

     .- Protección Civil de Bergondo

     .- Axencia Galega de Emerxencias : AXEGA

     .- Bombeiros do Consorcio Provincial de A Coruña : Betanzos

     .- Policía Local de Bergondo

 

     O obxectivo desta actividade é informar e sensibilizar ao alumnado de Primaria e Secundaria do CPI Cruz do Sar e dar a coñecer como traballan e actúan estes servizos de emerxencias diante das diferentes situacións inesperadas así como coñecer de primeira man cales son os materiais dos que dispoñen para realizar o seu labor e protexer, salvar persoas e garantizar a seguridade dos cidadáns. Ao mesmo tempo obter o recoñecimento merecido por parte da Comunidade Educativa a ese traballo e dedicación esencial para a nosa seguridade e tranquilidade.

     Queremos amosar o noso agredecimento pola colaboración e esforzo dos Organismos e Corpos de Emerxencias colaboradores nesta I Xornada, que sen o seu esforzo voluntario sería imposible a realización deste evento tan lúdico como didáctico para os nosos fillos e fillas, asemade aos mestres e equipo directivo do Colexio e ao Concello de Bergondo que nos está facilitando a ubicación idónea para conseguir que esta I Xornada de Emerxencias sexa un éxito.

     Atentamente,

     Xunta directiva APA AS MARIÑAS       


       
 

        

No hay comentarios:

Publicar un comentario