jueves, 3 de septiembre de 2020

Protocolo Covid e Actividades Extraescolares Curso 2020-2021

Tendo presente o último “Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID-19 nos Centros de Ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021” do 31 de agosto, a directiva desta Asociación de nais e país do CPI Cruz do Sar de Bergondo temos moitas dúbidas sobre cómo afectan ditas directrices á organización e xestión eficaz das actividades extraescolares.

A Consellería de Educación non contou coas ANPAS na elaboración do protocolo e non resulta claro respecto ás pautas e á organización das actividades extraescolares. 

Acordamos acatar dito protocolo da forma más restrictiva e literal, pola responsablidade que implica e que non podemos asumir como simples voluntarias dunha asociación de familias. Tememos que impedirá organizar moitas das actividades dado que será moi difícil respetar os denominados “grupos burbulla” nas extraescolares.

Ao tempo, cumpriremos coas indicacións que se desenvolverán en horario escolar, e que con tanto esforzo foron evaluadas por parte do equipo directivo, o profesorado e o concello.


A día de hoxe non temos instruccións por parte da Consellería, pero existen pautas de obrigado cumprimento:

.- manter os grupos de convivencia por aula (grupo 10 al.)

.- manter distancias interpersoais

.- hixiene de mans e entorno próximo

.- mascarillas

.- grupos con limitación de contactos en monitorado

.- non se permitirá acceder ás familias ao recinto escolar

.- a oficina da APA estará pechada ao público polas tardes, priorizaremos teléfono e correo electrónico

.- informaremos, polo miudo, do Plan de Actuación que implantaremos neste curso, unha vez o teñamos visado no Colexio, horarios, actividades, etc..

 

Co inicio de curso solicitaremos inscripción nas actividades, véndonos obrigados a facer selección por grupos de 10, respetando os grupos de convivencia escolar e adaptarémonos aos espazos dispoñibles e que cumplan cos requisitos do Protocolo.

Parécenos moi inxusto que non poidan conciliar todas as familias que necesiten esas actividades polas tardes, pero debemos priorizar a saúde na comunidade educativa do CPI Cruz do Sar. Modificaremos actuacións durante o curso seguindo coa evolución sanitaria e iremos  publicando as novas que se vaian producindo no blogue e nas nosas redes respecto ao Plan de Actuación que seguiremos neste curso coas actividades extraescolares.

Agardamos confiedes no meticuloso traballo que se está a desenvolver.

Xunta Directiva APA AS MARIÑAS



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario