viernes, 17 de marzo de 2017

VIII Concurso de viñetas, “IgualMente” convocado pola Deputación da Coruña

Dende Servizos Sociais da Deputación da Coruña, se convoca no marco das actividades da Conmemoración do 8 de marzo 2017 “Día das mulleres”,  o VIII  Concurso de viñetas, baixo o título “IgualMente”. 

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos. O prazo de admisión de obras ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e péchase o 12 de abril de 2017.

En canto aos premios, seleccionarase tres traballos finalistas en cada categoría: 
CATEGORIA A: (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos) 
CATEGORIA B: (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos). 
Nas dúas categorías, o primeiro premio recibirá un iPAD AIR e unha colección de cómics e o segundo e terceiro premio unha TABLET e unha colección de cómics.

+ info Concello de Bergondo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario