PARTICIPA NO
BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. BENEFÍCIASTE TÍ, BENEFICIÁMONOS TODOS !
|
A APA As Mariñas vai continuar este ano co
BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, un proxecto totalmente altruista que ten
por finalidade axudar ás familias e contribuir a rebaixar o gasto que supón a
compra de libros ao comezo de cada curso.
O BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO consiste en crear
un fondo de libros de texto de tódolos cursos e asignaturas, coa condición de
que eses libros teñan vixencia no curso 2016/2017 no CPI CRUZ do SAR e
que estean en bo estado. Os libros entregaranse ao Banco de xeito gratuito
e definitivo, sendo a APA a que xestionará a recepción, custodia e
adjudicación posterior dos mesmos por orde de solicitude.
Todo o alumnado e as súas familias poden
participar entregando libros de texto de calquera curso excepto 1º e 2º de
primaria. Cantos máis libros se aporten ao fondo, máis necesidades se poderán
atender e maior será o número de familias beneficiadas.
Para ser beneficiario da solidariedade e xenerosidade
dos demáis, é dicir, para poder optar aos libros do BANCO SOLIDARIO DE LIBROS
DE TEXTO, é necesario ser doante do BANCO, aportando libros, e ser socio/a
da APA, a excepción dos alumnos de primaria (1º, 2º, 3º e 5º primaria non poden deixar libros) que só terán que ser
socios e solicitar os libros.
Os alumnos podrán entregar os libros na
oficina do APA os seguintes días:
-
Día 23 de xuño, dende as
11.00 h. ata as 13,00 h.
-
Día 27 de xuño, dende as 11,00 h. ata as 13,00 h.
-
Día 8 de setembro, dende
as 11.00 h. ata as 13,00 h.
-
Día 9 de setembro, dende
as 11,00 h. ata as 13,00 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario