Cofundadora e ntegrada na Confederación Española de AMPAs
CIRCULAR PARA AS ANPAS E AS
FAMILIAS SOBRE A FOLGA EUCATIVA E BALEIRADO DE AULAS DO 26 DE OUTUBRO.
O vindeiro 26 de outubro
convocamos unha folga xeral educativa contra as revalidas, contra a
LOMCE e contra os recortes en educación que vimos sufrindo os últimos anos.
Dita folga consistirá en baleirar as aulas de todos os centros educativos do
país.
A convocatoria é conxunta cos
nosos fillos e fillas, alumnado que está ameazado coas reválidas e que soporta
a cotío nos seus centros educativos a implantación da LOMCE e os recortes
impostos, atacando así o seu dereito á educación.
Presentáronse un bo número de recursos
ante os tribunais; a nosa organización tamén os presentou xunto con CEAPA
na AudIiencia Nacional, a quen solicitamos a suspensión cautelar do Real
Decreto das reválidas publicado no BOE o 30 de xullo pasado. Estamos á
espera do pronunciamento de dita instancia xudicial porque, de non se realizar
a suspensión cautelar solicitada, as reválidas continuarán en vixencia e, chegada
a data se non hai derrogación expresa terán que realizarse.
Algunhas Comunidades Autónomas
xa anunciaron, ademáis de presentar recursos, que non farán as reválidas a
final de curso. Iso, agás que se anulen legalmente, será imposible. As
Administracións Educativas autonómicas están obrigadas á súa realización e, de
seguir vixentes o día que se marque no calendario escolar, teranse que facer
para non cometer posibles delictos polo incumprimento dunha norma de carácter
básico.
Desde que se impuxo a LOMCE,
asistimos tamén á aprobación reiterada de proposicións non de lei (PNL) e a
resolucións que piden unha e outra vez a súa derrogación, a paralización do seu
calendario e a eliminación das reválidas. Todo isto é moi importante para amosar
que o rexeitamento da lei e específicamente das reválidas, é maioritario,
mais carece de forza legal que poida obrigar ao Goberno a súa anulación.
Os pais e as nais non
queremos, nin debemos, quedar cruzados de brazos pensando que serán outros os encargados de que as
probas non se realicen, porque seguramente rematarán pedindo desculpas por non
facer outra cousa que realizalas aínda que recalcando que “fixeron todo o
posible por evitalo pero non teñen competencia para eliminalas”. Non podemos
tampouco esperar a que os tribunais, agás que nos concedan a suspensión
cautelar, anulen o Real Decreto de reválidas e as paralicen. Nin cabe esperar
as actuacións dun Congreso que leva supeditado a un goberno en funcións cáse
que un ano.
Debemos actuar e actuamos. Por iso convocamos a folga o día 26 de outubro e
chamámosvos a secundala baleirando as aulas de todas as etapas do ensino. Defendamos
os dereitos dos nosos fillos e fillas, sobre todo porque eles non poden
defendelos agora debido á súa idade. De non facelo nós, preparade unha boa
resposta cando vos digan: ¿e tí mentres que facías?
Sabemos que as familias que
teñen fillos e fillas que aínda ven lonxe as reválidas pensarán que isto vai
coas familias de quen máis perto as teñen. Non vos trabuquedes. Se só
somos quen de movernos cando a ameaza cae directamente sobre nós, non poderemos
esperar que os demáis nos axuden cando iso suceda. Ademáis, como a vida pasa
máis rápido do que pensamos, axiña vos atoparedes na situación que hoxe vedes
tan lonxana. Debemos actuar todos.
Folga
xeral educativa o 26 de outubro. ¡Aulas baleiras! Non ás reválidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario