martes, 6 de noviembre de 2012

Samaín

Mostramos unha das actividades organizadas polos mestres do Colexio para os rapaces de Primaria como parte das que se prepararon para celebrar o Samaín, resultou moi creativa e divertida para todos, tanto para os rapaces e rapazas do Colexio como para o alumnado das Escolas Unitarias que viñeron de visita.

Os membros do Xurado -alumnos de 4º da ESO- premiaron -nos tres ciclos de Primaria- as cabazas feitas polos rapaces máis terroríficas, imaxinativas, simpáticas e orixinais, cousa ben dificultosa debido ao alto nivel acadado este curso, levoulles horas decidirse entre as máis de 200, posto que eran todas merecedoras de acadar os primeiros postos dos ganadores.


Queremos agradecer que nos permitisen estar presentes á APA nesta festa posto que puidemos ver de primeira man como aproveitan unha actividade lúdica para introducir aspectos didácticos, de xeito que vimos como os mestres desfrutaban cos rapaces e ao mesmo tempo lles ensinaban a superación persoal a unha situación de medo ensinándolles a superalo por si mesmos e amosando o esforzo persoal e creativo no traballo das diferentes cabazas entre outros aspectos importantes sen esquecer que os que máis desfrutaron foron os visitantes máis pequenos.
 
 
Premiadas:
 
Premios 1º Ciclo:
Santiago M. 2º B     Tomas V. 1ºB    Lucas O. 2º B
 
Premios 2º Ciclo:
Lamrot B. 3ºA    Xosé F. 3º A    Brais C. 3ºB
 
Premios 3º Ciclo:
Aitana V. 6ºA    Diego M. 5ºA    Paula F. 6º B
 
Mención especial:
Carla R. 1ºB
 
 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario