jueves, 22 de noviembre de 2012


ANDAINA

contra a violencia de xénero

 

Acto de sensibilización con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero


OBXECTIVO

Con motivo da data do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, o Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas organiza, en colaboración con todos os concellos e asociacións, unha andaina pola ría do Burgo, co fin de, a través dun acto deportivo, amosar o compromiso dos veciños e veciñas dos nove concellos que o integran por erradicar a lacra social que supón a violencia de xénero.

O acto consistirá nunha andaina, duns 7 km, aproximadamente, rodeando a Ría do Burgo e percorrendo tres concellos: Cambre, Culleredo e Oleiros.

FICHA TECNICA DA ANDAINA

Día:   Sábado, 24 de novembro



Horario:      09:30-10:30 recepción dos participantes na Casa das Palmeiras, en Cambre, cada participante recollerá a súa camiseta e unha folla informativa co percorrido e a publicidade das entidades colaboradoras. Está previsto que participen unhas 500 persoas. Nesta mesa haberá membros da comisión organizadora e/ou das entidades colaboradoras.
                  
10:30 Saída da andaina dende o Paseo de Cambre, onde está a pista de fútbol, dende alí vaise polo paseo pola zona do Graxal cara ao Concello de Oleiros.

11:30 Avituallamento no Paseo de Santa Cristina, en Oleiros, onde está a Fábrica. Neste punto é onde está previsto repartir unha bolsa a cada participante con auga, unha mazá e unha barriña enerxética.
 
11:45         Posteriormente dase a volta e se continúa cara a Ponte da Pasaxe e tras cruzalo, acceder ao Paseo do Burgo, pola parte da Conservera Celta e acceder ao lado de Culleredo pola parte de abaixo, onde se fará un reagrupamento. Neste punto é onde está pensado que se unan as persosas con mobilidade reducida que queiran participar na marcha.
 
12:00. Punto de encontro para ás persoas con mobilidade reducida. Lugar: Paseo do Burgo- zona do Lavadoiro (ó carón do posto de aluguer de bicicletas). Neste punto, un membro da organización repartirá camisetas e a folla informativa do percorrido.

12:30 Final do percorrido no Paseo do Burgo, en Culleredo, onde          se lerá un manifesto.

Percorrido: A andaina transcorre arredor da Ría do Burgo, un espazo onde terá unha maior visibilidade, que nos permite facer todo o traxecto por zonas peonís, sen interromper o tráfico, e cunha distancia, 7 km, apta para facerse sen problemas pola maior parte da xente. Atravesa tres concellos do Consorcio As Mariñas, Cambre, Culleredo e Oleiros, nunha zona onde se concentra moita poboación e por un espazo onde vai moita xente a camiñar.
       

                            A única zona onde pode haber problemas cos vehículos e na zona do Concello de Oleiros, nun corto tramo no que as persoas participantes deberán estar atentas ás indicacións que lles fagan os/as colaboradores/as así como a Protección Civil.
                      

                            O percorrido non é totalmente accesible polo que se habilita un 2º punto de encontro ás 12:00 no Paseo do Burgo – zona Lavadoiro (ó carón do aluguer de bicicletas).


Participantes:     poderán participar todas aquelas persoas que estean interesadas e que poidan facer o percorrido sen problemas. Está dirixido tanto e menores de idade acompañados, como persoas adultas, maiores..., polo que sería bo darlle a maior difusión posible entre a cidadanía así como entre as entidades veciñais, deportivas, culturais... de cada concello.

Inscrición:  As inscricións se farán en cada concello, recollendo únicamente o nome da persoa e o seu DNI ou NIE (polo tema do seguro para cubrir aos participantes da proba por se hai algún percance) .

Colaboradores:   haberá un grupo de persoas colaboradoras pertencentes a distintas entidades do territorio Consorcio, que facilitarán co seu apoio o desenvolvemento da andaina e que darán as indicacións oportunas para que transcorra sen dificultades.

                            As entidades que está previsto que colaboren no evento son o Grupo de Voluntarios do Concello de Cambre, a Asociación de Veciños Santaia do Concello de Oleiros, a Asociación Castelo Deporte do Concello de Culleredo e o Club de Atlestimso Sada.


                            A empresa Gadisa vai colaborar no evento co contido da bolsa de avituallamento que se dará a cada un dos participantes.


O manifesto: vaise elaborar un manifesto consensuado entre todos os concellos co fin de leelo ao remate da andaina, así como nos plenos que se celebren o último xoves de mes en cada un dos concellos.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario