viernes, 9 de noviembre de 2012

Consello Escolar




 
 
 
Estimadas familias:

No presente mes se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos CONSELLOS ESCOLARES de Centros, queremos engadir unha breve información á que se recibiu por parte do/a Presidente/a da Xunta Electoral.

QUÉ  É  O  CONSELLO  ESCOLAR ?

É un órgano colexiado de goberno e de participación dos diferentes membros da comunidade educativa do centro. A súa misión é asumir a responsabilidade máxima colexiada do funcionamento da entidade escolar, para o que precisa da participación de todas as persoas afectadas. A súa constitución é obrigatoria en todos os centros públicos  -tamén nos concertados- .

COMPETENCIAS do Consello Escolar nun Centro Público (LOE)

– Aprobar e avaliar a Programación Xeral Anual do Centro (PXA) sen perxuizo das competencias do claustro de profesores, con relación á planificación e organización docente;
 
--coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos;

--participar na selección do director do centro; ser informado do nomeamento e cese dos demáis membros do equio directivo. No seu caso, previo acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous tercios, propor a revocación do nomeamento do director;

--decidir sobre a admisión do alumnado;

--coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se atinxan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais, nais ou titores, poderá revisar a decisión adoptada e propor, no seu caso, as medidas oportunas;

--propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro,a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos;

--promover a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar e aprobar a obtención de recursos complementarios, dacordo co establecido no artigo 122.3;

--analisar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.

DEREITOS que temos como membros do Consello Escolar:

--recibir a orde do día das reunións antes da súa celebración e toda a documentación necesaria, con tempo suficiente, para poder elaborar as propostas ou intervencións que nos parezan oportunas;

--participar, opinar e elaborar propostas sobre todas as cuestións que compete resolver ao Consello Escolar (especificadas no cap.II do título V da LOE)

--recibir un exemplar do PEC (Proxecto Educativo do Centro) e da PXA (Programación Xeral Anual) e das súas modificacións se as houber. Así como de todos os documentos do centro

--recibir información e opinar sobre os libros de texto e os materiais didácticos elixidos polo claustro

--coñecer e opinar sobre os resultados académicos e valoración dos mesmos

--utilizar as instalacións do centro nos términos que estableza o Consello Escolar e define a normativa vixente

--participar na elección/selección do director ou directora e/ou propoñer a súa revocación

As ANPAS designan directamente un representante no Consello Escolar con voz e voto e, en consecuencia, poden cambialo sen ter que esperar á renovación do mesmo.

    As nais e pais membros do Consello Escolar debemos coordinar as nosas actuacións; deberíamos manter, sempre que fose preciso, unha reunión previa da sesión do Consello coa xunta directiva da Anpa e plantexar todos aqueles aspectos, suxestións e proxectos que a Anpa considere que son importantes para mellorar o funcionamento do centro ou intervir na xestión democrática do mesmo.

Os Consellos Escolares non están para que os representantes de nais e pais plantexemos cousas persoais, senon para defender intereses de carácter colectivo e asumir a representación de todos os pais e nais do Colexio.

   .- A  NOSA  PARTICIPACIÓN  É  MOI IMPORTANTE.

   .- POLO BO  FUNCIONAMENTO  DO  CENTRO.

   .- POLA  CONSECUCIÓN  DUNHA  COMUNIDADE  EDUCATIVA

NA  QUE  A  PRESENZA  DAS  FAMILIAS  SEXA  IMPRESCINDIBLE

   .- POLO  EXERCICIO  DOS  NOSOS  DEREITOS...


PRESÉNTATE  AO  CONSELLO  ESCOLAR

 
pero, sobre todo,


VOTA  AOS  TEUS  REPRESENTANTES

No hay comentarios:

Publicar un comentario