miércoles, 18 de enero de 2012

Actividad para el CRA de Bergondo

APA AS MARIÑAS
CPI Cruz do Sar
Tel: 981 79 41 67- 654123640- 655885565
Blog: http://apaasmarinas.blogspot.com/
Mail: anpa.asmarinas@gmail.com
Facebook:  http://www.facebook.com/apa.asmarinas


     Estimadas familias pertencentes ao CRA de Bergondo:

    Quixeramos animarvos a facer unha saída que xunte unha tarde aos nenos das Escolas do CRA imos a visitar o AQUARIUM FINISTERRAE ou Casa dos Peixes na Coruña, propoñemos o vindeiro sábado día 28 pola tarde. Rogamos vos inscribades antes do martes 24 a fin de contratar os buses. Iremos as familias cos nenos das escolas e tamén poden vir os irmáns maiores. Os que nos xean socios da APA deberán abonar o importe de 3 euros polo bus, para os socios é totalmente gratuito.

     Para os nenos e nenas dos CRA de Bergondo imos empezar a actividade de Música e Ritmo, no
Colexio ou na Senra os Mércoles, en horario de 15: 30 a 17:00. Os venres tamén ofrecemos Taekwondo, dende as 16:00 a 17:00, estase a facer no pavillón de Sada (enfrete da piscina municipal). Podemos anotarvos os interesados no noso blog, no correo electrónico ou no local da APA no Colexio, tedes os nosos datos no encabezamiento deste escrito para calquer tipo de dúbida.

     A couta de socio é de 20 euros, por curso escolar, inclúe a unidade familiar, pódase abonar no local da APA no Colexio ou a través da conta bancaria: 2091 0045 52 3040001481 de Novagalicia Banco. Ser socio implica que os cativos que estuden no CRA ou no Colexio de Begondo estén cubertos por un seguro de accidentes escolar - gracias ao convenio que ten a nosa APA co Concello de Bergondo - e nun seguro de Responsabilidade Civil avalado pola Federación Provincial de APAs de A Coruña.

     Rogamos nos deixedes ideas para facer novas actividades cos rapaces dos CRAs.

    Bergondo a 17 de xaneiro de 2012

1 comentario:

  1. Non me parece normal que sexa un clube de Sada ao que teñamos que ir e por qué non é o clube que xa hai na Senra en Bergondo...??? de onde somos os de Bergondo.... ¿agora somos de Sada??? promocionamos así a Sada?? ou a Bergondo??? non entendo nada...

    ResponderEliminar