martes, 10 de enero de 2012

     Estimadas familias:
    
     Como sabedes este sábado día 14 temos programada unha visita ao Parque de Bombeiros de A Coruña, sito no Polígono de A Grela. Sairemos en autobús dende o Concello de Bergondo ás 10:00 horas da mañá estando prevista a volta ás 13:30 horas. Con esta visita pretendemos que os rapaces se involucren na sensibilización en canto á prevención de perigos e seguridade en xeral, poderán apreciar o valor dun edificio construído para ubicar o Parque de Bombeiros. Aproveitaremos a mañá na Torre de Hércules e no Monte de San Pedro. Nesta viaxe non inclúe a presenza dos pais e nais, iremos adultos colaboradores e integrantes da Xunta Directiva da Apa.
    Os interesados non socios da nosa APA deberán pagar o importe de 3 euros relativos ao custe da viaxe en autobús, para os socios é totalmente gratuito.

     Levar roupa comoda.


    Otras actividades programadas

     Tódolos venres a partir deste mes temos a actividade de CIRCO no pavillón do Colexio de 15:30 ate as 17:00 horas - non hai bus -, neste mes podedes vir todos os socios que queirades para probar sen pagar e ver si vos interesa esta actividade tan novidosa como divertida.

     Tamén podedes probar no presente mes o arte marcial Taekwondo, faremos a actividade os venres  Pavillon de deportes de SADA - ao caron da piscina - en horario de 16:00 a 17:00 horas. As clases van a ser impartidas por Natural Sport Sada.

    As actividades de Música e Fútbol Sala están pendentes de ver os inscritos para formar grupos.

     A couta de socio por unidade familiar é de 20 euros, por curso escolar, pódese abonar no local da APA no Colexio ou a traves da conta bancaria: 2091 0045 52 3040001481 de Novagalicia Banco.

     Bergondo a 10 de Xaneiro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario