O alumnado de 4º da ESO está a recadar cartos para a súa viaxe de fin de curso mediante a elaboración e venda dun ANUARIO do alumnado do CPI "Cruz do Sar", así como do CRA de Bergondo.
Neste proxecto incluiríanse fotografías grupais de cada clase, así como información e fotos das distintas actividades que se están a realizar nos centros mencionados.
Todas aquelas rapazas e rapaces que queran ser incluidos neste anuario, deben traer firmada una autorización sobre o uso da súa imaxe.
Adxúntanse aquí a citada autorización.
lunes, 25 de febrero de 2019
ENTROIDO 2019
Circular coas modificacións de horario e outras consideracións respecto a celebración do Entroido no centro este venres, 1 de marzo.
miércoles, 13 de febrero de 2019
NOVO CALENDARIO LECTIVO
Compartimos a circular remitida dende o centro coa actualización do CALENDARIO ESCOLAR para este curso 2018-2019:
"Recentemente foi modificado o calendario escolar do curso 2018-2019, sendo engadido o día 19 de Marzo - San Xosé como festivo en Galicia e día non lectivo.
Tendo en conta que a Consellería de Educación tiña publicado previamente un calendario no que non constaba o dito día como NON LECTIVO, remíteselles o novo calendario para que o teñan en conta."
"Recentemente foi modificado o calendario escolar do curso 2018-2019, sendo engadido o día 19 de Marzo - San Xosé como festivo en Galicia e día non lectivo.
Tendo en conta que a Consellería de Educación tiña publicado previamente un calendario no que non constaba o dito día como NON LECTIVO, remíteselles o novo calendario para que o teñan en conta."
martes, 8 de enero de 2019
ESCOLA DE MÚSICA CPI CRUZ DO SAR
Animádevos a comezar o ano enchéndoo de música, formando parte da nosa Escola. As clases van dirixidas a todas as idades: dende crianzas de 4 anos ata adultos.
Aínda quedan prazas libres na formación teórica: Música e movemento (4-6 anos), Linguaxe musical, Canto (técnica vocal e interpretación).
E tamén na práctica, con moitísimos instrumentos a elixir: guitarra eléctrica, piano, saxo, trompeta, clarinete, batería e percusión...
Podedes descargar o documento para formalizar a matrícula na seguinte ligazón ➡️ Inscripción Escola de Música
Podedes descargar o documento para formalizar a matrícula na seguinte ligazón ➡️ Inscripción Escola de Música
miércoles, 19 de diciembre de 2018
CAMBIOS NO HORARIO DO VENRES 21 DE DECEMBRO
Lembrar ás familias que este venres, 21 de decembro, o alumnado de Secundaria comerá ás 13:30 h e o de Primaria ás 14:20.
Tanto os alumnos de Primaria como os de Secundaria marcharán xuntos no bus ás 15:00 h.
As actividades extraescolares desenvolveranse con normalidade e o bus sairá ás 17:15.
As clases reanudaranse o MARTES, 8 DE XANEIRO.
Información na web do centro.
Aproveitamos para desexar a todas as familias unhas moi felices festas de Nadal!
Tanto os alumnos de Primaria como os de Secundaria marcharán xuntos no bus ás 15:00 h.
As actividades extraescolares desenvolveranse con normalidade e o bus sairá ás 17:15.
As clases reanudaranse o MARTES, 8 DE XANEIRO.
Información na web do centro.
Aproveitamos para desexar a todas as familias unhas moi felices festas de Nadal!
jueves, 22 de noviembre de 2018
INTERPRETANDO EMOCIÓNS NO OBRADOIRO DE XOGOS
Obradoiro de "Xogos de Rol e Estratexia" os xoves de 15:30 a 16:30.
Hoxe estivemos traballando as emocións con “Ikonikus”.
O xogador que gaña a partida é quen mellor interprete as emocións do resto de compañeiros. Un xuíz plantexa preguntas que son contestadas con tarxetas que representan emocións e cuio significado é subxectivo e varible, é dicir, depende do contexto emocional.
Non hai respostas correctas ou incorrectas, todas son válidas, pero o xuíz decide cal é a icona que dá mellor resposta ao sentimento que lle provoca a situación plantexada.
E, aínda que o obxectivo principal destas tardes é o de pasar un bo rato e saber que hai vida máis aló das pantallas, como dicía C. “gañar mola” 😊
miércoles, 21 de noviembre de 2018
RENOVACIÓN DO REPRESENTANTE DAS NAIS/PAIS NO CONSELLO ESCOLAR
As familias do CPI Cruz do Sar poderán votar ao seu representante no Consello Escolar o vindeiro luns, 26 de novembro entre as 14:15 e as 18:00 h.
Son electores as nais/pais ou titores legais (podendo votar os dous) do alumnado matriculado no centro e que figuren no censo que estará exposto no taboleiro de anuncios do colexio.
*Actualización: Juana María Tárano Villoria saíu elixida nestas votacións como a nova representante das familias no Consello Escolar.
Máis información neste enlace.
*Actualización: Juana María Tárano Villoria saíu elixida nestas votacións como a nova representante das familias no Consello Escolar.
Máis información neste enlace.
viernes, 16 de noviembre de 2018
ANPA "AS MARIÑAS" EN FACEBOOK
Por se aínda non o sabedes, a nosa asociación dispón dunha páxina en Facebook.
Neste espazo trataremos de informar das novas sobre as iniciativas que levan a cabo tanto a Anpa como o centro; actividades interesantes que se desenvolvan tanto no Concello de Bergondo como nos concellos ao redor; charlas, conferencias, obradoiros, exposicións, actividades lúdicas, culturais ou formativas que nos parezan de interés para as nosas asociadas e asociados, etc.
Podedes acceder á páxina neste enlace.
Tamén nos gustaría que se convertera nun lugar onde poidamos interactuar e onde as familias nos acheguedes suxerencias e propostas de todo tipo, co obxectivo de crear unha Comunidade Educativa comprometida e aberta ao diálogo e á calquera tipo de acción encamiñada a mellorar a educación e o benestar emocional das nosas fillas e fillos.
En caso de estar interesados en seguirnos por esta vía, e dado que o algoritmo de facebook cada vez pon máis difícil que as publicacións cheguen aos seguidores das páxinas se non é previo pago, suxerímosvos estos pasos para estar ao tanto das nosas actualizacións:
- Dar a "Me gusta".
- Dende aquí podedes acceder a un menú despregable. Se seleccionades “Ver primeiro” e activades as notificacións é máis doado que vos podan chegar as publicacións da páxina.
- Dar a "Me gusta".
- Dende aquí podedes acceder a un menú despregable. Se seleccionades “Ver primeiro” e activades as notificacións é máis doado que vos podan chegar as publicacións da páxina.
Se, ademais, coñecedes a outras nais, pais, avós, tíos… que puideran estar interesados na vida do centro e os tedes entre os vosos contactos de Facebook, podedes mandarlles unha invitación para que se suscriban á páxina. Esto tamén axudaría á difusión das nosas publicacións, dado que as páxinas con máis seguidores teñen máis posibilidades de ver espalladas as súas novas. Lamentablemente, é a ditadura do like...
Podedes facelo de dous xeitos:
2. No lateral dereito da páxina, hai un apartado máis visible para “Invitar a amigos”.
1. Baixo a imaxe da portada, e no mesmo menú do "Me gusta", hai tres puntos suspensivos. É un menú despregable onde, entre outras opcións, está a de "Invitar a amigos". Aparecerá un listado dos teus contactos e podes seleccionar a aqueles que teñan relación co centro, ou que poidan estar interesados nas novas que publicamos, e enviarlles a invitación.
2. No lateral dereito da páxina, hai un apartado máis visible para “Invitar a amigos”.
GRAZAS!
jueves, 8 de noviembre de 2018
OBRADOIRO DE XOGOS DE ESTRATEXIA E ROL
Os xoves pola tarde estase a desenvolver un Obradoiro de xogos de estratexai e rol.
Comeza ás 15:30 h., é gratuito e poden participar nel todas as rapazas e rapaces interesados en divertirse un anaquiño.
A semana pasada tratamos de desfacernos dos VIRUS máis letais, pasándollos aos nosos contrincantes, para acadar así o órgano máis san 🌡 💊 💉
Este próximo xoves intentaremos descubrir aos HOMES-LOBO que se esconden entre os habitantes da aldea de Castronegro 🐺🐺🐺🐺
jueves, 1 de noviembre de 2018
Actividade de piscina (2 de novembro)
NOTA PARA OS USUARIOS DA ACTIVIDADE DE PISCINA:
Este venres, 2 de novembro, levarase a cabo a actividade pero non haberá servicio de autobús. As familias deben levar as nenas e nenos pola súa conta.
Os inscritos na actividade poden ir co seu grupo e na hora habitual.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











