viernes, 16 de noviembre de 2018

ANPA "AS MARIÑAS" EN FACEBOOK

Por se aínda non o sabedes, a nosa asociación dispón dunha páxina en Facebook.

Neste espazo trataremos de informar das novas sobre as iniciativas que levan a cabo tanto a Anpa como o centro; actividades interesantes que se desenvolvan tanto no Concello de Bergondo como nos concellos ao redor; charlas, conferencias, obradoiros, exposicións, actividades lúdicas, culturais ou formativas que nos parezan de interés para as nosas asociadas e asociados, etc.

Podedes acceder á páxina neste enlace.





Tamén nos gustaría que se convertera nun lugar onde poidamos interactuar e onde as familias nos acheguedes suxerencias e propostas de todo tipo, co obxectivo de crear unha Comunidade Educativa comprometida e aberta ao diálogo e á calquera tipo de acción encamiñada a mellorar a educación e o benestar emocional das nosas fillas e fillos. 

En caso de estar interesados en seguirnos por esta vía, e dado que o algoritmo de facebook cada vez pon máis difícil que as publicacións cheguen aos seguidores das páxinas se non é previo pago, suxerímosvos estos pasos para estar ao tanto das nosas actualizacións:


- Dar a "Me gusta".
- Dende aquí podedes acceder a un menú despregable. Se seleccionades “Ver primeiro” e activades as notificacións é máis doado que vos podan chegar as publicacións da páxina.





Se, ademais, coñecedes a outras nais, pais, avós, tíos… que puideran estar interesados na vida do centro e os tedes entre os vosos contactos de Facebook, podedes mandarlles unha invitación para que se suscriban á páxina. Esto tamén axudaría  á difusión das nosas publicacións, dado que as páxinas con máis seguidores teñen máis posibilidades de ver espalladas as súas novas. Lamentablemente, é a ditadura do like...

Podedes facelo de dous xeitos:


1. Baixo a imaxe da portada, e no mesmo menú do "Me gusta", hai tres puntos suspensivos. É un menú despregable onde, entre outras opcións, está a de "Invitar a amigos". Aparecerá un listado dos teus contactos e podes seleccionar a aqueles que teñan relación co centro, ou que poidan estar interesados nas novas que publicamos, e enviarlles a invitación.







2. No lateral dereito da páxina, hai un apartado máis visible para “Invitar a amigos”.





GRAZAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario