No DOG do 4 de xaneiro publícase a modificación dos
prezos de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de
Xuventude, Participación e Voluntariado.
viernes, 9 de marzo de 2018
Carné Xove
Que é o carné xove?
Quen pode facelo? Que
vixencia ten?
Unha tarxeta persoal e intransferible á
disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén
descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das
comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao
programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Os mozos e mozas que acrediten unha
discapacidade igual ou superior ao 33 %, terán dereito á expedición gratuíta
deste carné. Así como as persoas víctimas de violencia de xénero e os os seus
fillos/as.
Documentación para facer o carné xove: Tes
que cubrir a solicitude e o impreso de pagamento de taxas
Quen pode facelo? Que
vixencia ten?
Todas as mozas e
mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive.
A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive)
A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive)
Programa de prestación por fillas e fillos menores de tres anos.
A
quen vai dirixido?
1. Poderán ser beneficiarias desta
prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1
de xaneiro de 2018 (nados entre o 2.1.2015 e o 1.1.2018, incluídos) e que,
durante o ano 2016, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade
familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente
a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren
obrigadas a iso.
No caso de fillas ou fillos adoptados
ou acollidos entre o 31 de decembro de 2016 e o 31 de decembro de 2017, a
prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución
xudicial ou administrativa que declare a adopción ou o acollemento.
2. Nos supostos de que exista unha
resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas
proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas
ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.
Prazo de presentación ata 21/03/2018
miércoles, 20 de diciembre de 2017
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Estimados pais:
Todos os pais e nais socios do APA AS MARIÑAS, estades
convidados a unha “XORNADA DE PORTAS ABERTAS” para ver as diferentes
actividades extraescolares realizadas neste curso.
A continuación, detallámosvos a organización das
xornadas:
Mércores 20 e
xoves 21 do presente mes e ano imos facer xornada de portas abertas nas
seguintes actividades : .- Taekwondo .-
Xadréz .- Danza coreográfica .-
Ximnasia acrobática .- Fútbol .-
Baloncesto .- Robótica
Rogamos
confirmedes asistencia nos teléfonos do APA para facilitar a organización a
cada monitor/profesor e á directiva.
Non se permitirá
interferir o discorrer de cada clase.
Cada familia
pode estar presente na actividade que está a pagar mensualmente.
Esperámosvos.
jueves, 14 de diciembre de 2017
Aviso usuarios piscina: Xornada de portas abertas na piscina de Sada.
Recordamos que mañá venres día 14 de decembro realizarase
unha XORNADA de PORTAS ABERTAS na piscina de Sada, para as
familias do alumnado do CPI Cruz do Sar / CRA inscrito nesta actividade
extraescolar da APA.
Invitamos a tódalas familias que queiran ver o que están a
aprender os pequenos e disfrutar cos seus progresos e actividades.
Deberán traer calzado adecuado para acceder ás instalación.
Recordamos que mañana Viernes 15, será el último
día de clase de piscina,ya que el proximo día 22 los niños no tienen
actividades
Las clases se reiniciarán a partir del viernes 11
de Enero de 2018.
lunes, 11 de diciembre de 2017
Enhorabuena a los premiados del IV Concurso de Postales de Navidad del Concello de Bergondo.
Emma Castro da Escola de Lubre - Categoría Educación Infantil.
Lucía Otero Queiruga - Categoría Educación Primaria 1º, 2º e 3º.
Tomás Veira Quiñones - Categoría Educación Primaria 4º, 5º e 6º.
Iria Cano Fariñas - Categoría Educación Secundaria e
bacharelato.
COMO CONSEGUIR QUE OS NOSOS FILLOS NOS ESCOITEN
O vindeiro venres día 15, en horario de 18:30 a
20:00 horas, terá lugar na Biblioteca do CPI Cruz do Sar unha charla-reunión na que se
aportarán técnicas para mellorar a comunicación efectiva cos nosos fillos, titulada
polo relator :
COMO
CONSEGUIR QUE OS NOSOS FILLOS NOS ESCOITEN
Convidamos
a asistir ás familias con fillos e fillas no CPI Cruz do Sar e no CRA de
Bergondo, sexan ou non socias, a esta charla na que resaltamos a importancia do
relator D. Marcelo Castelo Rivas,
coa achega importante de ser o segundo ano consecutivo que está a compartir
horario cos titores da ESO no CPI Cruz do Sar.
Para
asistir a esta charla non é imprescindible asistir á asemblea previa
pero si sería recomendable, debido a que entre todos conséguense desenvolver
máis proxectos e novidades, ademais de solucionar calquera tipo de dúbida no
trascurso do labor da Xunta Directiva do APA AS MARIÑAS.
Agardamos
a vosa presenza.
Un
saúdo
Xunta
Directiva do APA AS MARIÑAS
CONVOCATORIA ORDINARIA A ASEMBLEA
Pola presente
convócase aos socios da Asociación APA AS MARIÑAS á Asemblea ordinaria o vindeiro venres día 15 de decembro de 2017 ás 17:00 horas en primeira convocatoria, 17:30
en segunda convocatoria, na Biblioteca do
CPI Cruz do Sar para tratar a seguinte
ORDE DO DÍA:
1.- Lectura e aprobación da acta anterior.
2.- Informe tesourería e aprobación de contas
se procede.
3.- Informes da Xunta Directiva e Presidencia.
4.- Programación de Actividades a realizar no curso 2017/18. Propostas e
aprobación se procede.
5.- Aprobación se procede de necesidades actuais da organización e xestión nas
actividades extraescolares.
6.- Posibilidade de incorporación de novos membros á Xunta Directiva ou
pais/nais colaboradores. Aprobación se procede.
7.- Rolda de intervencións, preguntas e suxestións.
Asdo. A presidenta
María José Ferreño Precedo
A Coruña, 5 de decembro de 2017.
viernes, 20 de octubre de 2017
Axudas municipais ós desprazamentos con fin escolar. Curso 2017-2018
Presentación de solicitudes ata o día 20 de
novembro de 2017.
Descargar anexo II Modelo de
alta / modificación / baixa de datos de terceiros (datos bancarios) dende
o seguinte enlace relacionado:
+ info
enlace
X Día do Patín en Carral.
O próximo domingo día 22 celebramos a X
edición do Día do Patín, este ano coa participación especial de Northside Skate
que estarán con nos dando un taller de iniciación ó skate. Tamén contaremos co
presidente do colexio de licenciacios en educación física de Galicia dando unha
charla taller de hábitos saudables e deporte. E máis actividades que podedes
atopar na info adxunta.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



